O libro Fanzines en Galiza, de Ramón Mariño, preséntase en Ribadeo o 12 de xuño

O mércores día 12 de xuño ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, vaise presentar o libro do xornalista Ramón Mariño Fernández titulado "Fanzines en Galiza. Unha breve e intensa historia da autoedición galega", da editorial Laiovento.

Presentará ao autor Xermán Viluba e participará tamén no acto o presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza, Farruco Graña.