
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) ribadense colabora un ano máis coa Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. Todas as persoas que completen a décimo segunda edición este sábado, día 12 de setembro, recibirán unha medalla conmemorativa xentileza do colectivo empresarial.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, declarou: “dende Acisa estamos satisfeitos de poder colaborar un ano mais co Concello aportando as medallas de fin de carreira da décimo primeira Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar mañá, 12 de setembro. Todas as corredoras e corredores que rematen a carreira recibirán unha medalla conmemorativa xentileza da nosa asociación”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, destacou que “a Media Maratón é moi importante para a actividade económica do noso pobo, este evento vai mover a máis de 1.000 corredores e corredoras, que xunto a acompañantes e familiares suporá que se acheguen á nosa vila preto de dúas mil persoas durante a fin de semana, e por iso creemos moi importante a colaboración con este evento. Moitos dos participantes xa chegan hoxe e outros quedarán ata o domingo, polo que poderán gozar da nosa hostalería e do noso comercio, algo que para nos ten moita importancia neste tramo final do verán”.
“Desde Acisa Ribadeo desexámoslles a todos unha boa carreira e que aproveiten para gozar da paisaxe pola que discorre esta Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que non deixa indiferente a ninguén”. E engadiron: “agardamos que os acompañantes tamén disfruten da súa estadía nesta vila”.
Na presentación das medallas conmemorativas da XII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais participaron o alcalde, Dani Vega; o técnico de Deportes, Iván López; a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado; e o xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez.


