Sesenta xogadores participarán no Campus de Baloncesto Sublime Ribadeo 26 xacobeo do 19 ao 24 de xullo

60 xogadores participarán do 19 ao 24 de xullo no Campus Internacional de Baloncesto Sublime Ribadeo 26 Xacobeo.

As prazas ofertadas esgotáronse. O CB Ría de Ribadeo explica que “son 60 xogadores de toda a xeografía galega, española e tamén varios estranxeiros os que participarán neste campus de baloncesto. 34 son galegos (20 de Lugo, 10 da Coruña e 4 de Pontevedra); 22 de Asturias, Castela e León, Madrid, Cataluña e Valencia; e 4 de Suiza e USA. Destacar que 11 xogadores do CB Ría de Ribadeo poderán gozar desta experiencia de baloncesto de elite”.

O staff estará composto por: Josept Raventós na dirección de campus e do traballo táctico; Casey Trujeque (USA), como director do traballo técnico; Hugo Ruiz (USA), Juan Norat y Armando Otero como adestradores; Óscar Souto (fisioterapeuta); Alberto Méndez (coordinador) e Iker Sama (monitor).

Xogadores e familiares aproveitarán a súa estadía para coñecer de preto o Camiño Norte de peregrinación a Santiago.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, felicitou aos organizadores “polo éxito da convocatoria, xa que as prazas foron esgotadas. Desexamos que os xogadores aproveiten ben o tempo deste campus, os valores que transmite o baloncesto, e que gocen tamén do seu paso por Ribadeo”.

A presentación do evento tivo lugar no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo.