O colectivo Pensamento e Sementeira organiza a exposición “Tomorrow Night Stonewall. Unha ollada á primeira manifestación do Orgullo en Galicia”, en conmemoración do Día do Orgullo. A mostra pode visitarse na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro desde este venres, 28 de xuño, ata o 12 de xullo (de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas).
A mostra está composta por trece paneis expositivos que dan conta dos precedentes, recortes de prensa, testemuños gráficos e outras fontes de información arredor da primeira manifestación do Orgullo que tivo lugar en Galicia, en Vigo no ano 1981.