novo plano

Etiquetas:
27/06/2025

A Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos (Acisa) de Ribadeo editou 5.000 exemplares do novo plano comercial e turístico ribadense, que distribuirá entre os hoteis e aloxamentos asociados para que poidan empregalo xa desde inicio do verán. Esta acción forma parte das actividades do proxecto excepcional de Acisa Ribadeo, a través da Dirección Xeral de Comercio, O teu comercio local é excepcional.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou: “queremos seguir ofrecendo servizos aos nosos establecementos asociados. De aí que veñamos de editar un novo plano comercial e turístico para que os hoteis poidan facer uso del xa durante o inicio do verán e entregalo aos seus clientes. Inclúe un mapa de Ribadeo cos lugares de interese, así como de Rinlo, teléfonos como os da oficina de turismo, da Policía Local, da...

leer más