centro deportivo
O centro deportivo municipal de Ribadeo anuncia: “con setembro volta á rutina e BeOne Ribadeo faino co seu lema Back to gym!, Por fin, convidando a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos, unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos”.
O centro deportivo municipal ribadense, xestionado por BeOne e situado na Rúa Pintor Fierros, “distínguese polas súas completas instalacións deseñadas para ofrecer unha experiencia deportiva de alta calidade. O centro equipado cunha gran sala fitness con zonas diferenciadas para cardio, peso libre, adestramento funcional e musculación, tamén destaca a piscina, ideal para o baño. Ademais conta cunha ampla oferta de actividades dirixidas, con clases de tonificación, ciclo indoor e actividades...
leer más