IX
A novena edición dos Cantos de Taberna que organiza o Concello de Ribadeo coa colaboración da Xunta de Galicia terá lugar o día 9 de maio, sábado.
A concelleira ribadense de Turismo, Marta Saiz, anunciou que “xa está en marcha a novena edición dos Cantos de Taberna, unha nova edición dunha actividade que segue mantendo ao longo dos anos moi boa acollida por parte do sector, polos grupos e polo público en xeral”. A edil ribadense contou que se trata “dun evento que nace para impulsar Ribadeo como destino de visita e animar ao consumo en tempada media baixa. Ribadeo sempre tivo moita cultura de cantar polos bares e aproveitando esa sinerxia seguimos a promover esta actividade”. Saiz subliñou que “este ano os Cantos de Taberna serán o 9 de maio a partir das oito da tarde. A inscrición estará aberta ata 30 de abril a través do correo...
leer más



