The Groovy Shakers
05/06/2026
O día 7 de xuño segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa. Este vindeiro domingo o grupo coruñés The Groovy Shakers actuará no porto de Porcillán a partir das 13 horas para animar o mediodía nesa zona da vila.
O Domingueo en Ribadeo continuará tamén os días 14 de xuño e 5 de xullo.
Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar de todas as propostas que van atopar os domingos ou calquera outra xornada. Coa chegada da primavera a programación de actividades na rúa increméntase, os días son grandes e toca aproveitalos ao máximo paseando, mercando, tomando algo nunha terraza e escoitando boa música nesta ocasión no porto ribadense”.



