35 establecementos
O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha os días 26, 27 e 28 de novembro a campaña Viveiro conta no Black Friday, e o seu comercio tamén. Os descontos que crean futuro, tres xornadas nas que 35 establecementos ofrecerán “importantes descontos e promocións en miles de artigos”.
“Baixo o lema Os descontos que crean futuro, a iniciativa dá continuidade á identidade de marca Viveiro conta e o seu comercio tamén, trasladando ao Black Friday unha mensaxe que vai máis alá das ofertas e dos prezos: apostar polo comercio local é apostar polo futuro da vila, polo emprego, pola economía de proximidade e por manter vivo o centro histórico”, explica o CCH Viveiro, que engade: “nesta edición participan 35 negocios, tanto do sector comercial como de servizos, que ofrecerán unha ampla variedade de...
leer más



