A asociación A Pomba do Arco organiza o 29 de outubro unha visita guiada ao Espazo Caritel, situado no concello de Foz, a poucos metros da Basílica de San Martiño. A inscrición está aberta.

A asociación A Pomba do Arco organiza o 29 de outubro unha visita guiada ao Espazo Caritel, situado no concello de Foz, a poucos metros da Basílica de San Martiño. A inscrición está aberta.
 
A asociación sociocultural A Pomba do Arco organiza o 29 de outubro unha visita guiada ao Espazo Caritel, “un punto de encontro para a arte e a natureza situado á beira da vella catedral románica de San Martiño de Mondoñedo, promovido e xestionado por un dos máis destacados artistas plásticos galegos, Daniel Río Caxigueiro”, sinalan os promotores desta actividade. 
 
O percorrido polo Espazo Caritel vai comprender a visita á sala de exposicións e ao taller do propio artista, “onde atoparemos unha mostra do seu traballo, así como un paseo polo xardín, cuxa posta en marcha se iniciou vai para 25 anos. Alí atopamos árbores e arbustos chegados de Chile, Xapón, Corea, Uruguai ou Arxentina xunto á vexetación autóctona, destacando unha colección de máis de cen camelias de diferentes especies”.
 
As persoas interesadas en participar desta actividade, que estará guiada polo propio Caxigueiro, deberá inscribise previamente no correo electrónico da propia asociación, apombadoarco@gmail.com, ou ben chamando ao telefone 608-555-010. O número de prazas para a visita, que se realizara en horario de tarde, é limitado polo que pregamos que aquelas persoas interesadas se anoten antes do venres, 28 de outubro.