Cursos
O Concello de Cervo anima á veciñanza a participar nas clases de baile de salón promovidas pola Asociación Arama e a Escola de Baile Hover Cross, “unha proposta pensada para achegar o baile e a actividade física a persoas de diferentes idades e que se desenvolverá os martes, no pavillón do CEIP Península da Paz, en San Ciprián”. As clases arrincarán o 15 de setembro, ás 21:00 horas.
A iniciativa foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés e a concelleira, Mali Méndez, xunto co presidente de Arama, Manuel Casas, o profesor internacional de baile de salón Francisco Villarino e a profesora Saray Morales, que se encargarán da formación.
O Concello de Cervo explica que as clases “terán unha periodicidade semanal e estarán impartidas por profesorado titulado, ofrecendo a oportunidade de iniciarse ou...
leer másOurol acolle o día 25 de agosto, martes, un obradoiro sobre empoderamento, igualdade e prevención da violencia de xénero dirixido a mulleres. Será de 11:00 a 12:30 horas no Edificio Multiusos.
O Concello de Ourol anuncia que “continúa avanzando no seu compromiso coa promoción da igualdade real entre mulleres e homes a través das actuacións previstas no III Plan de Igualdade do Concello de Ourol 2025-2028, que establece como unha das súas liñas estratéxicas a prevención e actuación fronte á violencia de xénero. Este compromiso materialízase mediante accións de sensibilización, formación e empoderamento dirixidas á cidadanía, coa finalidade de fomentar relacións igualitarias, detectar situacións de desigualdade e reforzar os factores de protección fronte á violencia machista. Neste marco desenvólvese o obradoiro Con Voz Propia, organizado en...
leer másA Área de Igualdade do Concello de Ribadeo, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), en colaboración coa Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, organiza un curso de defensa persoal feminina.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explica que “este curso de defensa persoal feminina terá lugar o 12 de setembro no Centro Sociocomunitario de Ribadeo. Faranse dúas quendas para facilitar que todas as persoas interesadas poidan acudir. A quenda de mañá será de 10:00 a 14:00 horas e a de tarde de 16:00 a 20:00 horas. O prazo de inscrición para anotarse está aberto desde hoxe, día 20 de agosto, ata o 4 de setembro, ambos incluídos”.
E engadiu: “o Concello de Ribadeo continúa implicándose na prevención, información e formación contra a violencia de xénero. Queremos un Ribadeo seguro,...
leer másO Concello de Alfoz abre este mércores, 12 de agosto, o prazo de inscrición para os programas de conciliación vinculados á apertura do CEIP, Madrugadores e OES (Ocio e Estudo), así como para as Escolas Deportivas Municipais de cara ao curso 2026/2027.
“O período inicial de inscrición estará aberto ata o 19 de agosto, co obxectivo de facilitar ás familias a organización do inicio do novo curso. Con todo, as inscricións permanecerán abertas durante todo o curso, permitindo novas incorporacións aos diferentes servizos e actividades”, explica o Concello de Alfoz, que engade: “no ámbito da conciliación o Concello volve ofrecer os programas Madrugadores e OES (Ocio e Estudo), destinados a facilitar a compatibilidade entre a vida familiar e laboral e a ampliar a atención ao alumnado fóra do horario lectivo”.
A alcaldesa...
leer másO Concello de Trabada abrirá este mércores, día 5 de agosto, o prazo de inscrición nos programas de conciliación Madrugadores e Ludiseráns para o curso escolar 2026-2027. As solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro 26 de agosto, tanto nas oficinas municipais como a través da sede electrónica do Concello.
O programa Madrugadores desenvolverase en horario de 8:00 a 9:30 horas, antes do inicio da xornada lectiva, mentres que Ludiseráns terá lugar de 15:30 a 19:00 horas, unha vez rematado o horario escolar.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca: “seguimos apostando por programas que facilitan a conciliación da vida familiar e laboral das familias do noso concello, ofrecendo servizos que responden ás súas necesidades ao longo de todo o ano”.
O rexedor lembra que estes programas...
leer másAs actividades do proxecto Pesca Saúde, a través do que os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) promoven o consumo de produto pesqueiro como hábito de vida saudable, volverán no outono, cando se celebrarán obradoiros prácticos de batchcooking impartidos por profesionais da cociña. O batchcooking é unha técnica pensada para aproveitar o tempo de cociñado e reducir o desperdicio alimentario. Nestes obradoiros, ensinarase ás persoas a planificar os seus menús semanais incorporando produto pesqueiro nas súas elaboracións de xeito sinxelo. As persoas interesadas en participar deben permanecer atentas ás redes sociais dos GALP, onde se anunciarán as diferentes convocatorias, para as que será precisa a inscrición previa, anuncia do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal.
O GALP A Mariña-Ortegal...
leer másO Concello de Cervo anuncia que “continúa apostando pola conservación e transmisión dos oficios tradicionais colaborando nun novo curso de iniciación á forxa tradicional, impartido polo artesán Telmo Cao no seu obradoiro situado no Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, na antiga nave de fundición, un edificio histórico do século XVII restaurado e cedido polo Concello no ano 2020”. A formación desenvolverase en dúas fases: un curso de iniciación, do 3 ao 7 de agosto e un nivel 2, do 10 ao 14 de agosto, dirixidos a persoas interesadas en iniciarse ou ampliar coñecementos neste oficio tradicional a través dunha metodoloxía eminentemente práctica.
O Concello de Cervo explica tamén que colabora novamente nesta iniciativa “cun prezo reducido para o alumnado, co obxectivo de facilitar o acceso á formación e seguir contribuíndo á...
leer másO Concello de Ourol organiza un obradoiro para aprender a reutilizar a roupa. Será o día 8 de xullo, mércores, ás 10:30 horas na Biblioteca Municipal.
É unha actividade destinada a persoas adultas e para participar hai que inscribirse; o prazo remata o 6 de xullo.
Para máis información as persoas interesada poden contactar cos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.69.40.51 (whatsapp)
A organización explica que é un “obradoiro práctico de reutilización creativa téxtil no que aprenderemos a darlle unha nova vida a prendas vellas”.
A Casa da Cultura de O Vicedo acollerá un curso de croma e de edición de vídeo. Será os venres desde o día 3 de xullo ata o 4 de setembro.
“Buscas unha actividade divertida e útil para os teus fillos este verán? Na Aula CeMIT da Casa da Cultura axudámoslles a converterse en auténticos creadores de contido”, anuncia o Concello de O Vicedo.
É para nenos e nenas a partir de 10 anos e desenvolverase todos os venres do 3 de xullo ao 4 de setembro de 11:00 a 13:00 horas. É de balde e as prazas son limitadas. As inscricións poden facerse a través do teléfono 982.59.01.95 ou do correo electrónico cemit.ovicedo@xunta.gal.
El día 29 de junio, lunes, arrancará en Burela la décimo tercera edición de la Escuela de Minitalentos, que organiza Academia A Mariña para niños y niñas con edades comprendidas entre los 3 y los 12 años. Se trata de un proyecto educativo “pionero en Galicia, que trabaja la autoestima, la motivación y las inteligencias múltiples”.
La directora de la Escuela de Minitalentos, Raquel Hermida, destaca que “la Escuela de Minitalentos es un programa de desarrollo infantil para fomentar el talento de los niños y las niñas. Nuestros objetivos son llenar sus mochilas de experiencias nuevas, contenidos y fortalezas, fomentando la autoestima y la motivación. Además otro objetivo es el de potenciar sus capacidades y habilidades para que siempre puedan contar con ellas. Aprendemos a trabajar en equipo mientras realizamos proyectos de emprendimiento....
leer más












