Formación
O XXXV Curso de Formación Orquestral de Xove, que será do 28 de marzo ao 1 de abril, aposta polo proxecto Xente Miúda. Está organizado pola asociación Prestoxove e conta co patrocinio do Concello de Xove.
Nesta edición participarán como profesorado convidado Carmen Varela, responsable da sección de violíns; Nara Carballal, á fronte das seccións de violas e violonchelos; Daniel Roca, encargado da sección de vento; e Baruk Domínguez, que traballará co alumnado da sección vocal do proxecto.
O Concello de Xove explica que “a organización do curso mantén unha estrutura semellante á de anos anteriores. As mañás, en horario de 10:30 a 14:00 horas, estarán dedicadas aos ensaios seccionais e xerais de orquestra no colexio de Palmeiro. Polas tardes, de 16:00 a 19:00 horas, realizaranse ensaios de música de cámara, así como...
leer másA Aula CeMIT do Centro de Formación Ocupacional do Concello de Burela iniciou este luns, 23 de febreiro, o primeiro dos catro cursos de formación dixital programados dentro dun ciclo que continuará no vindeiro mes de marzo.
O Concello de Burela explica que “a formación Iniciación ao mundo dixital, que se está a desenvolver ao longo desta semana, ofrece ás persoas participantes unha aproximación práctica ao uso básico das tecnoloxías. Durante as sesións abórdanse cuestións como o manexo de dispositivos móbiles, a navegación por internet, o uso do correo electrónico e outras ferramentas dixitais presentes no día a día. O curso continuará ata finais de semana, completando así esta primeira proposta formativa do programa Yo conecto, que terá continuidade nas próximas datas con novas accións centradas en diferentes ámbitos do...
leer másO Concello de Cervo anuncia que este xoves 11 de setembro ás 18:00 horas na Casa da Cultura de San Ciprián terá lugar a primeira das charlas de formación en corresponsabilidade, titulada Corresponsabilidade na comunicación afectiva funcional. As seguintes charlas deste ciclo serán os días 18, 23 e 25 de setembro.
Esta actividade enmárcase dentro do Plan Corresponsables 2025, financiado pola Unión Europea e pola Xunta de Galicia, que promove os plans de sensibilización e formación en corresponsabilidade e coidados, con especial incidencia na participación de homes e familias.
“Un espazo de encontro e aprendizaxe para avanzar cara unha sociedade máis igualitaria e corresponsable”, destaca o Concello de Cervo.
O xoves 26 de xuño ás 12 horas terá lugar na sala de conferencias do Pazo Santomé a primeira sesión da formación a coidadores, impulsada polo Centro de Saúde de Mondoñedo xunto á Consellería de Sanidade e que conta co apoio do Concello de Mondoñedo.
Sara Val Vázquez (enfermeira do Centro de Saúde de Mondoñedo) será a encargada de impartir esta formación aberta a todas as persoas que queiran asistir. O taller de formación para o coidador/-a principal achegará información sobre aspectos deste eido como son: autocoidado, hixiene, incontinencias e prevención de úlceras.
O Concello de Mondoñedo explica que Sara Val “na súa intervención estará acompañada por membros facultativos do Centro de Saúde de Mondoñedo. Esta é unha gran oportunidade para poder coñecer, de primeira man, as problemáticas dos coidadores/-as e...
leer másA trixésimo cuarta edición do Curso de Formación Orquestral de Semana Santa celebrarase en Xove do 12 ao 16 de abril. Está organizado pola asociación Prestoxove co patrocinio do Concello.
Este evento foi presentado por Demetrio Salgueiro (alcalde de Xove), María Dolores Meitín (concelleira de Cultura), Xan Carballal (presidente da asociación Prestoxove) e Xulia Nogueira (tesoureira do colectivo organizador).
Desenvolverase no salón de actos do Centro Cívico de Xove. O martes 15 de abril ás 18:00 horas haberá un concerto de cámara e o mércores 16 de abril ás 19:00 horas un concerto de clausura.
Dirixe o curso Xan Carballal e os profesores invitados son Nazaret Canosa, Mila García e Sofía Canoura.
La presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, destacó que “se trata de cursos gratuitos para nuestras asociadas y asociados. Consideramos muy importante estar cada vez más cerca de la clientela a través de las redes sociales, que se convierten en una de nuestras cartas de presentación. De ahí que consideremos necesario cuidar mucho la imagen, la puesta en escena de nuestros negocios. Debemos aprender a sacarles el mejor rendimiento a las redes sociales y a profesionalizarlas al máximo. La red social de un negocio, debe ser la red social de un negocio. No se deben mezclar los perfiles personales con los profesionales, por poner solo algunos ejemplos de lo que a veces nos encontramos por ahí”.
El gerente de Acisa, Jesús Pérez, explicó que “los cursos se celebrarán en la Casa del Viejo Pancho, en el nº 2 de la calle Viejo Pancho, en horario de 18:...
leer másO 24 de abril terá lugar a Xornada de Formación en Xeoturismo para anfitrións e xestores de turismo, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística.
Esta xornada de formación estaba prevista para o pasado 13 de marzo, pero quedou posposta para o vindeiro 24 de abril co obxectivo de que máis xente interesada poida participar na mesma. Desenvolverase no salón de conferencias, en Burela, en horario de 10 a 14 horas e de 15 a 19 horas.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, indicou que “esta xornada formativa ten como obxectivo primordial a divulgación e posta en valor do patrimonio xeolóxico da Mariña entre os axentes locais implicados no desenvolvemento do turismo no territorio, ben sexan do sector público, como técnicos das oficinas de turismo, xestores de...
leer másO vindeiro mércores, 13 de marzo, terá lugar unha nova xornada de formación en xeoturismo, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. Estará destinada a anfitrións e xestores de turismo dos concellos.
A cita desenvolverase entre as 9:45 e as 19:00 horas no salón de conferencias, en Burela, sendo a asistencia á xornada de tarde opcional. O equipo docente estará formado por Fran Canosa, xeólogo e impulsor do turismo xeolóxico en Galicia, e Iván Rodríguez, doutor en xeoloxía e guía de xeoturismo.
Deste xeito continúa o programa de Xeoturismo da Mancomunidade, que arrincaba o pasado mes de decembro, e que se enmarca no Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que está cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo. ...
leer másO vindeiro 13 de marzo terá lugar unha nova xornada de formación en xeoturismo, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. Estará destinada a anfitrións e xestores de turismo dos concellos.
A cita desenvolverase entre as 9:45 e as 19:00 horas no salón de conferencias, en Burela. O equipo docente estará formado por Fran Canosa, xeólogo e impulsor do turismo xeolóxico en Galicia, e Iván Rodríguez, doutor en xeoloxía e guía de xeoturismo.
A xerente do Plan de Sostibilidade Turística, Tania Hermida, explica que “esta xornada formativa ten como obxectivo primordial a divulgación e posta en valor do patrimonio xeolóxico da Mariña entre os axentes locais implicados no desenvolvemento do turismo, ben sexan do sector público, como técnicos das oficinas de turismo,...
leer másHoxe deron comezo as xornadas de formación en Xeoturismo para guías e empresas de turismo activo. Son 21 os profesionais inscritos tanto desta comarca como do resto de Galicia e de Asturias, que asisten a esta cita que se desenvolven no salón de conferencias de Burela. Trátase de perfís variados coma guías e informadores de turismo, guías de natureza, montaña e empresas de turismo activo, principalmente.
As xornadas están programadas para o 20, 21, 27 e 28 de febreiro en horario de 10 a 14 horas polas mañás e de 15 a 19 horas polas tardes. Deste xeito continúa o programa de Xeoturismo da Mancomunidade, que arrincaba o pasado mes de decembro, e que se enmarca no Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que está cofinanciado pola Mancomunidade - co apoio da Deputación de Lugo -, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
... leer más












