Teatro

12/11/2026

Este sábado, día 14 de novembro, ás 20:00 horas hai nova cita co teatro na Casa da Cultura de Alfoz: Metátase Teatro, de Palas de Rei, chega coa obra titulada Terra, voz e... acción!, “unha comedia para todos os públicos coa que desfrutar dunha nova velada de cultura e entretemento”, anuncia o Concello de Alfoz.

É unha representación para todos os públicos con entrada de balde.

11/11/2026

Este venres, día 13 de novembro, representarase en Foz a obra teatral Memorias dun neno labrego. O Centro Dramático Galego e Contraproducións presentan esta adaptación teatral da obra de Xosé Neira Vilas, con texto e dirección de Cándido Pazó.

Será na Sala Bahía ás 20:30 horas e o elenco está formado por Xúlio Abonjo, Santi Romay, Manuel Cortés, Federico Pérez Rey, Iris Darriba, Mónica García e Ana Santos.

 

10/11/2026

A Casa da Cultura de Burela acollerá este venres, 13 de novembro, ás 21:00 horas a representación da obra teatral Alta Costura, da compañía galega Elefante Elegante, que celebra este ano o seu 25 aniversario. “Trátase dun espectáculo cómico, irónico e poético sobre a moda e a súa estreita relación co consumo, o recoñecemento social, a contaminación, a saúde e as condicións laborais”, explica o Concello de Burela, que engade: “a obra retrata o percorrido da produción da roupa, dende a orixe da materia prima empregada na fabricación dos tecidos ata a confección das pezas, a súa distribución e a perversidade dos mecanismos de reciclaxe. A peza detense especialmente na fast-fashion: o momento da compra, a filosofía de mercado das grandes marcas e a rapidez coa que os produtos se desvalorizan e se transforman en residuos abundantes e altamente...

leer más
09/11/2026

Ibuprofeno Teatro representará en Viveiro a obra titulada Bio construción este sábado, día 14 de novembro. Será no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas.

É un espectáculo de teatro contemporáneo en lingua galega para público adulto, cunha duración de 75 minutos. O elenco artístico está formado por: Marián Bañobre, Santiago Cortegoso e Macarena Montesinos.

A sinopse é a seguinte: “unha parella deixa o teatro para marchar a un lugar remoto e emprender, con toda a ilusión, o seu proxecto máis ambicioso: construír unha casa coas súas propias mans. A súa gran creación. E así pasan trinta anos, toda unha vida traballando, lonxe do mundo, cun compromiso inquebrantable. Entre o surrealismo e o absurdo, a peza pretende ser unha reflexión metafórica sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, a inxustiza do sistema...

leer más
07/11/2026

O Concello do Vicedo anuncia que “comeza novembro cun período con bastante actividade en torno ao mundo do teatro. Iniciamos este domingo, día 8 de novembro, ás 19:30 horas na Casa da Cultura do Vicedo coa obra de teatro A sala de xogos, a cargo da compañía Parápono Teatro, de Lugo”.

É unha obra escrita e dirixida por Randi E. Montero.

Etiquetas:
06/11/2026

Comeza a programación do mes do teatro en Alfoz coa representación de Paixón de Bulevares, unha comedia a cargo de Quemaistén Teatro, de As Pontes. Será este sábado, 7 de novembro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Alfoz, con entrada de balde.

O Concello de Alfoz explica que é unha proposta para todos os públicos que permitirá “desfrutar dunha tarde de teatro, risas e entretemento para toda a familia. Non perdas a primeira das catro citas teatrais teremos durante o mes de novembro!”.

Etiquetas:
06/11/2026

Este sábado, día 7 de novembro, hai unha nova cita coa cultura no Concello de Cervo coa representación de Instrucións para tomar café, un espectáculo de narración oral con Carlos Rebolo, de Ítaca Teatro, no marco do Circuíto de Teatro Profesional. Será ás 19:00 horas no salón de plenos do Concello de Cervo, con entrada de balde.

O Concello de Cervo anuncia que é “unha proposta para gozar das historias, da palabra e do humor arredor dunha boa cunca de café”.

Etiquetas:
05/11/2026

O Concello de Trabada inicia este sábado, 7 de novembro, unha nova edición dos ciclos teatrais, unha programación cultural que se desenvolverá ata o mes de xuño de 2027 e que ofrecerá unha representación teatral cada mes na Casa da Cultura. A primeira cita será coa obra Dona Clara, a cargo do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, que se representará este sábado ás 20:00 horas. Trátase dunha creación do grupo inspirada na obra A visita da vella dama, do dramaturgo Friedrich Dürrenmatt.

Unha das principais novidades desta edición é o cambio de horario das representacións, que pasarán a celebrarse ás 20:00 horas en lugar das 21:00 horas, como viña sendo habitual. Este adianto “busca facilitar a asistencia do público, especialmente durante os meses de inverno”, explica o Concello de Trabada, que engade:...

leer más
Etiquetas:
02/11/2026

O Ciclo de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, levará novas obras aos concellos de Trabada, Cervo e O Vicedo os días 7 e 8 de novembro.

O grupo teatral do Colectivo Cultural Ollomao representará a obra titulada Dona Clara este sábado, día 7 de novembro, ás 21 horas na Casa da Cultura de Trabada. É para público adulto e a sinopse é a seguinte: “esta obra trata do regreso da multimillonaria Clara Zahanassian á vila da súa infancia, na que os seus veciños viven pobremente e están endebedados, a diferenza das vilas da contorna que si progresaron. Clara parece mostrarse xenerosa e ofrece mil millóns ao seu pobo natal para que solucione os seus problemas, pero cunha condición difícil de cumprir. Clara Zahanassian (o apelido é una combinación de Zacharoff, Onassis e Gulbenkian) non representa a xustiza, nin o...

leer más
Etiquetas:
01/11/2026

A compañía Artika Teatro representará en Viveiro o espectáculo titulado O libro da selva. O musical. Será no Teatro Pastor Díaz o sábado 7 de novembro ás 18:00 horas. Ten unha duración de 50 minutos e está dirixido a público infantil maior de 3 anos.

O elenco artístico está formado por Yoel Alonso, Fernanda Barrio Barcala, Irene Lorenzo Rei, Marcos Alonso e Rocío Salgado.

A sinopse é a seguinte: “A historia clásica de Rudyard Kipling revive en galego nun gran musical para toda a familia. Ártika Cía convídanos a entrar nunha selva moi especial: unha cidade chea de animais, gobernada polo implacable Sherekhan. Mowgli chega a este novo mundo e terá que aprender as súas regras para poder convivir cos seus habitantes. Mais… conseguirá convencer a Sherekhan de que o deixe quedar? Música en directo,...

leer más