Teatro
A Aula de Teatro Municipal de Ribadeo fará o seu debut o vindeiro 24 de maio na Festa das Cruces na Ponte de Arante.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “desde o pasado mes de marzo está a funcionar a Aula de Teatro en Ribadeo. Foi unha iniciativa que xurdiu desde a Área de Cultura do noso Concello”. E subliñou que “é a primeira vez que existe un Aula de Teatro Municipal en Ribadeo”.
A edil ribadense declarou: “estamos moi contentos de que esta iniciativa tivera una boa acollida. Trátase dun grupo de persoas de diferentes idades, que axudados por Rubén Pérez e Daniel Vázquez, traballan a expresión corporal, a vocalización e todo aquilo que é necesario para poñer en escena unha obra”.
Sanjurjo explicou que “despois de meses traballando parte destes actores e actrices van...
leer másRaquel Queizás ofrecerá en Alfoz o espectáculo de contos titulado Begoña ao teléfono. A voz das heroínas. Será este mércores, día 13 de maio, ás 15:00 horas na Casa da Cultura.
É unha actividade organizada pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo, que anuncia: “a contadora de contos Raquel Queizás visitará o noso concello. A través das súas historias coñeceremos a vida e a obra de Begoña Caamaño, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026”.
O Concello de Foz, dende a Delegación de Muller e Igualdade coa colaboración da Deputación de Lugo, achega a Foz o espectáculo titulado Risas con Perspectiva Feminista. A actuación terá lugar na Casa da Cultura Manuel María este venres, día 15 de maio, ás 19:00 horas, con entrada de balde.
A concelleira Ana Rojo anuncia que “dentro da programación feminista que ven de lanzar a Deputación de Lugo, a Delegación de Muller de Foz acolle esta iniciativa, baixo un formato diferente de monólogos, cun humor comprometido, próximo é accesible, abordando cuestións e reflexións complexas, con outra perspectiva feminista. Historias reais e experiencias persoais contadas con humor e moita sátira; un espectáculo irreverente con enfoque crítico, unha proposta que vai máis alá do monólogo tradicional, combinando a través da comedia, o teatro e a...
leer másO grupo teatral O Centiño, de San Martiño (Foz), representará en Trabada a comedia titulada O Autobús. Será este sábado, día 2 de maio, ás 21:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura.
O Concello de Trabada anuncia que “o ciclo teatral continúa coa representación de O Autobús, unha comedia do grupo O Centiño, escrita e dirixida por Pepe Peinó”.
O grupo teatral Andanzas, de Viveiro, representará a obra titulada Los hombres mienten no Teatro Pastor Díaz este sábado, día 2 de maio, ás 20:30 horas. A entrada é gratuíta ata completar aforo.
O Concello de Viveiro anuncia que “este sábado, o teatro local toma as rendas coa divertida comedia Los hombres mienten. O grupo de teatro Andanzas, de Viveiro, promete unha velada inesquecible para o público adulto. Unha oportunidade perfecta para apoiar o talento da nosa vila e gozar dun bo rato entre risas”.
Este xoves, día 30 de abril, ás 17:15 horas na Casa da Cultura do Vicedo terá lugar unha actividade de animación á lectura coa presenza da compañía Trécola Producións presentando Contos da Lúa, un espectáculo dirixido a nenos e nenas de Educación Primaria, anuncia o Concello de O Vicedo.
A sinopse desta actividade é a seguinte: “cando chega a noite, mentres durmimos, a Lúa asoma a súa cariña polas fiestras e goza dos nosos soños. Así coñece moitas historias máxicas, tolas e divertidas. Os soños que máis lle gustan son os de Calcetín, un persoeiro amante da lectura e con moita imaxinación. Flota entre as estrelas, leva o temón dun zapato que percorre os mares ou viaxa ata o mundo do revés”.
Burela acollerá este sábado 2 de maio, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura, o espectáculo titulado Dedín, dedín, dedal, “unha proposta familiar de Malasombra Produccións a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) dirixida aos máis pequenos e pequenas da casa”, anuncia o Concello, que engade: “trátase dun espectáculo musical e teatral pensado para enredar, rir e bailar, no que a palabra, os xogos, os contos e as cantigas son os protagonistas. A peza foi creada por Andrea Bayer e Óscar Ferreira (BAOBAB Teatro) para Malasombra, que apostan por unha proposta escénica centrada no público infantil e familiar. A autoría e dirección corren a cargo de Andrea Bayer e Óscar Ferreira, quen tamén se encarga da escenografía. O deseño de son é de Brais Iriarte e Andrea Bayer, mentres que a iluminación está a cargo de Xoque Carbajal. O vestiario vén da...
leer másO recoñecido actor Rafael Álvarez El Brujo actuará en Viveiro este domingo, día 26 de abril, as 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz.
O Concello de Viveiro anuncia que é “un espectáculo único. Un monólogo en clave de humor sobre o destino na traxedia grega, estreado no Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida 2024, onde conquistou a milleiros de espectadores. Unha oportunidade para gozar dun dos grandes nomes da escena nun espectáculo cheo de talento, humor e reflexión”.
O auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá o espectáculo infantil titulado Dedín, dedín, dedal, creado por Baobab Teatro para Malasombra Producións. Será este domingo, día 26 de abril, ás 17:30 horas.
O Concello de Ribadeo explica que é Dedín, dedín, dedal hai “contos, xogos e cantigas para enredar, rir e bailar. Un espectáculo musical e teatral pensado para os máis pequenos/as da casa, onde a imaxinación e a música van da man. Unha experiencia próxima, divertida e chea de tenrura”.
El famoso humorista y monologuista madrileño David Puerto presentará el día 9 de mayo, sábado, en Burela su nuevo show, titulado Bien, espectáculo con el que está de gira recorriendo toda España. Esta actuación, que tendrá lugar en el auditorio de la Casa da Cultura a las 20:00 horas, será la primera de David Puerto en la provincia de Lugo. Las entradas están a la venta en la web www.ataquilla.com.
David Puerto es muy conocido por sus vídeos virales las redes sociales, sobre todo en TikTok e Instagram, donde tiene muchos miles de seguidores. Su combinación de improvisación, música y humor inteligente lo ha convertido en uno de los cómicos más versátiles del momento
Bien es el nuevo espectáculo de comedia en vivo de David Puerto, donde la frescura y la...
leer más












