Teatro

06/01/2025

O humorista Roberto Vilar, natural do municipio de Xove, empezará en Viveiro a xira do seu novo espectáculo, titulado Continueixon, o día 25 de xaneiro, sábado. Será no Teatro Pastor Díaz ás 21:00 horas.

O novo show de Roberto Vilar para volver a xirar polos teatros galegos chega despois do éxito conseguido con Celebreixon. Continuexion é unha volta máis a ese show inicial onde as sorpresas e a música foron os protagonistas desta xira, sen esquecernos da comedia e do humor tan característico do protagonista, Roberto Vilar.

Etiquetas:
05/01/2025

O mago Henriko ofrecerá o seu espectáculo de maxia infantil en Cervo o martes 7 de xaneiro. Será ás 18:30 horas na carpa instalada na Praza do Souto.

É unha actividade incluída na programación de Nadal do Concello de Cervo en colaboración coa asociación cultural Airiños do Xunco.

03/01/2025

Este sábado, día 4 de xaneiro de 2025, Trabada contará cunha nova actuación teatral. A Casa da Cultura acolle a partir das 21:00 horas a obra titulada "Pan con chocolate", interpretada polo grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros.

Etiquetas:
02/01/2025

O grupo humorístico Trípode representará a obra titulada A Presa en Ribadeo este sábado, día 4 de xaneiro. Será ás 19:00 horas no centro de ensino Pedro Murias, na parroquia ribadense de Vilaframil.

Trípode anuncia: “volvemos aos escenarios outro sábado máis. Desta volta, convidados polo Concello de Ribadeo, estaremos no colexio Pedro Murias, de Vilaframil, o día 4 de xaneiro polas 19:00 horas. Outra volta a pelexar pola nosa aldea, pola nosa contorna natural, pola nosa vida. Outra vez a discutir sobre o eterno dilema da tradición e a modernidade, outra vez a facer teatro e a divertirnos. Agardamos por vós, para pasar un agradable rato xuntos”.

Etiquetas:
30/12/2024

O musical Tadeo Jones, la tabla esmeralda representarase en Ribadeo este venres, día 3 de xaneiro. Será ás 17:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval.

A empresa promotora deste espectáculo, Ace Pro Entertainment, anuncia: “llega Tadeo Jones, el musical. El personaje de animación más importante de la historia del cine español se hace realidad para que puedas disfrutar de sus aventuras en carne y hueso en el único musical oficial del mundo”.

Etiquetas:
28/12/2024

O Concello de Cervo anuncia que o luns 30 de decembro “será máxico con Kiko Pastur. Ás 19:00 horas, na carpa instalada na Praza do Souto”.

É unha actividade incluída na programación de Nadal do Concello de Cervo, que conta coa colaboración da asociación Airiños do Xunco.

 

28/12/2024

O Concello do Valadouro anuncia a representación do espectáculo titulado Monstrólogo, de Trécola Producións, que é unha “comedia teatral con monicreques e moita risa. Unha gran eminencia no campo da monstroloxía anda de xira por Galicia para darmos a coñecer tipos, habilidades e curiosidades dos monstros. Sentímolos debaixo da cama, no fondo do pasillo, na auga da piscina ou na casa vella, pero se nos achegamos a mirar... Zas! Desaparecen! Iso é porque cando imos cara ao medo, este escapa e vaise”. Será o luns 30 de decembro ás 17:30 horas na Casa da Cultura.

É unha representación para público infantil e familiar e despois da función haberá pintacaras para as persoas asistentes.

27/12/2024

Burela acolle o novo espectáculo dos Bolechas, titulado Cantares de Reis, na Casa da Cultura. Será o luns 30 de decembro ás 18:00 horas.

Está dirixido a un público familiar e a entrada é de balde.

27/12/2024

A Pontenova acollerá este domingo, día 29 de decembro, unha representación da súa Escola Municipal de Teatro, que ofrecerá a obra titulada Como está o mercado!

Será ás 19:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura.

Etiquetas:
26/12/2024

A compañía Ubú Teatro representará a obra titulada O vixilante dos soños en Burela este sábado, día 28 de decembro. Será ás 18:00 horas na Casa da Cultura, con entrada libre.

É unha representación para público familiar a partir de 3 anos de idade con este argumento: “desde pequeno Sonólicus quere chegar á lúa. Busca no reflexo das pozas e dos espellos, sube ás caixas esmoreadas e aos tellados, e tantos esforzos fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara á lúa que lle medran ata a deformidade. O seu empeño semella unha fantasía infantil da que a nai é testemuño. Unha noite acaba de medrar e non só acada o seu obxectivo de acompañar á lúa senón que se converte apra sempre no vixiante do sono e dos soños infantís”.