Once

06/03/2026

Barreiros acollerá desde o día 14 de abril ata o 8 de maio un curso de vendedor en estacións de servizo para persoas con discapacidade.

O Concello de Barreiros anuncia que “segue a dar pasos firmes para que a formación e as oportunidades laborais non sexan unha barreira para ninguén. Grazas ao traballo levado a cabo desde a área de Servizos Sociais nos últimos anos, o convenio de colaboración coa entidade Inserta Empleo (Fundación ONCE) comeza a dar os seus froitos máis tanxibles coa posta en marcha dun curso presencial de Vendedor/a de Estacións de Servizo”.

A concelleira de servizos sociais, Carmen Veiga, sinala que “esta iniciativa nace cun obxectivo claro: que as persoas con discapacidade do noso concello e da contorna poidan ampliar o seu perfil laboral e gañar novas habilidades sen ter que facer longos...

leer más
Etiquetas:
31/07/2025

A Feira do Bonito de Burela será a imaxe do cupón da ONCE correspondente ao sorteo do sábado 2 de agosto. A presentación oficial tivo lugar onte no Barco Museo Boniteiro, situado na explanada portuaria da localidade.

No acto participaron o delegado da ONCE en Galicia, Manuel Martínez, e a alcaldesa de Burela, Carmela López, acompañados polo director da ONCE en Lugo, Francisco Javier Farnés; o concelleiro de Turismo e Mar, Ramiro Fernández; e a presidenta de Ledicia, entidade organizadora da feira, Rocío Rivera. Tamén asistiron membros do equipo de goberno e da Corporación Municipal, así como representantes da Asociación de Mariñeiros Xubilados A Moncloa, ACIA, Fundación Expomar, ABSA e a Confraría de Pescadores.

Durante a presentación, a alcaldesa Carmela López sinalou que este cupón “axuda a dar visibilidade á...

leer más