Novas Tecnoloxías

11/01/2017
O 16 de xaneiro terán lugar en Burelas as I Xornadas Tecnolóxicas, que organizan o Concello e a empresa APP Informática. Están dirixidas a alumn@s de institutos e colexios.
 
As 1as Xornadas Tecnolóxicas que se celebrarán en Burela o vindeiro luns, dia 16, foron presentadas esta mañá na Casa do Concello. No evento, que organizan o Concello e a empresa APP Informática, haberá obradoiros de impresión en 3D, introdución á robótica e aos drones. As xornadas están dirixidas aos alumnos de institutos e colexios da comarca. Terán lugar no auditorio municipal entre as 9:30 e 14:00 horas e pola tarde de 15:30 a 18:30 horas.  
 
Na presentación o concelleiro de Educación, José Díaz, anunciou que “las I Xornadas Tecnolóxicas del Concello de Burela están organizadas entre el Concello y APP Informática de Burela. Son unas jornadas muy interesantes, en mi opinión, porque son muy completas. El objetivo principal es acercar las nuevas tecnologías sobre todo a los institutos y a...
leer más
04/11/2016
O 7 de novembro arrinca en Ribadeo a segunda fase da Factoría Dixital, que organizan as Concellarías de Desenvolvemento Local e Novas Tecnoloxías.
 
O vindeiro luns, 7 de novembro, dará comezo a segunda fase da Factoría Dixital, que se iniciou a pasada primavera con moi boa acollida. Estes talleres están organizados polas Concellarías de Desenvolvemento Local e Novas Tecnoloxías. 
 
O edil David Rivas explica que “este luns, 7 de novembro, bota a andar na aula Cemit de Ribadeo a segunda fase da Factoría Dixital, unha continuación dos microtalleres que tiveron lugar na primavera deste ano e que gozaron de moi boa acollida por parte da veciñanza. Estenderanse ao longo de todo este mes de novembro e tamén en decembro”.
 
O concelleiro de Novas Tecnoloxías conta que “terán unha duración de 4 horas e haberá talleres para todo tipo de público: desde determinados sectores profesionais, para...
leer más
31/10/2016
Expertos analizarán en Mondoñedo o 4 de novembro as posibilidades das novas tecnoloxías para a divulgación dos produtos e dos eventos locais.
 
Profesionais expertos nos eidos da comunicación dixital e da historia contemporánea ofrecerán unha conferencia en Mondoñedo durante a que analizarán as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías ao servizo da divulgación dos produtos e dos eventos locais. En concreto, os profesionais farán fincapé nas redes socias e na internet, como ferramentas para vender ao servizo do pequeno e mediano comercio, produtores artesanais e eventos culturais.
 
Esta conferencia, que se desenvolverá baixo o lema O Mundo do Futuro, celebrarase o próximo venres, 4 de novembro, a partir das 20.00 horas, no Centro Comarcal de Mondoñedo. O Concello de Mondoñedo é o encargado de organizar esta iniciativa, en colaboración coa Universidade Rei Juan Carlos e o proxecto Retinae
... leer más
26/04/2016
O 9 de maio darán comezo os novos micro talleres da Axenda das Tecnoloxías de Primavera do Concello de Ribadeo. En abril foron 56 as persoas que participaron nos obradoiros impartidos.
 
En maio seguirán os micro talleres da Axenda das Tecnoloxías de Primavera do Concello. En total vanse impartir catro cursos. As Concellarías de Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Local subliñan que o programa está a ter moi boa acollida, xa que durante o presente mes de abril foron 56 as persoas que asistiron aos obradoiros impartidos. 
 
Neste mes de abril as Áreas de Deportes e Novas Tecnoloxías e de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo puxeron en marcha o programa da Axenda das Tecnoloxías de Primavera coa súa Factoría Dixital. 
 
Segundo explicas desde as Concellarías organizadoras “esta axenda dixital que rematará en xuño, inclúe píldoras...
leer más
28/11/2014
Burela acollerá a partir deste luns un curso sobre novas tecnoloxías e emprendemento dirixido a mulleres. A actividade levarase a cabo ata o 10 de decembro na Aula CEMIT, en horario de 16 a 20 horas.

 

O Concello de Burela presentou hoxe unha nova actividade dirixida a mulleres, que se levará a cabo entre o 1 e o 10 de decembro. Trátase dunhas Xornadas Formativas para mellorar, mediante o uso das novas tecnoloxías, as capacidades de emprendemento e busca de emprego feminino. Están promovidas pola Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, e levaranse a cabo os días 1, 3, 5, 9 e 10 de decembro, en horario de 16:00 a 20:00 horas, nas instalacións da Aula CEMIT na Casa da Xuventude. As interesadas poden facer as súas inscricións no Centro municipal de Información ás Mulleres.

Dende a Concellería de Igualdade recordan que “esta actividade formativa non só está dirixida ás veciñas do municipio, senón tamén a todas aquelas mulleres que proceden dos...

leer más