Xornadas

Etiquetas:
20/02/2026

O Real Sporting de Gijón presentou en Foz as Xornadas de Tecnificación, un campus intensivo de fútbol que se levará a cabo os días 30, 31 de marzo e 1 de abril no Campo de Fútbol de Malates de 10 a 14 horas.

As xornadas contan coa colaboración do Concello de Foz, do Club Deportivo Foz e da Asociación Deportiva Santiago de Foz e xa están abertas as inscricións en thefootballdream.com

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro de Deportes, Ángel Fernández Neira, destacaron “o compromiso do Club Deportivo Foz e da AD Santiago de Foz co deporte de base e agradeceron a iniciativa do Sporting de Gijón, que achega unha formación técnica e especializada a todas as nenas e nenos que se queiran apuntar nunhas xornadas intensivas de práctica de fútbol”.

Etiquetas:
11/02/2026

Todo está listo en Ribadeo para a celebración das xornadas gastronómicas do Antroido, que terán lugar do 13 ao 22 de febreiro. Están organizadas pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo (Acisa) e contan coa participación de 11 establecementos hostaleiros.

A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, sinalou: “desde Acisa decidimos apostar un ano mais polas xornadas gastronómicas do Antroido de Ribadeo, que se van celebrar do 13 ao 22 de febreiro, como actividade dinamizadora da nosa hostalería. Con esta iniciativa queremos render homenaxe aos pratos e produtos típicos destas datas: cocidos, freixós, orellas,… E queremos animar á veciñanza a cumprir coa tradición de celebrar o Antroido con ceas ou xantares de amizades ou familiares, que se reúnen para saborear un bo cocido”.

... leer más
08/12/2025

As XXV Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía serán os días 12, 13 e 14 de decembro. Foron presentadas polo alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero Legide; a concelleira de Turismo e Camiño Norte, María Patricia Otero Doural; e o arqueólogo municipal, Abel Vigo García.

“Mondoñedo retoma a actividade divulgativa coa habitual cita arqueolóxica de decembro que, na presente edición, acada os 25 anos. A cita, que combina charlas e visitas, terá lugar os días 12, 13 e 14 de decembro na Sala de Conferencias do Pazo Santomé, na rúa Julia Pardo Montenegro, e será unha edición que versará, de forma xenérica, sobre o Fenómeno Xacobeo, abordando aspectos arqueolóxicos, históricos e da historia da arte, combinando isto cunha visita guiada ao Pórtico da Gloria e á Necrópole da Catedral de Santiago”, anuncia o Concello de Mondoñedo, que nesta edición...

leer más
04/12/2025

Nove locais hostaleiros de Burela celebran do 5 ao 8 de decembro unhas xornadas gastronómicas do peixe espada nas que se poderán degustar diferentes pratos do “peixe máis representativo da frota de palangre de superficie local, que os pesca peza a peza con anzol en augas internacionais e europeas do Atlántico durante todo o ano”, explica a OPP Porto de Burela, que engade: “a hostalería de Burela segue potenciando así a súa oferta gastronómica”.

Desde a Asociación de Hostalería de Burela agradecen á OPP Porto de Burela “este tipo de sinerxias que está a facer co noso sector; desde as cociñas da AHB tamén queremos fomentar e potenciar o consumo de peixe de verdade e de calidade”.

Esta campaña realízase en colaboración coa Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, dentro do seu plan de produción e...

leer más
Etiquetas:
09/11/2025

Do 13 ao 16 de novembro terán lugar unhas xornadas arredor da Ría de Ribadeo, que están organizadas polo Concello. Haberá charlas, mesas redondas, visitas guiadas e degustacións gastronómicas.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, indicou que “as xornadas sobre a ría de Ribadeo, enmarcadas en Ribadeo cara o mar, terán lugar do 13 ao 16 de novembro. Son unhas xornadas que en 4 días terán moitas visitas guiadas, serán moi dinámicas e tamén terán en cada día unha sesión que nos propoña unha reflexión sobre a ría”.

A edil relatou que “o primeiro día, o xoves, comezaremos ás catro da tarde cunha xeoruta de Porcillán a Rocas Brancas. Ás seis da tarde no Salón dos Alcaldes, os rexedores dos Concellos da Veiga, Ribadeo e Castropol van reflexionar sobre a ría como espazo social, identidade compartida por estes tres...

leer más
04/11/2025

O Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz acolle unhas xornadas micolóxicas este mércores, día 5 de novembro.

Ás 09:00 horas haberá unha charla sobre o mundo micolóxico a cargo de Nicolás Santos Aparicio, licenciado en Ciencias Xeolóxicas. E ás 14:30 horas terá lugar unha degustación de cogomelos.

O IES de Foz destaca que “estas xornadas son un referente no centro e participa toda a comunidade educativa, tanto nas charlas, saídas ao monte, exposicións, ...”.

Etiquetas:
09/10/2025

Dez locais hostaleiros de Burela celebran esta fin de semana, do venres 10 ao domingo 12 de outubro, as xornadas gastronómicas da Merluza D& Burela, nas que se poderán degustar diferentes pratos do peixe “máis capital do porto burelense, que o sitúa como principal lonxa de Galicia, España e Europa en pescada do pincho”.

A hostalería de Burela quere potenciar así a súa oferta gastronómica durante as pontes festivas de outubro e decembro, xa que durante a primeira fin de semana de decembro celebrarase un novo Ponte de Peixe de Burela, no que se ofrecerán receitas doutra das principais especies que capturan as frotas do porto de Burela.

Esta campaña realízase en colaboración con Armadores de Burela e a Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, dentro do seu plan de produción e...

leer más
Etiquetas:
17/09/2025

A Aula Universitaria da UNED en Foz inicia o curso académico 2025/2026 cunha programación de xornadas informativas abertas á comunidade, que teñen como obxectivo dar a coñecer a oferta académica e os recursos que a universidade pon á disposición do seu estudantado. O primeiro encontro celebrarase o 29 de setembro, en formato presencial na propia Aula de Foz e tamén en liña. A coordinadora da aula, Marta Muíña Rodríguez, explicará cuestións como a oferta académica, os servizos de apoio, os recursos dispoñibles, as vantaxes de estudar na UNED e o modelo de aprendizaxe semipresencial. “Queremos que todo o estudantado coñeza ben como funciona a nosa aula e como pode sacar o máximo proveito dos recursos. A información clara e directa é clave para unha mellor experiencia universitaria”, sinala Muíña.

A segunda sesión terá lugar no Centro...

leer más
03/09/2025

Os días 19, 20 e 21 e setembro de 2025 celebrarase no Salón de Alcaldes do Concello de Ribadeo a XX edición das Xornadas Mar por Medio, promovidas inicialmente polo hispanista británico John Rutherford e que organiza desde hai tres anos a Academia Xacobea, en colaboración co Concello de Ribadeo, a Secretaría Xeral da Lingua (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia) e a Universidade de Santiago de Compostela.

A edición deste ano estará dedicada ao tema Ribadeo, encontro de Camiños “para poñer de manifesto non só a tradición xacobea da vila de Ribadeo, porta de entrada a Galicia do Camiño Norte, unha ruta histórica declarada Patrimonio da Humanidade, senón tamén como lugar de acollida, encontro e dinamización de actividades relacionadas cos valores do Camiño de Santiago”, anuncia a organización.

... leer más
Etiquetas:
02/08/2025

O xoves 21 de agosto ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de O Vicedo terá lugar a presentación do libro “Ciudad de la Selva” (Historia e arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio),  a cargo de Laura Martínez Panizo, arqueóloga e integrante do Proxecto Sputnik Labrego. A continuación haberá a proxección do documental de Miguel Riaño Roa “Ciudad de la Selva. Fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio”, contando coa presenza do propio director. 

O 22 de agosto, venres, ás 20 horas tamén no Salón de Actos da Casa da Cultura de O Vicedo: "Resistencias e protestas en feminino na Galiza durante o franquismo".
Ás 20:05 horas "Prácticas clandestinas, saberes prohibidos. A interrupción do embarazo na ditadura franquista" por Tamara López Fernández, Contratada Posdoutoral da Xunta de Galicia. Proxecto de Investigación...

leer más