Xornadas

Etiquetas:
16/07/2019

Cervo acollerá o venres, 19 de xullo, e o sábado, 20 de xullo, as xornadas de historia “Cervo a Carón do Patrimonio”, organizadas que se desenvolverán en escenarios do noso municipio como a Casa do Mar de San Ciprián, o Museo do Mar ou o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.

Tal e como explicou a edil de Patrimonio, Dolores García Caramés “trátase dunha actividade divulgativa gratuíta que é unha oportunidade única para poñer en valor todo ese rico patrimonio que atesoura o noso municipio, de sacalo á luz para que que toda a veciñanza poida entrar tamén en contacto co noso pasado”.

García Caramés recordou que a inscrición para estas xornadas, que están dirixidas a todas as persoas con curiosidade e que desexen coñecer en profundidade a historia do noso municipio, continúa aberta no teléfono 982595157 ou no...

leer más
20/06/2019

O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde,e oPresidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, Cheché Real presentaron este xoves,no salón de actos da Deputación, as xornadas Exaltacións Gastronómicas...E Para Comer Lugocorrespondentes ao mes de xuño. Estas degustacións gastronómicas terán lugar, entre os días 21 e 30 deste mes, en 50 establecementos de hostalaría de 23 concellos da provincia. 

A merluza do pincho de Burela, o cordeiro de raza ovella galega e a castaña de Galicia serán osprodutos protagonistas do presente mes. Cociñados baixo diferentes estilos, estes ingredientes serán introducidosnos menús dosrestaurantes que participan nesteprograma de promoción gastronómica da provincia E para comer...Lugo.

Na provincia de Lugo véndese máis do 70% da merluza do pincho fresca que se...

leer más
Etiquetas:
29/05/2019

As VIII Xornadas Formativas organizadas pola Fundación Imdecum, deron comezo hoxe co relatorio “O golf…xogo ou deporte?”, que correu a cargo do adestrador de golf en EEUU Eduardo Fernández Galán, que estivo arroupado polo presidente da Fundación, Marcelino Luna, e o coordinador do ciclo de TAFAD do centro, Alfonso Iglesias.

Este venres, 31 de maio, o adestrador de baloncesto do Durán Maquinaria Ensino de Lugo, Juan Nécega, falara sobre “Ensino Lugo: o reto de chegar á Liga Día. Estrutura do club e planificación no debut na categoría”. Terá lugar na Aula de TAFAD do IES Monte Castelo, a partires das 12:30 horas.

Estas xornadas rematarán o 7 de xuño coa intervención do adestrador de fútbol sala do Pescados Rubén FS, Juan Manuel Marrube, quen abordará o tema de “A práctica deportiva como formación persoal e...

leer más
Etiquetas:
16/05/2019

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o investigador e profesor da UNED, José María Leal, e o graduado en historia pola USC, Adrián Cao, presentaron este mediodía as xornadas de historia “Cervo a Carón do Patrimonio”, organizadas polo Concello de Cervo en colaboración coa Universidade de Santiago, e que terán lugar o 19 e 20 de xullo, en escenarios do noso municipio como a Casa do Mar de San Ciprián ou o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.

Tal e como explicou Villares, “vemos nesta colaboración unha oportunidade única para poñer en valor todos todo ese rico patrimonio, de sacalo á luz para que que toda a veciñanza poida entrar tamén en contacto co noso pasado”.

As xornadas contarán coa participación de relatores de primeiro nivel como o Catedrático de Historia das...

leer más
11/04/2019

O Presidente, Darío Campos Conde, e o Presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, Cheché Real, informaron sobre a posta en marcha dunha nova campaña de promoción e exaltación dos produtos da provincia baixo o nome E para comer...Lugo. Fixérono nun acto acompañados de representantes de distintos locais de restauración que se sumaron a esta iniciativa, no que se degustaron algúns dos pratos que se poderán desfrutar durante estas xornadas. Máis información en www.deputacionlugo.gal e www.eparacomerlugo.com

Trátase dunha iniciativacoa que 51 establecementos hostaleiros de 23 municipios lucenses introducirán nas súas cartas produtos e materias primas da provincia con denominación de orixe protexida (D.O.P) ou indicación xeográfica protexida (...

leer más
Etiquetas:
06/04/2019

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza a quinta edición das Xornadas Sentirmos a Arte que se celebrarán do 8 ao 11 de abril.

O programa dará comezo o luns, 8 de abril, coa conferencia A comuna do barruzo. Un proxecto musical e artístico, que ofrecerán Ugia Pedreira e Abel Pérez. A comuna do barruzo é un libro disco no que se recollen composicións musicadas por Ugia Pedreira e Pierrot Rougier sobre poemas de autores da comarca Eonaviega.

O martes, día 9, o artista plástico viveirense Xosé Luís Neira Brochs falará de O mural cerámico. Os murais cerámicos de Neira Brochs atópanse distribuídos pola práctica totalidade da xeografía peninsular formando un conxunto que destaca pola súa grandiosidade, expresividade e intensidade. É un dos poucos creadores lugueses vivos con obra exposta no museo Reina Sofía.

... leer más
29/10/2018

Acisa organiza unha nova edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se celebrarán os días 2, 3 e 4 de novembro. Os vinte locais participantes nesta cita ofrecerán tapas, racións e menús especiais. Ademais haberá degustación de sidra, actuacións musicais e pasarrúas durante a fin de semana. 

Desde a directiva de Acisa explican que “é unha actividade que pretende apoiar á hostalería asociada durante a ponte festiva de novembro ofrecéndolles a turistas e residentes na vila unha interesante e variada proposta gastronómica para disfrutar durante eses días”. E subliñan que “estas xornadas están tamén enfocadas a darlle as grazas ao turismo asturiano do que Ribadeo vive durante todo o ano, ao igual que a fiel clientela local e comarcal”.

Nas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo participan os...

leer más
Etiquetas:
17/10/2018

Un ano máis, e antes de comezar a  XXX Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello, a través da súa Concellería de Deporte,  xunto co Colexio Pedro Caselles Rollán e o  IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas XORNADAS destinadas a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as de ámbalas dúas institucións educativas. 

Polas Xornadas deste ano 2018 van pasar 20 alumnos/as de 5º e 23 de 6º de Educación Primaria do Pedro Caselles, e 18 alumnos/as de 1º de ESO do IES Illa de SArón. Nas mesmas se lles van explicar os fundamentos  deste xogo autóctono, e todos terán, asimesmo, a oportunidade de xogar.

As xornadas van ter unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do veterano  xogador José González Rodríguez, quen se vai a encargar de...

leer más
Etiquetas:
29/07/2018

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza a XXIII edición das Xornadas de Historia Local que darán comezo este luns, 30 de xullo.

Na primeira xornada este luns ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Foz  proxectarase o documental inédito Foz, Cangas e Lourenzá, gravado a comezos dos anos 50 polo cangués Antonio Díaz Ortiz. Despois intervirá Martín Fernández Vizoso, que fará un percorrido pola vida do autor do documental.

O martes, 31 de xullo, ás 20:30 horas tamén na Casa da Cultura de Foz, participará Xosé Ramón Ermida Meilán coa charla titulada A fotografía focega. 1906-1936, na que propón unha viaxe, a través da fotografía, pola historia da localidade nas primeiras décadas do século XX, centrándose nos traballos fotográficos dos focenses Alberte Bravo, Andrés Gamboa e Manuel Luxilde, e na obra do ribadense...

leer más
Etiquetas:
29/05/2018

O Motoclub al Corte de Ribadeo organiza o vindeiro sábado, 2 de xuño, as III Xornadas Gastronómicas do Mexillón.

Darán comezo ás 12:00 horas e terán lugar na praciña de José María López, coñecida como plazoleta da Fontenova.

Serviranse mexillóns ao vapor, con salsa vinagreta e con salsa picante.

Colaboran co Motoclub al Corte na organización deste evento os bares Cienfuegos e Maloserá.