Mondoñedo
Este sábado, día 7 de agosto, haberá un magosto tradicional en Mondoñedo. Será na Praza do Concello, pero en caso de choiva trasladarase aos soportais da catedral. Repartiranse castañas, viño e chocolate.
Ás 18 horas haberá Truco ou Trato de Samaín polas rúas do centro e ás 20 horas comezará o magosto tradicional coa música de Os Carricantos.
Está organizado pola asociación cultural O Pasatempo.
A Xunta de Galicia e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncian que colaboran coa quinta edición do Festival Breason, de Mondoñedo, que se celebra este sábado, 7 de novembro, impulsado pola asociación Xoldra.
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, participou na presentación da nova edición xunto con membros da organización e representantes do Concello. A proposta de música en directo compleméntase cun amplo programa de actividades pensadas para todos os públicos.
A Praza da Catedral será o escenario das actuacións e concertos, que comezarán ás 13,30 horas con Familia Caamagno seguida da Duendeneta; e continuarán pola noite – a partir das 21,00 horas - con Mercedes Peón, ünder & Diego Flâneur, Las Petunias e Sedientos de Cumbia.
... leer másO deputado provincial de Medio Ambiente, Carlos López, participou este martes na presentación da novena edición dos Premios Son Muller 2026, que se celebrarán o vindeiro 11 de decembro no Auditorio Municipal de Mondoñedo. No acto, que tivo lugar na praza da Catedral, López destacou a colaboración da Deputación de Lugo, que achega 3.500 euros a esta iniciativa.
“Cada iniciativa que nace nos nosos concellos axuda a crear emprego, manter servizos e ofrecer oportunidades para vivir e traballar no territorio”, subliñou Carlos López, que destacou ademais “a importancia de recoñecer e dar visibilidade ao traballo das mulleres que poñen en marcha proxectos empresariais e contribúen á actividade económica da provincia”. O deputado salientou especialmente “o esforzo das mulleres que desenvolven os seus proxectos nos municipios do interior”.
... leer másPepe Vázquez Peinó anuncia: “convidado pola Asociación As San Lucas e polo Concello de Mondoñedo, levarei o libro Espiritualidad até o Pazo de San Tomé, na cidade episcopal, para presentalo diante das persoas interesadas. É para min un honor e sinto unha gran satisfacción por poder expoñer o traballo de varios anos, no que colaboraron outros sete amigos de distintas perspectivas relixiosas. Trátase de falar do mundo interior do ser humano, da súa faceta inmaterial, e das crenzas profundas que tenden a aniñar en nós. Será o domingo 25 de outubro ás 18,00 horas”.
O coordinador da publicación engade: “contaremos tamén coa inestimable compañía de Álex Barreira, un bo amigo, bo comunicador e posuidor dun gran talento musical, que nos amenizará a charla con tres cancións axeitadas para o tema e o momento. Gustaríame contar coa vosa...
leer másA Deputación de Lugo anuncia que “as San Lucas de Mondoñedo, que este ano celebran a súa 870ª edición, encaran a recta final esta fin de semana cunha programación especial Terra de encontros, que ofrecerá durante toda a xornada do sábado diversas actividades culturais e tradicionais. Os principais atractivos serán os concertos gratuítos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e de Luar na Lubre, dous referentes da cultura galega que porán o broche musical á celebració”n.
A iniciativa, impulsada pola Deputación de Lugo en colaboración coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, comezará ás 12:00 horas na Praza da Catedral con xogos tradicionais a cargo de Xotramu. Pola tarde, ás 17:00 horas, os pasarrúas percorrerán as rúas da cidade con saídas desde tres puntos diferentes: a zona da Alameda, o barrio dos Muíños e o Auditorio...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña anuncia que esta fin de semana, sábado 24 e domingo 25 de outubro, os Plans con corazón chegan a Mondoñedo e Xove, lugares nos que disfrutar do seu patrimonio cultural e natural da man de guías locais. Baixo o título Mondoñedo das letras e da música desenvolverase o sábado unha actividade que consistirá nun paseo polos fondos literarios da localidade e pola memoria das súas persoas ilustres; e o domingo será a quenda de Xove, cun roteiro á beira do río Rigueira baixo o título O San Antonio da Rigueira e a ruta dos muíños.
“Quedan as últimas prazas libres para a actividade do domingo en Xove, mentres que a do sábado en Mondoñedo xa ten todas as prazas cubertas. As persoas interesadas deben formalizar a inscrición o antes posible a través do enlace:...
leer másO Pazo de San Tomé, de Mondoñedo acolle ata o 15 de novembro exposición fotográfica Gardiáns, de Jorge Arévalo, con máis de medio cento de imaxes sobre o traballo nas ganderías e a pegada dos animais na cultura.
“A mostra, promovida pola Federación Galega de Razas Autóctonas (Boaga) e financiada pola Vicepresidencia da Deputación, xurdiu como un percorrido por ganderías con animais de razas autóctonas, que o autor transcendeu para ofrecer unha ollada máis profunda e complexa a relación entre os animais e as persoas na cultura galega. Así as fotografías recollen escenas do traballo diario co gando, dos ciclos vitais dos animais ou as consecuencias dos lumes na actividade gandeira e tamén amosan a pegada dos animais na cultura a partir de celebracións como o Entroido. As imaxes compleméntanse con textos de Olga Novo e Alfonso Daniel...
leer másO director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa, xunto co delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Alfonso Villares, participaron en Mondoñedo na presentación de O son das campás no Camiño, unha iniciativa impulsada pola Asociación O Camiño Norte co apoio de Turismo de Galicia.
A Xunta de Galicia explica que O son das campás no Camiño “naceu coa vontade de fomentar o asociacionismo, a colaboración cidadá e a participación dos distintos axentes locais, recuperando unha tradición vinculada á historia e á identidade de Mondoñedo. Ao mesmo tempo, pretende converter o patrimonio sonoro local nun novo atractivo para as persoas que percorren o Camiño do Norte. O proxecto recupera o significado que historicamente tiveron as campás como elemento...
leer másAs feiras e festas de As San Lucas, que se celebran en Mondoñedo desde o ano 1156, serán deste o día 16 ata o 25 de outubro e comezarán co pregón do avogado Luis Rego Valcarce, que foi alcalde mindoniense do 1999 ao 2007. Será o venres 16 ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga.
Na presentación do evento participou o deputado provincial Daniel García, que destacou que As San Lucas de Mondoñedo celebrarán do 16 ao 25 de outubro a súa edición 870 e “seguen sumando edicións como unha das feiras máis antigas das que se celebran en Europa”. No acto, celebrado no Concello de Mondoñedo, a Asociación As San Lucas de Mondoñedo presentou o cartel, deseñado por Diego Núñez, e desvelou o programa de actividades musicais, lúdicas e divulgativas que acompañarán a baixada dos cabalos do 17 e a feira tradicional de gando do 18, con concertos de The...
leer másMondoñedo celebra as súas festas patronais na honra á Virxe dos Remedios desde este venres, día 11 de setembro, ata o luns 14.
As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas coa sexta edición do Festival Mamá quero Cantar, no auditorio municipal Pascual Veiga.
O sábado 12 ás 12:30 horas haberá o espectáculo infantil DiverS@S, con Bátega Teatro. Será no xardín da Igrexa dos Remedios. Ás 13;45 horas, sesión vermú na Alameda coa orquestra Miramar. Ás 14:00 horas actuará o grupo tradicional A Requinta de Lampai, na praza do Concello, organizado por Gaita Escola. Ás 17:30 horas haberá un obradoiro de iniciación ao baile tradicional (actividade aberta e de balde), tamén organizado por Gaita Escola. Ás 18:00 horas, espectáculo infantil A nena e o grilo camiño das cores no auditorio municipal. Ás 20:...
leer más












