Festival
O Concello de Cervo, coa colaboración de Tarabela Creativa, pon en marcha este venres, día 4 de setembro, a segunda edición do Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco.
Esta nova edición que percorrerá diferentes parroquias do municipio durante os venres de setembro, con historias para público infantil e adulto e unha gran gala final, anuncia o Concello de Cervo, que dá a coñecer o programa de actividades.
Este venres 4 ás 17:00 horas nas Escolas Vellas de Rúa, dentro do Programa Regato (para público infantil) Pablísimo ofrecerá Cabicivai; e ás 20:30 horas no Local Social do Burgo de Trasbar, dentro do Programa Río (para público adulto) estarán Ángeles Goás e Vero Rilo, con Contos colorados.
O 11 de setembro ás 17:00 horas no Local Social da Senra, dentro do ...
leer másO Concello de Xove anima a gozar da XL edición do Festival de San Bartolo, “unha das citas máis esperadas dentro do programa das festas patronais na honra de San Bartolo e a Virxe do Carme”. O festival, organizado un ano máis pola Asociación Cultural Saíñas de Xove, terá lugar o sábado, 29 de agosto, ás 19:30 horas, no Pavillón de Deportes de Xove e ofrecerá ao público “unha tarde de música, baile tradicional, festa e diversión”.
Nesta edición o programa contará coa actuación do grupo Xoaniña da A. C. Saíñas, que “volverá amosar o traballo que desenvolve a asociación a prol da conservación e difusión da nosa cultura e do noso folclore. Como grupo convidado, o festival contará coa presenza da Asociación Folclórica O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante, unha formación que achegará a Xove a súa música, os seus bailes e o seu saber facer...
leer másLourenzá converterase entre os días 20 e 26 de agosto nun punto de encontro para persoas interesadas na danza, o movemento e o contact improvisación coa celebración do X Festival Internacional de Contact Improvisación, unha proposta cultural que chega por primeira vez á localidade para achegar ao público unha disciplina baseada na improvisación, o contacto corporal, a escoita e o movemento compartido, anuncia a alcaldesa, Rocío López García.
O festival está organizado por Asturias Contact Festival e Almaiara Project, promovido pola Asociación Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento, de Marina Ural e Uxía Pedreira, e conta coa colaboración do Concello de Lourenzá. A cita reunirá participantes procedentes de diferentes puntos da xeografía española, entre eles Galicia, Valencia, León, Asturias, Valladolid, Madrid, Barcelona ou Euskadi,...
leer másA Coral Alborada, de Viveiro, anuncia a celebración do XL Festival de Música Coral este venres, día 14 de agosto, ás 21:00 horas na Praza Maior, coa participación das seguintes agrupacións: Coral Polifónica de Guntín-Taboada, Coral Polifónica de Lalín, Coro Xuvenil YanGu Tu e Coral Polifónica Alborada de Viveiro.
“Este festival está enmarcado dentro do programa cultural das festas patronais do noso concello, por iso agradecemos a colaboración e patrocinio do Concello de Viveiro para que este festival siga cumprindo moitos anos máis. Queremos tamén expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as agrupacións corais participantes e aos nosos fieis seguidores e colaboradores por facer posible este festival. A música cobra verdadeiro sentido cando se comparte en comunidade”, explica a Coral Alborada.
O luns 10 agosto a Praza do Souto, de San Miguel de Reinante, “converterase nun espazo máxico para toda a familia”, anuncia o Concello de Barreiros, que, coa colaboración da Área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, trae “unha gran gala de circo con pallaso, maxia, malabares, acrobacias aéreas e moito máis”.
Será ás 20:00 horas con entrada de balde ata completar aforo.
Este venres, día 7 de agosto, ás 20:00 horas celebrarase o I Festival Homenaxe aos Músicos do Val no parque Concepción Arenal, de Ferreira do Valadouro.
É un evento organizado pola asociación Ó Compás do Río Ouro, que anuncia: “será moi especial dado que contamos con moitas colaboracións musicais e artísticas percorrendo a historia musical do noso val. Entre moitos contamos con: Miro Casabella, Pablo Peláez & Juan Clemente Novo, o Dúo Hameenlinna (Blanca López Rubal & Raúl Saiz), músicos de orquestras como Los Mejoranos e Arcadio Nueva Ola (Luis Río, Antonio Mandiá, Juan Carlos García, Luis Fernández, Alfonso Maseda, Lino Rico, Eladio Bermúdez e José Eduardo Canoura), Edmundo Maseda, membros de gaita e percusión de Porto D'Ouro (Luis Miguel & compañía), as pandereteiras Medianas de Amadolar e, como non, a nosa Banda de Música...
leer másA Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncia que apoia a quinta edición do Festival de Cine Curto de Ribadeo, que foi presentado este mércores no cine ribadense e celebrarase desde este xoves, 6 de agosto, ata o sábado 8.
“O certame, organizado pola asociación Areas Movedizas, reúne na sección competitiva oito curtametraxes de Galiza e Asturias, que se proxectarán o venres 7 de agosto ás 20.00 horas no cine de Ribadeo. Trátase de producións de diferentes temáticas e estilos, cun percorrido destacado noutros festivais estatais, que competirán polo Premio do Xurado Profesional e polo Premio do Público”, explica a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A deputada provincial de Cultura, Iria Castro, amosou o seu apoio ás organizadoras do certame, valorando que “se consoliden iniciativas que inciden na distribución...
leer másA quinta edición do Festival de Cine Curto de Ribadeo desenvolverase desde este xoves, día 6 de agosto, ata o sábado 8.
As actividades comezarán o xoves no Parque San Francisco, onde ás 20:00 horas serán proxectadas as catro curtas gañadoras das anteriores edicións deste festival. E ás 21:30 horas haberá un concerto de O Xoán, que é o cantante e actor Xoán Fórneas.
O venres ás 20:00 horas en Cine Ribadeo terá lugar a proxección das curtametraxes seleccionadas para participar nesta edición do festival.
E o sábado, tamén ás 20:00 horas, pero nesta ocasión no Teatro de Ribadeo será a gala final na que se coñecerá a curta gañadora. Será presentada polo xornalista televisivo ribadense Fabián Pérez, participará o padriño do festival, Xoán Fórneas, e actuará a Coral Polifónica de Ribadeo, que...
leer másEste venres, 31 de xullo, tivo lugar a presentación oficial da XII edición do festival Osa do Mar, a cita musical que se celebrará en Burela do 3 ao 6 de setembro. O cartel combina artistas consolidados e novas promesas da escena estatal e galega, con nomes como Depedro, Anxo Ferreira, Éxtasis, Fillas de Casandra, Grande Osso, The Rapants, ou Ortiga, entre outros.
A presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, destacou que “o Osa do Mar é xa unha cita consolidada no noso calendario” e aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo da Asociación Cultural Fanto Fantini, organizadora do festival, “polo esforzo e a dedicación que cada ano fan posible un evento coma este que contribúe a dinamizar Burela, atraer visitantes e impulsar a música en directo”.
A deputada provincial de...
leer másO Concello de Cervo volverá apostar este próximo mes de setembro polo Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco, que celebrará a súa segunda edición, “mantendo a esencia e o formato que converteron esta proposta nun éxito entre o público”. Durante os venres do mes de setembro diferentes espazos e parroquias do municipio volverán encherse de contos, historias e tradición oral da man de destacados profesionais da narración oral galega, con sesións pensadas tanto para o público infantil -sesións regato- como para o adulto -sesións río-, rematando cunha gran gala final”.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, destacou durante a presentación na que estivo acompañada de Carmen Conde e de Diego Gallego, en representación da compañía Tarabela Creativa, que “este festival naceu coa vontade de achegar a cultura a todos os recunchos...
leer más












