Música coral

13/08/2026

A Coral Alborada, de Viveiro, anuncia a celebración do XL Festival de Música Coral este venres, día 14 de agosto, ás 21:00 horas na Praza Maior, coa participación das seguintes agrupacións: Coral Polifónica de Guntín-Taboada, Coral Polifónica de Lalín, Coro Xuvenil YanGu Tu e Coral Polifónica Alborada de Viveiro.

 “Este festival está enmarcado dentro do programa cultural das festas patronais do noso concello, por iso agradecemos a colaboración e patrocinio do Concello de Viveiro para que este festival siga cumprindo moitos anos máis. Queremos tamén expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as agrupacións corais participantes e aos nosos fieis seguidores e colaboradores por facer posible este festival. A música cobra verdadeiro sentido cando se comparte en comunidade”, explica a Coral Alborada.

Etiquetas:
18/12/2014
Este domingo celébrase en Foz o XII Encontro de Canto de Coral de Nadal. Terá lugar na Sala Bahía, a partir das 18:30 horas da tarde.

 

Foz acollerá esta semana o XII Encontro de Canto Coral de Nadal. Será o domingo, 21 de decembro, na Sala Bahía a partir das 18:30 horas. Nel participarán diferentes coros da vila coma o Coro Parroquial Virxe da Peregrina de Cordido, o Coro Parroquial de Cangas, o Coro Os Castros, tamén de Cangas; o Coro Parroquial de Foz, o Grupo Mar Aberto e a Coral Polifónica de Foz. O acto está organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz, quen esta mesma semana programou tamén a proxección do film Le Week-end no Cenima, o xoves 18, e o Festival en beneficio do Asilo de Anciáns, o sábado 20.