Libraría

Etiquetas:
21/10/2023

O venres 27 de outubro estará na Libraría Bahía, ás 20:30 horas, Celia Recarey.

Celia Recarey, ademais de tradutora, é editora de Irmás Cartoné, que  publica traducións ao galego de novelas de distintas tradicións literarias e de distintas épocas.

As súas traducións son exquisitas así como a propia edición das mesmas. Conta entre as súas autoras con nomes como Virginia Wolf, Silvia Plath ou Margaret Atwood.

Desde a Libraría Bahía explican que “falaremos con Celia sobre a vida dunha pequena editorial, a tradución literaria nos tempos da intelixencia artificial, a selección de títulos a editar, e moitos outros temas ben interesantes para calquera que ame a literatura”.

 

Etiquetas:
27/11/2022

O luns, 28 de novembro, ás oito e media da tarde, no marco das actividades do club de lectura A carón dos libros, na Libraría Bahía contarán coa presenza da escritora e académica María López Sández “coa que compartiremos conversa sobre a súa novela O faro escuro”, explican.

Esta é unha actividade aberta e gratuíta para todo o público que se queira achegar á libraría. Antes, esa mesma tarde, María estará no IES de Foz conversando co alumnado.

 

Etiquetas:
10/11/2021

O día 11 de novembro celébrase o Día das Librarías. Cielo Fernández, de Libraría Bahía, conta que “este ano por primeira vez neste día está permitido un 10% de desconto en todos os libros”.

E subliña que “na Libraría Bahía faremos este desconto, ademais de sacar os libros á rúa e animala con altavoces nos que soará durante toda a xornada música que, dalgún modo, garda relación cos libros e as librarías. Tamén sortearemos 5 mochilas infantís dun querido personaxe de conto das nenas e nenos”.

Cielo Fernández engade que “desde o gremio de Librarías de Galicia, e desde a Confederación de Gremios do Estado, pretendemos que este día colla cada vez máis forza e sirva para reforzar a imaxe das librarías como espazos que promoven a cultura, que crean valor cultural nas vilas e cidades, rexentados por profesionais que...

leer más