Eventos

Etiquetas:
13/11/2026

Este sábado, día 14 de novembro, haberá Guateque de Arruguiñas en Lieiro (Cervo). Será no Local Social desa parroquia desde as 20:00 horas.

O Concello de Cervo anuncia que será “unha nova tarde de música, baile e boa compañía no Local Social de Lieiro, con Manu Contre e Diego Muchy, ex-cantantes da Orquestra Salsarena. E para completar a festa, chocolate con churros! Coa colaboración da Asociación de Veciños Nosa Señora de Lieiro”.

Etiquetas:
13/11/2026

O Concello de Ribadeo, a través da Área de Igualdade, desenvolverá con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, unha programación “dirixida especialmente á sensibilización das novas xeracións e á implicación da cidadanía na loita contra as violencias machistas”.

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explicou que “as actividades inclúen o contacontos Botiboti, dirixido ao alumnado de Educación Primaria de 6 a 12 anos, que se realizará do 23 ao 27 de novembro, e a xincana educativa Caso 016. A xincana contra a violencia de xénero, destinada ao alumnado de 1º e 2º da ESO, que terá lugar do 16 ao 20 de novembro na Biblioteca Municipal. Ambas propostas buscan facilitar a identificación das situacións de violencia, promover relacións igualitarias e achegar ferramentas de prevención e...

leer más
13/11/2026

A escritora Lucía Ferro, de San Miguel de Reinante (Barreiros), presentará o libro titulado A faba e nós, de Alberto V. Serantes, en Lourenzá este sábado, 14 de novembro. Será ás 12:30 horas na Biblioteca Maravilhas, que está na Escola de Arroxo.

Despois da presentación do libro terá lugar o evento Xuntanza por un mundo mellor, sobre o cal a organización da actividade explica que “nalgún momento das nosas vidas todos somos vulnerables: na infancia, na vellez, na enfermidade ou cando o capitalismo nos abate con precaridade e usura. Hoxe vivimos con incerteza o futuro, por iso queremos xuntarnos para crear un mundo no que o coidado das persoas e o entorno sexan a prioridade. Vide a suxerir ideas, propoñer proxectos ou colaborar cos que xurdan, e creemos da nosa contorna un lugar máis confortable no que vivir”.

Etiquetas:
12/11/2026

O Concello, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá, organiza unha serie de actividades con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, co obxectivo de “promover a igualdade, a sensibilización e a prevención da violencia de xénero”.

A programación desenvolverase o mércores 25 de novembro e comezará ás 11:00 horas cun taller de defensa persoal para mulleres, impartido por Eladio Esteban Santalla, instrutor de defensa persoal e cinturón negro sexto dan de karate. “Unha actividade pensada para ofrecer ferramentas e recursos que contribúan a reforzar a seguridade e a confianza das participantes”, explica a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, que engade: “xa pola tarde, ás 17:30 horas, terá lugar a proxección do curtametraxe Juntas, e ás 18:00 horas celebrarase o...

leer más
Etiquetas:
11/11/2026

A  parroquia de San Acisclo, no municipio de Foz, celebrará as súas festas patronais esta fin de semana, sábado 14 e domingo 15 de novembro.

As actividades comezarán o sábado ás 21:00 horas con cea baile amenizada polo dúo Eclipse.

E o domingo celebrarase misa no local social da parroquia ás 13:00 horas. E despois haberá sesión vermú larga amenizada polo dúo Son do Val.

11/11/2026

O escritor e docente Francisco Piñeiro González será homenaxeado este sábado, día 14 de novembro, en Mondoñedo, concello do que é fillo predilecto. O acto será ás 18:30 horas no Auditorio municipal Pascual Veiga, con entrada libre

Haberá alocucións de Pepe Peinó, Francisco Cal Pardo, Xulio Xiz, Xosé Vicente Mon, Antón Caxoto, Bernardo Penabade e Alfonso Villares; música a cargo de J. Luis Rodríguez 'Rosino' e o grupo Acordeonistas da Mariña; entrega a Paco Piñeiro da distinción como Fillo Predilecto de Mondoñedo; e intervencións de Manuel A. Otero Legide, Antonio Reigosa e María Paz Rodríguez Silva.

Os asistentes recibirán un xornal monográfico de homenaxe a Paco Piñeiro.

Etiquetas:
11/11/2026

Na escola da parroquia de Xudán, do municipio de A Pontenova, celebrarase un magosto este sábado, día 14 de novembro, desde as 21:30 horas.

Está organizado pola Asociación de Veciños de Xudán, que anuncia que haberá “bingo e moitos regalos; castañas, música, baile e moito máis”.

Para participar hai que apuntarse previamente, o aforo é limitado e o prazo remata este mércores, 11 de novembro.

11/11/2026

O Grupo Senderismo Xove organiza unha ruta pola Fraga Vella, de Mondoñedo a Abadín, para este domingo, día 15 de novembro.

A distancia é de 10 quilómetros, con dificultade baixa e duración estimada é de 3 horas..

A saída está programada  para as  10:30 horas e para participar hai que inscribirse previamente. O prazo remata este mércores, 11 de novembro.

10/11/2026

Saldoira, no municipio da Pontenova, celebrará un magosto este sábado, día 14 de novembro, desde as 14:00 horas. Haberá comida, baile e queimada popular.

Para participar hai que anotarse previamente e o prazo remata este mércores, 11 de novembro.

Etiquetas:
10/11/2026

A parroquia ribadense de Vilaframil celebrará a súa terceira Festa do Magosto este domingo, día 15 de novembro.

Está organizada pola Asociación Veciñal de Vilaframil e será na escola da parroquia a partir das 17 horas. Estará amenizada polos grupos Ecos del Ayer e Cotovía Cantos de Taberna.

A merenda será de balde para os socios do colectivo organizador e os que non o son deberán pagar 5 euros.