Eventos
A Asociación de Festexos A Medorra organiza un ano máis a XIII Festa do Percebe, unha cita xa consolidada no calendario estival do municipio e que terá lugar o sábado 18 de xullo na praza do Centro Cívico de Xove.
O Concello de Xove anuncia que “a xornada dará comezo ás 12.00 horas co acto inaugural e o pregón, que nesta edición correrá a cargo da conselleira do Mar, Marta Villaverde, quen será a encargada de abrir oficialmente unha festa dedicada á exaltación dun dos produtos máis apreciados da nosa costa. Ao longo de toda a xornada, veciños e visitantes poderán degustar percebe de excelente calidade, procedente das nosas costas, recoñecido polo seu extraordinario sabor e pola súa frescura, converténdose nun dos grandes protagonistas gastronómicos do verán mariñán. O ambiente festivo estará garantido coa animación musical de Os Charangos...
leer másA Cooperativa Terras da Mariña, que tes a súa sede en Lourenzá, organiza unha xornada de portas abertas para este xoves, día 9 de xullo: “convidámoste a coñecer de preto todo o que facemos. Visita ás nosas instalacións. Froitas e verduras de tempada, recén chegadas dende orixe. Degustación de froitas elaboradas polo cociñeiro Bruno Pena; información sobre a nosa gama de pensos NUDESA para vacún, porcino, avícola, equino e moito máis.
A xornada de portas abertas será de 10:00 a 13:00 horas e a charla informativa co equipo de NUDESA está programada para as 13:30 horas.
O Concello de Xove, a través da Concellería de Turismo e Medio Ambiente, presenta o cartel das rutas guiadas que se levarán a cabo durante este verán co obxectivo de dar a coñecer a riqueza natural, xeolóxica, histórica e patrimonial do municipio. A iniciativa, organizada en colaboración coa empresa Rutas Galicia Norte, inclúe catro percorridos gratuítos que “permitirán aos participantes descubrir algúns dos espazos máis singulares de Xove dende unha perspectiva divulgativa e sostible”.
O programa desenvolverase entre os meses de xullo e agosto e inclúe as seguintes rutas: 16 de xullo, Ruta dos Muíños da A Rigueira; 30 de xullo, Os Acantilados de Papel, costa con narrativa; 7 de agosto, San Tirso de Portocelo, un enclave único; e 21 de agosto, Esteiro de Xove, unha xeoloxía singular.
... leer másAs XXIV Xornadas de Historia Local organizadas en Ribadeo pola Agrupación Cultural Francisco Lanza serán os días 29 e 30 de xullo, mércores e xoves, e estarán dedicadas a Hernán Naval co título Música, pobo e compromiso.
A Agrupación Cultural Francisco Lanza anuncia as XXIV Xornadas de Historia Local, “dedicadas á figura de Hernán Naval e o seu legado como docente da música e como activista social e cultural. Todas as sesións vanse desenvolver na Escola de Música, o mércores 29 e o xoves 30 de xullo, a partir das 20:30 horas”.
O mércores 29 de xullo ás 20:30 horas no Claustro da Escola de Música haberá unha semblanza da figura de Hernán Naval feita por Rubén Solloso e titulada A música, piar da sociedade. E tamén terá lugar un concerto de cámara a cargo do grupo Naval Ensemble, formado por Nicolás Gómez...
leer másO Concello de Cervo anuncia que San Ciprián volverá render homenaxe á Virxe do Carme cun amplo programa de actividades que se desenvolverá entre os días 11 e 18 de xullo.
As celebracións arrancarán este sábado, día 11 de xullo, coa tradicional Gran Mexillonada Popular, organizada pola Asociación Amigos da Maruxaina, na Praza dos Campos, a partir das 20:00 horas.
O mércores 15, primeiro día grande das festas, haberá sesión vermú coa orquestra Supertop. Pola tarde celebrarase a misa solemne na igrexa parroquial de Lieiro, cantada pola Coral Terramar, á que seguirá a tradicional baixada da Virxe do Carme ata o peirao, organizada pola asociación Mar de San Ciprián, acompañada pola Banda San Inocencio de Burela e polo grupo de gaitas de A Rebolaxe. “Durante este emotivo acto renderase unha homenaxe a Luis Orive López...
leer másDúas serán as xornadas nas que estará pechada ás visitas a praia das Catedrais para unha rodaxe en xullo: os días 15 e 16. Así llo comunicou a Xunta ao Concello de Ribadeo.
O alcalde, Dani Vega, asegurou este martes que “a Xunta enviará as comunicacións a todas as persoas que poden expedir pases para visitar As Catedrais: taxistas, hoteis, etc… para que saiban que se van liberar as autorizacións para poder acceder ao areal os días 14 e 17 de xullo”. Este mércores, 8 de xullo, será cando se proceda a abrir de novo esas datas.
O rexedor explicou que “Amazon Prime solicitou catro días de peche da praia das Catedrais, pero a Xunta desde o primeiro momento lle dixo que tiña qué aclarar qué dúas xornadas exactamente ían ser. Procedeu a bloquear catro datas ata ter a confirmación exacta por parte da empresa, pero só...
leer másA Peña Ñasss e a comparsa As Farangullas organizan a Sardiñasss en Foz este sábado, día 11 de xullo, desde as 19:00 horas. A música será a cargo do dúo de DJ´s Grande Osso.
“Xa está aquí a Sardiñasss ‘26. O clásico dos clásicos do verán focego.
Pan, sardiñas, bolo preñado, cachelos e viño ou auga. No Paseo da Ribeira (ao lado de Portochico). E despois, queimada popular de balde.
Todo isto e moita festa co bar das Faragullas e cos inimitables Grande Osso para un sábado marabilloso”, anuncia a organización.
A décimo novena Feira Renacentista de Viveiro celebrarase os días 10, 11 e 12 de xullo cunha programación na que se incluirán o mercado, música, animación de rúa, espectáculos e actividades para o público infantil.
O Concello de Viveiro anuncia que “a Feira Renacentista será presentada o xoves 9 ás 20.00 horas nos Claustros de San Francisco. Nesta actividade participarán personaxes caracterizados de época que levarán a cabo una interpretación teatral. La avenida de Cervantes pecharase desde o venres para dar cabida ao os postos de venda. O ano pasado houbo 41 e este ano case noventa teñen confirmada a presenza na Feira Renacentista, polo que será necesario acondicionar máis espazo. A vía abrirase para servizos e tarefas de limpeza de 7.00 a 10.00 horas”.
“A xornada inaugural terá lugar o venres 10 de xullo....
leer másA parroquia de Santa Cilla, no municipio de Foz, celebrarás festas na honra da Virxe do Carme esta fin de semana, desde o venres 10 ata o domingo 12 de xullo.
As actividades comezarán o venres ás 21 horas con Churrascada e Chourizada amenizada polo grupo Lume e a orquestra Capitol.
O sábado ás 14 horas haberá sesión vermú a cargo do grupo Montreal, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo La Tremenda.
E o domingo ás 13 horas celebrarase misa solemne, procesión e sesión vermú no campo da festa a cargo do dúo Belinda, que tamén ofrecerá unha sesión de tarde desde as 19 horas.
A organización dos festexos tamén anuncia que o domingo a partir das 19 horas haberá inchables gratis para os nenos, que o recinto estará cuberto con carpa e que dispoñen de amplos...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) destaca o esforzo económico que realiza no marco da coorganizacion do Ribadeo Indiano investindo máis de 35.000 euros na décimo primeira edición deste evento histórico cultural. A vila vístese estes días de branco para gozar dunha cita, que se desenvolverá esta fin de semana do venres 10 ao domingo 12 de xullo.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “as rúas, prazas, rotondas xa están decorándose desde hoxe, aparcamentos a punto, escenarios a piques de estar listos... o XI Ribadeo Indiano xa está aquí. Este ano 2026 con motivo da celebración da undécima edición, e grazas ás axudas obtidas, Acisa Ribadeo fai un novo esforzo e inviste arredor de 35.000 euros. Ben merece a pena porque estamos ante a fin de semana máis agardada por todo o tecido empresarial...
leer más












