Tute
A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), organiza un campionato de tute a partir do 5 de novembro e que se xogará o primeiro e terceiro domingo de cada mes a partir das 18:00 horas no local social de Bravos (Ourol).
Para inscribirse hai que enviar unha mensaxe de WhatsApp ao número de teléfono 661.866.552. O prazo remata o 29 de outubro.
A organización explica que “o número de parellas participantes será de oito; así que non te demores”.
O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, conta cunha gran participación no xa tradicional campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.
As partidas, que deron comezo o pasado luns 23 de xaneiro, prolongaranse ata o próximo mes de marzo e contan con ao redor de 40 mulleres do municipio, divididas en 11 parellas de tute e 8 parellas de parchís.
As gañadoras do primeiro, segundo e terceiro posto de cada categoría recibirán un trofeo de cerámica de Sargadelos o sábado 11 de marzo na cea do Día da Muller, que dará por finalizada a competición.
Dende o Concello de Cervo e, especialmente, a edil responsable da delegación de Muller, Pilar Armada “agradecen a participación de todas as mulleres que forman parte do...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.
Tal e como apuntou Armada, o prazo para anotarse xa está aberto; e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse ata o venres, 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57”.
As competicións comezarán o 3 de febreiro na cafetería da Casa do Mar e prolongarase durante todo ese mes.
Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse na cea do Día da Muller, con data aínda por determinar.
A Praza dos Campos de San Ciprián acollerá o sábado 18 de maio o 1º Open de Tute Concello de Cervo, organizado pola asociación de veciños “Cruz da Venta” de San Ciprián e polo Telvi´s Local Place, coa colaboración do Concello de Cervo.
O campionato foi presentado polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, por Etelvino Cordido “Telvi” e por José Luís Sariego, en representación da asociación de veciños.
O Open comezará ás 16:00 horas e ás 2:30 horas están previstas as finais e a entrega de premios.
As persoas interesadas poden anotarse no teléfono 630 75 47 76. O prezo da inscrición é de 120 euros por parella, íntegros para premios e con cea incluída. Haberá obsequios para todos os participantes, e sortearase ceas, noites de hotel e diferentes regalos e lotes de...
leer másA cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto e por Félix Fernández, quen colabora desinteresadamente e que leva ao fronte do campionato dende os seus inicios.
A cita, xa máis que consolidada adoita reunir a un centenar de xogadores..
Tal e como apuntaron as partidas xogaranse nos diferentes locais hostaleiros e sedes de clubs, asociacións., etc, do Concello que desexen participar, formando equipos de catro parellas.
As partidas ou enfrontamentos realizaranse por sistema de liga, é dicir todos contra todos, a dobre volta, en cada un dos locais que establezan os equipos participantes.
As inscricións deberán formalizarse antes do 17 de outubro na Casa da Cultura, no Concello, ou a través do teléfono 686.970.388...
leer másA Casa do Mar de San Ciprián está a acoller estes días o campionato de tute e parchís, que organiza o Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade, con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebrará o 10 de marzo.
Están xogando, en horario de mañá e tarde, 20 parellas, 10 ao parchís e 10 ao tute.
A edil delegada de Muller, Pilar Armada, sinalou que “as gañadoras recibirán os correspondentes trofeos na Cea do Día da Muller, que terá lugar no Restaurante Buenavista, o sábado 10 de marzo, ás 22:00 horas; alí entregaremos unha figura de Sargadelos a cada unha das integrantes, das tres mellores parellas de cada disciplina”.
Armada destacou que hai motísima afección por parte das mulleres de Cervo tanto polo tute como parchís e boa mostra diso son os anos que...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.
Tal e como apuntou Armada, o prazo para anotarse xa está aberto; e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse ata o vindeiro mércores, 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57”.
As competicións comezarán o 5 de febreiro na cafetería da Casa do Mar e prolongararse durante todo ese mes.
Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse na cea do Día da Muller, o 10 de marzo.
As diferentes Asociacións de Mulleres de San Ciprián reuniranse en datas próximas para definir o programa completo para...
leer másA S.D. Xove F.S. xunto coa Cervecería-Pizzería Onde Sempre de Xove están a organizar a I MARATÓN DE TUTE “ONDE SEMPRE XOVE FS”, cita que se vai a desenvolver o vindeiro 8 de decembro a partires das 11:00 horas no pavillón municipal de deportes de Xove.
A inscrición vai a costar 80 € por parella; a mesma xa está aberta e pódese facer no seguinte contacto: CARLOS (CARRETE): 605 791 777 O límite para inscribirse é o mércores 6 de decembro (incluído). A inscrición inclúe a comida para tódolos/as participantes, que se vai realizar ás 14:30 horas no propio Pavillón.
A previsión é que haxa 128 parellas; no caso de que a organización non consiga esas 128 parellas, o premio verase reducido proporcionalmente.
Ademáis dos importantes premios previstos para Maratón, a organización vai a realizar sorteos especiais...
O XXIII Campionato de Tute Concello de Cervo reunirá a un centenar de xogadores. A competición comezará o vindeiro martes, 24 de outubro, e prolongarase ata o 21 de decembro.
A cita, xa máis que consolidada, foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto e por Félix Fernández, persoa que colabora desinteresadamente e que leva ao fronte do campionato dende os seus inicios.
Tal e como apuntaron as partidas xogaranse nos diferentes locais hostaleiros e asociacións do Concello que se sumaron á iniciativa; formando equipos de catro parellas.
Os establecementos escenario das partidas que se desputarán, salvo excepcións, cada martes e xoves son: Mesón A Ría, O Trasgo, O Almacén, Telvi´s Place, Atxuri, As Titas, A Cerve, Río de Oro, O Castelo e o...
leer más