A Pontenova

11/06/2026

A Praza dos Fornos da Pontenova acollerá esta fin de semana, sábado 13 e domingo 14 de xuño, a novena edición da Foliada A Chocolateira, organizada pola Asociación Musical A Chocolateira coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello da Pontenova.

O deputado de Mocidade, Daniel García, achegouse á Pontenova, onde recoñeceu e agradeceu o traballo das organizadoras do evento, que ultiman os preparativos para unha fin de semana festiva arredor da música tradicional.

A Praza dos Fornos encherase de actividade con actuacións musicais de A Chocolateira, Foliada de Bosente e Comando Curuxás, xogos tradicionais da man de Xotramu e Troitas Bravas, un obradoiro de baile con Marina Rancaño, un espectáculo de circo e clown con MeRE-CIDAMENTE ou un obradoiro de creación de chapas, distribuídos ao longo...

leer más
Etiquetas:
11/06/2026

Acebro, no municipio de A Pontenova celebrará as festas na honra a San Antοnio os días 12 e 13 de xuño, venres e sábado.

As actividades comezarán o venres ás 21:30 horas cunha churrascada popular e haberá tamén verbena amenizada polo dúo Eclipse.

E o sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e a continuación haberá sesión vermú amenizada polo grupo Montreal, que tamén actuará na verbena.

O campo da festa estará cuberto con carpa.

 

Etiquetas:
09/06/2026

A Escola Municipal de Teatro de A Pontenova presenta a obra titulada Inquisítame Outra Vez. Será este domingo, día 14 de xuño, ás 19:30 horas na Casa da Cultura de A Pontenova.

O Concello da Pontenova anuncia que é “unha nova proposta teatral que non vos deixará indiferentes. Unha cita imprescindible para gozar do talento local e dunha tarde de teatro en compañía. Agardámosvos para compartir unha xornada chea de emoción, interpretación e cultura”.

07/06/2026

O Concello de A Pontenova organiza un obradoiro de técnicas básicas de flores secas para o día 10 de xuño, mércores, de 17:00 a 20:00 horas no Local das Sociedades, concretamente no do CIT.

Para participar é necesario que inscribirse previamente a través do teléfono 982.342.277 e hai un máximo de 15 prazas.

06/06/2026

A película documental titulada A Cantinera (Os Alonso de Miudes), dirixida por Abel Pérez Méndez, será proxectada no auditorio da Casa da Cultura da Pontenova o domingo 14 de xuño ás 12:00 horas

A asociación Eco das Minas, da Pontenova, anuncia que “a IX Foliada A Chocolateira é un lugar de encontro cultural tanto musical como audiovisual, e sempre coa intención de recordar os e as nos@s precursor@s que deixaron tanta música tradicional por toda a nosa zona e arredores. Así pois o domingo 14 ás 12:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura, enmarcado dentro do noso programa foliadeiro, proxección da película documental dirixida por Abel Mialma Producióis A Cantinera ( Os Alonso de Miudes). Vide coñecer a fermosa historia desta familia de músicos de Miudes”.

04/06/2026

A Pontenova celebrará as festas na honra a San Esteban esta fin de semana, venres 5 e sábado 6 de xuño

As actividades comezarán o venres ás 21.30 horas con churrascada popular. E desde as 23:30 horas haberá verbena amenizada pola orquestra Supertop.

E para o sábado está programado un pasacalles a cargo do grupo de gaitas A Chocolateira, misa solemne ás 13:15 horas e despois procesión e sesión vermú co dúo Belinda, que tamén amenizará a verbena desde as 23:30 horas.

O campo da festa estará cuberto con carpa.

24/05/2026

A Asociación Carro Tarabelo, en colaboración con Alfa España, EPOC España (Asociación Española de Pacientes e Coidadores de EPOC) e o Concello da Pontenova, organiza o día 6 de xuño, sábado, a Ruta Galaico-Asturiana, unha xornada de concienciación sobre a EPOC e o Déficit de Alfa-1 Antitripsina.

A actividade incluirá unha ruta de sendeirismo de dificultade baixa-media entre San Tirso de Abres e A Pontenova, así como unha comida comunitaria ao remate do percorrido.

Para participar hai que inscribirse previamente e o prazo remata o 3 de xuño.

A organización anuncia que proporcionarán apoio en coche “para axudar a quen o precise ao longo da ruta, promovendo así unha participación máis accesible”.

19/05/2026

O Concello de A Pontenova homenaxeará este mércores, día 20 de maio, a Xesús Vázquez Gayoso, que naceu en Vilaodrid no ano 1909 e foi ministro da Segunda República no exilio e “exemplo de compromiso democrático”, destaca o Concello de A Pontenova, que engade: “un pobo que honra a súa memoria mantén viva a súa historia”.

O acto será ás 20:00 horas na Praza dos Fornos.

17/05/2026

A décimo sétima edición da Concentración de Sendeirismo A Pontenova será o día 23 de maio, sábado. Está organizada pola asociación Carro Tarabelo e o Concello da Pontenova, que explican que o percorrido será de Sanxés a Bogo, con 9,4 quilómetros de distancia e dificultade media. Tamén indican que “é recomendable utilizar calzado cómodo e que teña un bo agarre, así como bastóns de trekking”.

Ás 09:00 horas será a concentración dos participantes na Praza dos Fornos e media hora despois sairán cara ó comezo da ruta. Para as 15:00 horas está previsto o remate da andaina e xantar na Praza dos Fornos a base de bolos de liscos, bolos preñados, postre e auga. E ás 16:00 horas farase un sorteo de varios agasallos entre os participantes: prendas de trekking, ceas para 2 persoas, estancias de 1 noite para 2 persoas, vale regalo para visitar a Mina...

leer más
08/05/2026

Este sábado, día 9 de maio, será presentada na Pontenova a asociación Carro Tarabelo. O acto será ás 20:00 horas na Casa da Cultura.

Os promotores de Carro Tarabelo explican que é unha asociación “creada dende o corazón para poñer en valor e compartir o tesouro máis grande que temos: a nosa historia, a nosa natureza e a nosa cultura. Queremos camiñar contigo, aprender xuntos e redescubrir as nosas raíces a través de rutas interpretativas, obradoiros tradicionais, charlas e moito máis... Agardámoste na nosa presentación oficial. É un acto aberto a todas as persoas que queiran sumar, coñecer ou simplemente compartir un anaco de ilusión”.