A Pontenova

19/02/2024

A escultura dunha troita máis grande do mundo, que terá 8 metros de altura, estará na Pontenova e será inaugurada o día 30 de abril, sábado. O acto será xusto antes do pregón da XLIV Festa da Troita, que correrá a cargo de Odile Rodríguez de la Fuente (filla de Félix Rodríguez de la Fuente). 

A escultura está sendo realizada polos alumnos de soldadura e caldeiraría do IES Enrique Muruais, da Pontenova, e será colocada á beira do Eo, á altura do Pozo da Ola, “para que a xente poida facer fotos e se vexa dende a estrada, tanto entrando dende Ribadeo como vindo de Lugo”, explica o presidente do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) de A Pontenova, Francisco Javier Rois Freijo.

Etiquetas:
17/02/2024

A localidade de Sanxés, no concello de A Pontenova, celebrará as súas festas na honra do Santo Anxo os días 2 e 3 de marzo.

As actividades empezarán o sábado 2 ás 13:30 horas coa misa solemne e continuación haberá sesión vermú co grupo Los Adrianos y Patrimarca, que tamén amenizará a verbena xunto con Airiños de Compostela.

E para o domingo 3 está programada sesión vermú co grupo Los Adrianos y Patrimarca. 
Haberá campo cuberto con carpa e servizo de bar.

15/02/2024

O Concello da Pontenova anuncia que está aberto o prazo para inscribirse nos Obradoiros de Dixitalización do INECO, que se desenvolverán do 19 ao 28 de febreiro na Casa da Cultura, e explica que os participantes aprenderán “a traballar coa banca dixital e compra online: bizum, declaración da renda, modos de pago; a manexarse coas diferentes plataformas de saúde pública: citas médicas, informes médicos; a conseguir/renovar o certificado dixital; entre outras cousas”.

As persoas interesadas en participar poden chamar ao teléfono do Concello da Pontenova, que é o 982.34.22.77.

 

Etiquetas:
12/02/2024

A Asociación Cultural Deportiva As Minas organiza a terceira edición do Trail As Minas na Pontenova para o 24 de marzo, domingo, desde as 10:30 horas.

O trail terá unha distancia de 18 quilómetros e tamén haberá unha andaina de 5 quilómetros. A saída será desde a Praza dos Fornos.

As persoas interesadas en máis información poden consultala na páxina web www.ccnorte.com.

 

Etiquetas:
06/02/2024

A Pontenova celebrará este sábado, 10 de febreiro, unha ruta de tapas de Entroido, na que participan seis establecementos hostaleiros: O Lar de Balbina, Sidrería A Mina, Cafetería Casa da Cultura, Rony Bar, Bar Puente e Restaurante San Briz.

Entre os clientes que selen a súa tarxeta en todos os establecementos sortearanse vales regalo de 50 euros para gastar no comercio da Pontenova.

É unha iniciativa organizada polo Centro de Iniciativas Turísticas da Pontenova coa colaboración do Concello.

 

Etiquetas:
04/02/2024

La asociación motera Motoreo organiza un campeonato de tute en A Pontenova para el día 2 de marzo, sábado. Se disputará desde las 19:00 horas en el Local de Sociedades.

Podrán participar un máximo de 64 parejas y las inscripciones deben hacerse a través de los teléfonos 676.47.95.84 o 617.93.55.56.

 

31/01/2024

A Pontenova celebrará un Carnaval infantil o domingo 11 de febreiro a partir das 17:00 horas no pavillón municipal Tito Margaride. Haberá xogos música e baile.

Está organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) de A Pontenova coa colaboración do Concello.

 

30/01/2024

A Casa da Cultura da Pontenova acollerá desde este venres, 2 de febreiro, unha actividade de ximnasia de mantemento de 17:00 a 18:00 horas, que se desenvolverá nese mesmo horario os seguintes venres. A inscrición pode facerse a través dalgún destes teléfonos: 982.34.22.77 ou 659.98.84.51. É unha actividade de promoción do deporte que se inclúe no programa Xunt@s de impulso da participación cidadá e asociacionismo na provincia promovido pola Deputación de Lugo.

Dentro deste mesmo programa tamén este venres, 2 de febreiro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura da Pontenova terá lugar unha xornada sobre nutrición e hábitos saudables.  

 

Etiquetas:
21/01/2024

A aula da Casa da Cultura de A Pontenova acollerá un curso de auxiliar de axuda no domicilio, cunha duración de 480 horas. Está organizado polo Concello de A Pontenova e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (FADEMUR).

As persoas interesadas en participar deben anotarse antes do 24 de xaneiro contactando con Verónica ou Mari Carmen nos teléfonos 617.67.68.79 e 629.37.62.42 respectivamente.

Etiquetas:
18/01/2024

A Escola Municipal de Teatro da Pontenova presentará na Casa da Cultura da localidade a obra titulada “Pontenova Fassion Wii” o sábado 27 de xaneiro ás 21:00 horas.

Trátase dunha comedia para todos os públicos escrita por Guillermo Cancelo e a sinopse é: “A deseñadora Carme Fouzas, natural da Pontenova, recibe o Premio Nacional de Deseño de Moda, ocasión que aproveita a alcaldesa dese Concello para organizar un desfile e, dese xeito, desviar a opinión pública local da maraña de corrupción urbanística na que se atopa. O traballo da deseñadora chama a atención do mesmísimo Benancio Hortera, o cal fará todo o que faga falta para que eses deseños formen parte da súa nova colección”.