Documental

Etiquetas:
28/11/2023

A localidade de Xove acollerá o vindeiro venres 1 de decembro a proxección do documental 'Xove, Democracia Nuclear'. Este traballo xornalístico está dirixido polo xornalista leonés Pedro Lechuga Mallo, quen contou coa colaboración da Asociación de Prensa de Lugo para a súa gravación. Este documental recupera a través dos medios de comunicación en novembro de 1973 as historias vividas na Mariña cando foi público o proxecto de construción dunha central nuclear en Xove. Recollen os testemuños de quince persoas vinculadas á mobilización, veciños e persoas relacionadas co nacionalismo, o Sindicato Labrego Galego, xornalistas e profesores, ademais do entón alcalde de Xove, Jesús López González.

A proxección terá lugar a partir das 20:00 horas no salón de actos do Centro Cívico, sendo a entrada gratuíta até completar aforo. Este evento é posible...

leer más
22/11/2023

O documental titulado “Xove, democracia nuclear” proxectarase en Ferreira do Valadouro este sábado, 25 de novembro, ás 19:00 horas. Será no salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro, con entrada de balde.

Este documental, de Pedro Lechuga Mallo, forma parte do proxecto a nivel nacional denominado Democracia Nuclear, que ten como obxectivo recuperar as historias das diferentes mobilizacións antinucleares xurdidas en España nos anos setenta.

Etiquetas:
21/11/2023

No salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela presentouse o documental “A Festa do Carme nos portos da Mariña de Lugo”.

A Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo levou a cabo este proxecto grazas ao convenio suscrito coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia, no que se fai un percorrido pola historia das celebracións que se dedican á Virxe dos Mares desde as confrarías da costa de Lugo: procesións, misas, tallas, ofrendas florais e mesmo ofrendas submarinas.

O presidente da Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo, Basilio Otero, acompañado da xefa territorial da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, Mariña Gueimunde, e da alcaldesa de Burela, Carmela López; presentaron o documental, que ao longo duns 40 minutos repasa a historia, o pasado e o presente destas celebracións de fondo...

leer más
07/11/2023

En consonancia cos seus obxectivos de promoción e defensa dos dereitos como a saúde así como de colaboración con outros colectivos que traballan na mesma liña, o Foro Social da Mariña organiza a proxección do filme Agromantes, con guión e dirección de Cora Peña, o xoves 9 de novembro ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao (Cervo).

Agromantes é unha obra audiovisual que mestura a ficción e o documental, cunha duración de 72 minutos. Aborda o tema da saúde mental a partir dunha situación na que un grupo de persoas comparten as súas experiencias de loucura e psiquiatrización nun xogo de escenificación improvisada.

Rematada a proxección haberá un coloquio no que intervirán por videoconferencia a directora do filme e algúns integrantes do mesmo.

Etiquetas:
27/09/2023

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o 6 de outubro ás 20:00 horas no Cenima, de Foz, a proxección dun documental sobre a loita dos veciños da Mariña contra a central nuclear de Xove. 

O acto estará introducido por un dos protagonistas daqueles feitos, o viveirense Francisco Luís Rodríguez Guerreiro.

 

08/08/2023

Mariña Patrimonio, en colaboración co Concello de O Valadouro, organiza para o domingo 13 de agosto a proxección do documental “Segadores da Órrea en terras de Castela.Unha historia de heroes” promovido pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea (Riotorto) e dirixido pola xornalista Vanesa Gómez xunto coa deseñadora e fotógrafa Laura Alonso.

O documental recolle o testemuño de trinta e un veciños da parroquia da Órrea, que se desprazaban nos meses do verán a Castela para realizar os traballos da sega; unha migración de tempada que moitos miles de galegos protagonizaron ao longo de trescentos anos e que perdurou ata os anos 60 do pasado século XX.

Esta película documental posúe un gran valor antropolóxico, sociocultural e histórico, recoñecido nas diferentes proxeccións realizadas en Galicia e...

leer más
02/06/2023

Nova convocatoria da Delegación de Cultura do Concello do Valadouro. Nesta ocasión presentan a proxección do documental Ecos da Galerna do 61 este sábado, 3 de xuño, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo do Concello do Valadouro. Entrada de balde.

Sinopse:
O mes de xullo do 61 quedou marcado a madeira, morte e salitre na memoria colectiva dos pobos mariñeiros dende Brest ata Ferrol de tal xeito que agora, 60 anos despois, e cando xa moitos dos protagonistas que sairon con vida daquela terrible experiencia que foi pasar unha galerna non están entre nós, perviven na transmisión oral moitos feitos e anécdotas do acontecido en alta mar e nos portos aos que ían chegando barcos desfeitos e novas de vivos e mortos.

Como homenaxe a tódolos mariñeiros e ás súas familias, e co obxectivo...

leer más
27/05/2023

O Teatro Pastor Díaz acolle o venres 2 e o sábado 3 de xuño, ás 20:30 horas, a esperada estrea da primeira e segunda parte do documental “Viveiro a través do tempo”, unha peza dos curmáns David e Diego de Bartolomé que recolle os 900 nos de historia da vila e que conta coa colaboración do Concello de Viveiro e da Deputación de Lugo.

Esta obra, que se comezou a artellar no ano 2018 e que sufriu diferentes cambios por mor da pandemia, naceu coa idea de que “crear un proxecto documental que englobara a historia de Viveiro contada polos seus veciños e por residentes” coa participación de máis de cen persoas e con numerosa documentación de fotografías, gravacións e entrevistas persoais. 

A alcaldesa Maria Loureiro García e incluso unha sentida homenaxe dos seus fillos Melchor e Iván Roel ao finado alcalde Melchor Roel...

leer más
26/05/2023

O venres, 2 de xuño, ás 21:00 horas a Casa da Cultura da Pontenova acollerá a proxección do documental Segadores da Órrea en Terras de Castela: unha historia de heroes.

Trátase dun feito histórico, social, antropolóxico e cultural narrado por trinta e un homes e mulleres que o viviron en primeira persoa procedentes da parroquia de Santa Comba da Órrea, Riotorto (A Terra de Miranda).

O evento está organizado pola asociación musical A Chocolateira, Concello da Pontenova, Deputación de Lugo e Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea.

 

21/03/2023

Este venres, 24 de marzo, ás 20:30 horas na Casa do Viejo Pancho, terá lugar a presentación do documental "Camarada Fraga: memoria dun franquista". 

Desde a Agrupación Francisco Lanza sinalan que “presentará o acto a nosa compañeira de directiva, María Luisa Mon Bellón; conducirá o mesmo, dándonos detalles do documental, Manuel Monge González, membro da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.