Burela

Etiquetas:
30/10/2026

O Concello de Burela anuncia que este sábado, día 31 de outubro, a Praza de Abastos “converterase no punto de encontro dunha tarde chea de tradicións, cultura e actividades para gozar en familia. A xornada comezará ás 16:30 horas e contará con propostas para todas as idades”.

Haberá obradoiros de cabazas, bonecos de millo e bonecas da vella, xogos tradicionais, chocolatada e a charla de Lidia Mariño titulada A Noite de Ánimas explicada para nenos. Tampouco faltarán o Canto da Sinistra Compaña, coa Coral Polifónica de Burela, e a tradicional Procesión das Ánimas, que percorrerá a Praza da Mariña. “Anímate a participar e, se podes, ven vestido/a de ánima (saba branca) para formar parte da procesión!”, indica o Concello de Burela, que colabora nesta iniciativa organizada pola asociación Arume “para manter vivas as nosas...

leer más
29/10/2026

O Concello de Burela impartirá do 9 ao 16 de novembro na Casa do Concello un curso dirixido a persoas estranxeiras que “ten como obxectivo facilitar a súa integración na contorna. A formación serve ademais de apoio para solicitar o informe de esforzo de integración que emite a Xunta de Galicia, un documento válido nos procesos de renovación de autorizacións de residencia”.

As sesións terán lugar todos os días, de 9:30 a 13:30 horas, e serán impartidas pola técnica de inmigración do Concello, Conchita Pernas.

Esta actividade forma parte do programa de inclusión social da poboación inmigrante e desenvóvese no marco das subvencións a entidades locais para programas de inclusión social para os anos 2025 ao 2027, cofinanaciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

...

leer más
Etiquetas:
29/10/2026

Burela acolleu este xoves a presentación da campaña que teñen en marcha a Federación de Comercio e a Deputación de Lugo para promocionar as compras no pequeno comercio. Nesta edición o reclamo é un vehículo MG3 Hybrid+, que se sorteará o 3 de decembro ante notario no Pazo de San Marcos. A campaña está a ter unha gran acollida e dende que se puxo en marcha, o 20 de outubro, xa se rexistraron para participar no sorteo máis de 7.000 boletos de compra.

A campaña foi presentada na localidade mariñá este xoves polo presidente da Federación de Comercio,  José María Seijas, e pola alcaldesa e presidenta da Deputación, Carmela López. Participaron tamén o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, a presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Burela, Eva Luaces, e concelleiros e concelleiras de Burela, entre...

leer más
27/10/2026

O grupo Trípode Teatro representará este venres, día 30 de outubro, ás 21:00 horas a obra titulada Desequilibrados, escrita por Pepe Peinó, no marco da axenda cultural do ciclo de outono da Casa da Cultura de Burela.

O Concello de Burela explica que “a proposta aborda, dende a comedia, a importancia de ser diferentes e de enriquecer a sociedade a través das distintas personalidades dos seus cidadáns. Unha obra invita a reflexionar sobre o valor da diversidade e sobre a achega que cada persoa realiza á sociedade desde a súa propia maneira de ser. A actividade está dirixida a todos os públicos, con entrada libre e está organizada polo Concello de Burela e conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Desde o Concello de Burela animan á veciñanza a achegarse á Casa da Cultura “para gozar...

leer más
26/10/2026

A Mancomunidade da Mariña anuncia que os Plans con corazón ofertan, unha semana máis, “unhas interesantes actividades coas que coñecer un pouco máis os espazos que habitamos ou que visitamos. Neste caso serán os municipios de Viveiro e Burela os grandes protagonistas, con actividades centradas no seu patrimonio natural e cultural”. Desenvolveranse os días 31 de outubro e 1 de novembro, respectivamente.

O guía Boris Vilar liderará o plan Montes do Buio, as turbeiras de Viveiro, unha ruta polo bosque das Saimas e o Curro do Candaoso; mentres que Noela Feal fará un percorrido polas pinturas en Burela do século XV ao XXI baixo o título Burela é pintadiña en..., un plan que abarca desde as pinturas medievais da igrexa da Vila do Medio ata as máis actuais, localizadas nas proximidades da Confraría de Pescadores de Burela. Aínda quedan...

leer más
Etiquetas:
23/10/2026

A Coral Polifónica de Burela organiza un concerto de outono para este sábado, 24 de outubro, ás 20:00 horas. Será no auditorio da Casa de Cultura burelá e, ademais da agrupación anfitrioa, participarán o coro Son Astur, de Oviedo, e o Coro dos Castros, de Cangas de Foz.

O Concello de Burela, que colabora nesta actividade, destaca que é “unha oportunidade para gozar da música e compartir unha tarde de cultura”.

21/10/2026

Este venres, día 23 de outubro, a Casa Consistorial de Burela acollerá a formación titulada Autocuidado do profesional: o teu sistema nervioso como guía para unha práctica sostible con nenos, nenas e adolescentes, organizada pola asociación Alborada e impartida por Alba Burundarena, psicóloga sanitaria.

Será de 9:30 a 13:30 horas no salón de plenos do Concello de Burela.

O Concello de Burela tamén anuncia que a inscrición é gratuíta e hai que facela a través da web...

leer más
21/10/2026

O actor Xosé Antonio Touriñán chega á Casa da Cultura de Burela con Moi animal, “un monólogo cómico sobre a nosa peculiar relación co resto das especies”, explica o Concello, que engade: “querémolos, protexémolos, humanizámolos e mesmo lles poñemos roupa, pero a nosa relación con eles está chea de paradoxos. Desde os animais de compañía ata os lobos, pasando polos vexetarianos e os therians, Touriñán convídanos a rirnos da nosa propia maneira de entender o mundo animal”. Será o sábado 28 de novembro con dúas funcións: ás 18:30 e ás 21:00 horas.

As entradas están á venda en ataquilla.com.

Etiquetas:
20/10/2026

O Concello de Burela abre o prazo de inscrición para participar no Mercado e Rastro de Nadal 2026, que se celebrará os días 28 e 29 de novembro na carpa da praza da Mariña, en horario de 10:30 a 20:30 horas.

“A iniciativa busca fomentar o comercio local, dar visibilidade á artesanía e á creación propia e promover a reutilización de produtos a través dun espazo dedicado aos artigos de segunda man”, explica o Concello de Burela, que engade: “o mercado organizarase en dúas zonas diferenciadas: a primeira estará destinada á artesanía, incluíndo decoración e artigos de Nadal, xoguetes e outros produtos de elaboración propia, tamén de alimentación. A segunda corresponderá ao rastro de segunda man, no que se poderán ofrecer artigos usados en bo estado, como roupa, complementos, libros ou xogos”.

O Concello de Burela...

leer más
20/10/2026

Continúa o Ciclo de Outono na Casa da Cultura de Burela coa obra para público adulto titulada Bio Construción, de Ibuprofeno Teatro. Será este venres, día 23 de outubro, ás 21:00 horas.

O Concello de Burela explica que é “unha proposta dirixida e interpretada por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, con música en directo de Macarena Montesinos. Unha parella deixa o teatro para marchar a un lugar remoto e emprender o seu proxecto máis ambicioso: construír unha casa coas súas propias mans. O que comeza como un soño cheo de ilusión convértese en trinta anos de traballo e compromiso, lonxe do mundo”.

O prezo das entradas é de 5 euros e estarán á venda no despacho de billetes a partir das 20:00 horas.