Mercado
O programa do XXVI Mercado Medieval de Alfoz do Castrodouro inclúe actividades para os días 17 e 18 de xullo, venres e sábado desta semana.
O venres será a Noite da Véspera e ás 22:00 horas o Mariscal dará a benvida a veciños e visitantes e abrirá as portas da Torre. Ás 22:30 comezará a arder a Cerna da Istoria. Ás 22:45 horas haberá danzas medievais (As Doncelas de Reirado toman o patio de armas coa súa arte). Ás 23.00 celebraranse vodas medievais oficiadas por D. Fadrique de Guzmán. E ás 23.30 horas haberá música por conta de Xaramolos.
E o sábado é o Día do Mercado e están programadas estas actividades: “ás 10.45, roteiro guiado A sombra das lendas, da man de Guía tu día. Percorrido con inicio na Ponte Nova da Seara e remate no mercado (para participar hai que anotarse no teléfono 654.99.68.57...
leer másO día 28 de xuño arrinca unha nova edición do Mercado dos Domingos, que se desenvolverá na contorna da Praza de Abastos de Ribadeo. Está organizado polo Concello en colaboración coa asociación de produtoras A Sucadoira.
O alcalde ribadense, Dani Vega, contou que “volven os Mercados dos Domingos, que darán comezo o 28 de xuño e se prolongarán ata o 11 de outubro no entorno da Praza da Abastos. O que queremos é seguir con esa vocación de aposta clara polos produtos de proximidade, polos produtos de calidade e desde logo todas estas persoas, todos estes produtores teñen un espazo que xa tradicionalmente teñen en Ribadeo”.
E tivo palabras de agradecemento para A Sucadoira: “agradecer á asociación A Sucadoira todo o traballo que está facendo conxuntamente co Concello e coa co Xunta, agradecer tamén á Xunta con ese...
leer másA parroquia de Vilaronte, no municipio de Foz, celebra a quinta edición do Mercado Aos Pés de Cornería este domingo, día 10 de maio, a partir das 10:00 horas e ata a tardiña. Este evento está organizado pola asociación cultural O Atrio.
As actividades desenvolveranse no atrio da igrexa de Vilaronte, onde abrirá o mercado ás 10:00 horas e comezará unha andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida; sairá do Campo da Feira da Espiñeira e nivel de dificultade é baixo.
De 11:00 a 14:00 horas haberá experiencia a cabalo para @s nen@s, con voltas curtas nun espazo controlado, actividade que é de balde. Ás 12:00 horas actuará a charanga Os Sureños e ás 14:00 horas comezará a sesión vermú a cargo de Super Glu. Ás 16.30 horas haberá o contacontos para @s nen@s titulado Contamos contos de lobos, que ofrecerá a...
leer másO Concello de Barreiros anuncia que organiza para o domingo 17 de maio un dos seus mercadiños estacionais, que “son sempre un éxito de xuntanza e participación”. Nesta ocasión o mercadiño de primavera coincidirá co Día das Letras Galegas e haberá actividades para festexalo.
O mercadiño, como xa é habitual, celebrarase baixo carpa na Praza do Concello en horario de 11 a 20 horas e contará coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O Concello de Barreiros leva organizando este tipo de mercadiños desde o ano 2022 e segundo Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros: “buscábamos dinamizar o pobo despois da pandemia, que a veciñanza das distintas parroquias tivese unha escusa onde xuntarse e poder descubrir e mercar produtos de proximidade completando a xornada con distintas propostas nas que poder participar....
leer másO Concello de Viveiro anuncia que “con motivo da festividade de San Xosé, o mercado desta semana sufrirá as seguintes modificacións: adiántase ao mércores, 18 de marzo, e manterase nos Xardíns Noriega Varela”.
Ademais o Concello de Viveiro lembra que o traslado aos Xardíns Noriega Varela “é temporal, mentres continúan as obras de mellora e humanización que se están a realizar na Praza Maior e nas rúas colindantes do casco histórico, co obxectivo de seguir embelecendo o noso concello”.
O Concello de Viveiro anuncia que o mercado semanal que se celebra cada xoves na Praza Maior trasladarase temporalmente aos xardíns Noriega Varela desde o 12 de marzo ata o 9 de abril, ambos os dous días incluídos. “O cambio de localización débese ao inicio dos traballos de mellora e arranxo do pavimento da Praza Maior e das rúas empedradas do casco histórico, actuacións que o Concello ten previsto comezar o luns e que se prolongarán durante varias semanas”, explica o Concello de Viveiro, que engade: “o pavimento desta zona do casco histórico presenta un estado de deterioración acusado, en boa medida como consecuencia do paso continuado de camións e vehículos pesados. Por iso, resulta necesario acometer con carácter de urxencia traballos de mantemento e reparación”.
O Concello de Viveiro agradece “a comprensión da veciñanza e dos usuarios...
leer másCon motivo da vixésima edición do Mercado de Primavera do Valadouro, que se celebrará o día 28 de marzo, o Concello convoca un certame para deseñar o cartel oficial do evento.
Poderá presentarse a este concurso o alumnado do IES Alfoz-Valadouro. O prazo para entregar os traballos remata o venres 27 de febreiro ás 20:30 horas.
O Concello de Viveiro informa de que o mercado semanal, que habitualmente se celebra os xoves na Praza Maior, adiántase esta semana ao mércores, 31 de decembro, xa que o 1 de xaneiro, aninovo, é día festivo.
O mercado manterá o seu emprazamento habitual na Praza Maior e desenvolverase no horario habitual.
O Parque de San Francisco acollerá unha nova edición do Mercado do Nadal de Ribadeo do 28 de novembro ao 8 de decembro.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “debido a razóns de índole técnica desde o Concello vímonos na obriga de trasladar o Mercado do Nadal ao Parque de San Francisco. Este ano tiñamos previsto que estivese situado a carón da Praza de Abastos, pero non foi posible”.
O XX Mercado do Nadal será do 28 de novembro ao 8 de decembro en horario de 11 a 14:30 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas tardes.
O acto de inauguración terá lugar despois do acendido do alumeado de Nadal, previsto para este venres ás 19:00 horas nas Catro Calles. A clausura está prevista para o 8 de decembro a mediodía.
Ata o 20 de outubro está aberto o prazo de inscrición no XX Mercado do Nadal de Ribadeo, que se celebrará do 28 de novembro ao 8 de decembro. As bases poden consultarse na web do Concello.
A concelleira de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio, Marta Saiz, subliña que “o Mercado do Nadal quere ser un espazo de oportunidades para os profesionais relacionados coa artesanía e co deseño e unha plataforma na que se visualice o seu traballo e o talento creativo e innovador”.
A edil ribadense explica que “nesta tradicional cita, que chega á súa vinte edición, poderán participar artesás con capacidade para exhibir e vender pezas que sexan producidas de forma artesanal, sempre e cando sexan de autoría propia; tamén produtos de gastronomía artesanal; e creadores, artistas e deseñadores como...
leer más












