Enfariñada

Etiquetas:
04/04/2024

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este xoves un acordo de colaboración co Alcalde de Trabada, Rubén García Freije, para impulsar a celebración da quinta edición da Festa Gastronómica da Enfariñada, que se celebrará o vindeiro día 5 de maio. 

O mandatario provincial resalta a importancia desta festa que combina tradición con cultura e que pon en valor este prato típico, dándoo a coñecer dun xeito gratuíto para o conxunto da sociedade. “Esta cita naceu no 2015 e xa ten unha gran aceptación. De feito, o ano pasado servíronse máis de 700 racións, o que dá boa mostra do gran traballo que fan dende o Concello e tamén dende a veciñanza para facer desta festa un atractivo máis de Trabada que contribúa á dinamización social e económica”, indicou José Tomé.

A institución provincial achegará 10.000€...

leer más
Etiquetas:
10/04/2023

A praza do Concello de Trabada acollerá a cuarta edición da Festa Gastronómica da Enfariñada o día 7 de maio, domingo, a partir das 12:00 horas.

Ademais de degustación da enfariñada, haberá mercado de produtos locais de proximidade e as actuacións musicais de Cuarteto Seimeiro, Airiños da Freba e Luar na Lubre. 

“Unha proposta gastrocultural que, abofé, hai que subliñar no calendario”, din os organizadores do evento, que promove o Concello de Trabada coa colaboración da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
12/04/2022

O 30 de abril haberá dúas celebracións en Trabada:
-Ás 17 horas, como acto conmemorativo do terceiro aniversario do centro de atención aos maiores , terá lugar un concerto moi especial da Banda de Música de Ribadeo
-Ás 23 horas dará comezo a festa da xuventude co grupo de música Nueva Fuerza e a discoteca móvil THE SOUND PROJECT

O 1 de maio será a Festa Gastrónomica da Enfariñada na que haberá tres actuacións musicais:
-Ás 12 horas pasarrúas a cargo do Cuarteto Tradicional Xaramolo
-Ás 13.30 horas concerto do grupo A Tajea
-Ás 16.30 horas actuación de Pepe Vaamonde Grupo

Desde o Concello de Trabada sinalan: “agardamos que vos guste esta programación. Por unha banda mantemos vivo o espírito tradicional da nosa festa gastronómica, e por outra quixemos celebrar a volta á normalidade...

leer más
Etiquetas:
22/04/2019

No mes de maio temos unha cita gastronómica e cultural de primeiro nivel no concello de Trabada. 

Celébrase a II Festa Gastronómica da Enfariñada, unha xornada na que a música, a artesanía e a gastronomía se integrarán nunha mesma celebración para desfrute de todos os visitantes. 

Pola mañá, a partir das 12:00 horas, terá lugar unha demostración de restauración-torno da man de Vicente Ledo; ás 12:30 actuará o Cuarteto Tradicional Illa Pancha, ás 13:30 Airiños da Freba e de forma simultánea o público poderá percorrer o Mercado de produtos locais de artesanía ou desfrutar do produto estrela: a Enfariñada. 

Chegadas as 16:30 actuará Susana Seivane, unha das artistas galegas de maior prestixio internacional. 

Despois do éxito da primeira edición, prevese que centos...

leer más