Festa
Este sábado, día 18 de xullo, terá lugar a III Festa do Mexillón, que organiza o club deportivo Celta Barreiros. O evento, que dará comezo ás 19 horas no campo de fútbol O Cascabeiro, estará amenizado polo solista Pepe e por DJ Eventec.
A ración de mexillóns venderase a 10 euros e a de lacón tamén a 10 euros, acompañadas de pan, viño e auga. Haberá menú infantil a 10 euros.
Desde a organización animan “á veciñanza de Barreiros e dos concellos da contorna así como aos visitantes a achegarse este sábado ao campo de fútbol O Cascabeiro, en San Cosme de Barreiros, a desfrutar da III Festa do Mexillón. As dúas primeiras edicións tiveron unha gran acollida e agardamos que esta tamén sexa un éxito”.
O Concello de Cervo anuncia que “volverá converterse nun punto de encontro para veciños e visitantes coa celebración da XIX Festa do Ovo Frito, que terá lugar o venres 14 de agosto nas inmediacións da Praza do Souto. Esta consolidada cita do verán cervense está organizada polas asociacións culturais Airiños do Xunco e Cabaleiros da Bidueira, coa colaboración do Concello de Cervo, e cada ano reúne a milleiros de persoas que se achegan á localidade para compartir unha xornada de gastronomía, música e convivencia”.
Desde a organización explican que “o reparto das racións comezará ás 20:00 horas. Cada unha incluirá ovos fritos, patacas, chourizo, pan e bebida, cun prezo de 7 euros. Para atender a elevada participación prevista, prepararanse 8.000 ovos e 4.000 chourizos, que serán cociñados en directo ao longo da tarde, convertendo a...
leer másA Asociación de Festexos A Medorra organiza un ano máis a XIII Festa do Percebe, unha cita xa consolidada no calendario estival do municipio e que terá lugar o sábado 18 de xullo na praza do Centro Cívico de Xove.
O Concello de Xove anuncia que “a xornada dará comezo ás 12.00 horas co acto inaugural e o pregón, que nesta edición correrá a cargo da conselleira do Mar, Marta Villaverde, quen será a encargada de abrir oficialmente unha festa dedicada á exaltación dun dos produtos máis apreciados da nosa costa. Ao longo de toda a xornada, veciños e visitantes poderán degustar percebe de excelente calidade, procedente das nosas costas, recoñecido polo seu extraordinario sabor e pola súa frescura, converténdose nun dos grandes protagonistas gastronómicos do verán mariñán. O ambiente festivo estará garantido coa animación musical de Os Charangos...
leer másCon motivo da conmemoración do Día da Independencia de Cabo Verde, a Praza de Abastos de Burela acollerá este sábado, día 4 de xullo, entre as 12.00 e as 21.00 horas unha “gran celebración que reunirá música, gastronomía, artesanía, baile tradicional e actividades para toda a familia. A iniciativa está organizada pola Asociación Rabentola, o Concello de Burela, o Grupo Convivencia Entre Nós e Djunta Mo, e pretende converter a xornada nun espazo de encontro e convivencia arredor da cultura caboverdiana”, anuncia o Concello de Burela, que engade: “a programación inclúe as actuacións do Grupo Batuko Tabanka, Grupo Raízes Peruano, Grupo Senegal, Alex Djimi, o Grupo Dancarina Minis de Santiago e Jelson Gaita e Ocla Baixa”.
O Concello de Burela tamén explica que “este será un evento solidario, xa que busca recadar apoio para Ludmila, que viaxará...
leer másA parroquia de As Negradas, no municipio de O Vicedo, celebrará as festas na honra a San Antonio este sábado, día 13 de xuño.
As actividades comezarán ás 12:15 horas con misa cantada seguida de procesión acompañada pola banda Nuestra Señora de la Misericordia, de Viveiro. Despois haberá sesión vermú amenizada pola orquestra Alabama, que tamén actuará na verbena xunto a Ritmo Joven.
A organización destaca que haberá pista de baile cuberta.
O Concello de Xove presenta unha nova edición da festa de San Antonio da Rigueira e amosa a súa satisfacción e ilusión ante a chegada dunha nova edición desta celebración declarada Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2023 e que “constitúe un dos grandes referentes festivos e culturais da comarca”. O sábado 13 de xuño veciños, veciñas e visitantes volverán reunirse nunha xornada “na que se mesturan tradición, devoción, música, gastronomía e, sobre todo, o espírito de convivencia que caracteriza esta romaría”.
Na presentación oficial do cartel participaron o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Cultura, Dolores Meitín; a concelleira de Turismo e Medio Ambiente, Cecilia Duarte; así como os representantes da comisión de festas José Antonio García Fernández e Juan José García Sánchez.
O...
leer másO Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Ribadeo pon en marcha por segundo ano consecutivo a campaña denominada Completa a bandeira do Orgullo, unha iniciativa creada para visibilizar, sensibilizar e celebrar a diversidade arredor do Día Internacional do Orgullo LGTBI, que se conmemora o 28 de xuño, aínda que en Ribadeo a celebración terá lugar o vindeiro 21 de xuño.
Desde o CIM de Ribadeo explican que “desde o 15 de maio ata o propio 21 de xuño, veciñanza e visitantes poderán participar nesta divertida proposta colaborativa co comercio e a hostalaría locais. O funcionamento é moi sinxelo: haberá que completar unha tarxeta conseguindo seis selos de seis establecementos colaboradores diferentes -non se admitirán selos repetidos- para poder entrar no sorteo final. Durante estes días repartiranse tarxetas polas rúas...
leer másO Concello de Xove e a Asociación de Festexos Montevelle organizan para o sábado 16 de maio unha nova edición da Festa das Fillas de María, coñecida popularmente como Festa das Flores, “unha cita xa consolidada no calendario festivo local que encherá de vida, tradición e cor a zona vella da vila, nas inmediacións da igrexa parroquial”.
A programación dará comezo ás 10:30 horas coa apertura de diferentes postos que conformarán un mercado tradicional ao longo da rúa Nosa Señora do Carme. Ademais o público poderá gozar de demostracións de oficios tradicionais, “poñendo en valor o saber facer artesanal”, anuncia o Concello de Xove, que engade: “durante a mañá a Asociación Cultural Saiñas e a charanga NBA animarán Xove cos seus pasarrúas, creando un ambiente festivo e participativo. Ás 13:00 horas celebrarase a misa con ofrenda floral á Virxe,...
leer másA parroquia de Xudán, no municipio de A Pontenova, celebrará a festa Hijas de María o día 9 de maio, sábado.
As actividades comezarán cunha misa solemne ás 13:30 horas e despois haberá procesión, sesión vermú e comida. Os tickets para participar están á venda ata o martes 5.
Ademais actuará a cantante Verónica Cambón e haberá xogos e exhibición de zumba.
A parroquia de Santa Cruz, no municipio de O Valadouro, celebrará as súas festas patronais este domingo, día 3 de maio.
As actividades comezarán con misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá procesión e sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén amenizará o tardeo desde as 20:00 horas e con colchonetas gratis para os nenos e nenas.












