Festa

Etiquetas:
08/11/2023

Veciñas de A Lama, O Cadabal e Vilela organizan para o día 18 de novembro, sábado, varias actividades na honra de San Román nesa parroquia do concello de O Vicedo.

Ás 13:00 horas celebrarase unha misa cantada na igrexa de San Román do Val. A continuación haberá procesión e despois sesión vermú no chiringuito Area Grande, baixo carpa, amenizada polo grupo Intervalo, que tamén actuará na festa, que empezará á noitiña. 

O restaurante Area Grande e a asociación de veciños de San Román colaboran neste evento “con intención de promover a convivencia e a integración social de todos os veciños da parroquia nunha data tan sinalada”.

Etiquetas:
31/10/2023

Burela celebrará a oitava edición da Festa da Castaña con foliada o 11 de novembro, sábado, na Praza da Mariña. Está organizada polo Concello de Burela a Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia e Os Asadores.

As actividades empezarán ás 12:00 horas con cantos de taberna; de 17:00 a 19:00 horas haberá obradoiros de regueifa e baile, ademais de xogos populares para nenos. O reparto de castañas e bolos preñados con auga ou viño empezará ás 18:30 horas, a foliada será desde as 19:00 e ás 21 horas empezarán os concertos de Grileiras, Pan.Sen.Fron, Os Carecos e Medio Quinhon.

Etiquetas:
05/10/2023

A asociación cultural deportiva Pequenos Pasos, de Landrove (Viveiro), organiza a sétima edición da Festa Labrega os días 13 e 14 de outubro, venres e sábado. O campo da festa estará no atrio de Landrove, onde se instalará unha gran carpa.

As actividades empezarán o venres ás 21:00 horas co prendido da chama olímpica. A partir das 21:30 repartirán boliños preñados gratis e ás 22:00 horas actuará Amigos do Folk.

O sábado os actos comezarán ás 13:00 horas con sesión vermú amenizada polo trío Zafiro e os asistentes poderán degustar pinchos labregos de tortilla, que venderán a 3 euros para os socios do colectivo organizador da festa e a 4 euros para os que non pertencen á asociación. Ás 16:00 horas comezarán as sextas Olimpíadas Rurais e ás 20:30 actuará o grupo Espera que vou mexar. A partir das 21:00 horas...

leer más
Etiquetas:
03/10/2023

A comparsa Ruxe Ruxe, de Vilaronte, organiza unha festa de Samaín para o día 28 de outubro, sábado, na Sala Bahía, de Foz.

De 16:00 a 20:00 horas terá lugar unha festa infantil con actividades como pintacaras, xogos populares e animación musical, colchoneta, etcétera. Ademais o mago Martín Carmiña presentará o espectáculo ‘Ilusións sen azucre industrial’ e haberá tamén scape room, mesa doce e concurso de cabazas.

E a partir das 23:30 horas será a Noite Tenebrosa amenizada polo DJ Pedro Brmudz, na que haberá sorteos e sorpresas.

 

Etiquetas:
03/10/2023

A rúa San Francisco, de Ribadeo, acolle a celebración da Festa do Sombreiro os días 6 e 7 de outubro, venres e sábado. Está organizada por un grupo de ribadenses coa colaboración do Concello.

O venres empezan as actividades ás 18:00 horas cunha festa infantil e a partir das 21:30 haberá verbena amenizada por Nuevo Ritmo. Para as 23:00 horas está programado un concerto da cantante mexicana Betty Singh. Ás doce da noite entregaranse os premios aos mellores sombreiros e a continuación actuará Pablo Valdés e o seu trío, que interpreta versións de temas musicais dos anos 60, 70 e 80.

E o sábado haberá cantos de taberna durante todo o día pola rúa San Francisco.

 

Etiquetas:
28/09/2023

O Alto do Cruceiro, en Xuances (Xove), celebrará a Festa do Ramo os días 6, 7 e 8 de outubro, de venres e domingo. O campo estará cuberto por unha gran carpa.

O venres a partir das 20:00 horas terá lugar a XV Festa dos Callos. Cada ración con pan e viño ten un prezo de 7 euros. E ás once da noite empezará a verbena amenizada pola orquestra Marbella e a discomóbil Conxuro.

O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. Despois haberá sesión vermú coa orquestra Galia, que tamén amenizará a verbena, acompañada pola discomóbil Conxuro.

E para o domingo ás 13:00 horas está programada sesión vermú prolongada, na que actuará o dúo D’Caché.

 

Etiquetas:
21/09/2023

A Delegación de Xuventude e Deportes do Concello de Foz organiza a Festa da Bicicleta Solidaria este domingo, 24 de setembro.

A actividade empezará ás 11:30 horas no parque municipal de tráfico. Haberá agasallos para todas e todos os participantes e sortearanse tres vales de 200 euros.

Para participar hai que aportar un quilo de alimentos. A inscrición está aberta ata o 22 de setembro a través do correo electrónico bici@concellodefoz.es.

 

Etiquetas:
19/09/2023

A programación da XXXI Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará desde o día 29 deste mes ata o 1 de outubro, inclúe como novidade o Faba Fest. Será o venres pola noite no Campo dos Bolos e contará coa actuación do Grupo Beatriz e dos DJ Pedro Brmudz e Litainer, con entrada gratuíta. Ademais o programa inclúe outras actuacións musicais, degustacións e venda de fabas, exposicións e demostracións de artesáns, showcooking, cata de viño, tren turístico, concentración de vehículos clásicos e outras actividades.

Os actos empezarán o venres 29 ás 19:00 horas cun pasarrúas da Fanfarria Furruxa, que tamén actuará no Claustro do Mosteiro ás 21:00 horas. Ese día haberá ademais unha cata comentada de viño a cargo da adega Tapias Mariñán, da Denominación de Orixe Monterrei. E a partir das 22:30 horas no Campo dos Bolos, xunto ao mosteiro, terá lugar...

leer más
Etiquetas:
15/09/2023

O cartel da XXXI Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do 29 de setembro ao 1 de outubro, é obra do artista mariñán Hipólito Xeada. Na presentación acompañaron ao pintor a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron. 

Nos próximos días presentarase a programación do evento, que terá unha dedicatoria especial a Francisco Fernández del Riego, xa que se relerá o pregón que deu no ano 1998, na voz de Xulio Leal, actor do grupo Avelaíña Teatro, de Pontevedra. Tamén se contará coa presenza do Concello de Moeche como invitado institucional nesta edición.

 

Etiquetas:
23/08/2023

O Parque de San Francisco acollerá o vindeiro sábado, 26 de agosto, unha nova edición do guateque dos 60, que organiza a comisión de festas coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, dixo que “o guateque é un dos eventos máis esperados durante o ano en Ribadeo. Esa homenaxe á música que marcou toda unha época e esas cancións de sempre que nunca pasan de moda. Chegou o día. O vindeiro sábado, 26 de agosto, a partir das oito da tarde temos e tedes todas e todos unha cita no Parque de San Francisco, unha cita na que Ribadeo retrocederá de novo a eses marabillosos anos 60. O guateque está organizado pola asociación Santa María do Campo e San Roque e colaboran o Concello, a Xunta e Estrella Galicia”.

A edil ribadense subliñou que “o Parque de San Francisco, que...

leer más