Malla
O Concello de A Pontenova, coa colaboración de Amigos da Malla, organiza a VI Festa da Malla, que terá lugar o 27 de agosto ao carón do Pozo da Ola.
Esta festa da comezo as 12:00 horas coa malla, que será interrompida as 13:30 pola sesión vermú, amenizada polo Dúo Zafiro, e a comida. A malla continuará as 17:00 horas, cando tamén dan comezo unhas canoas para os nenos e as nenas no Pozo da Ola. As 20:30 horas volve coa música o Dúo Zafiro, que estarán tamén á noite para rematar a xornada, seguido por uns pinchos de bolos preñados e lacón.
Para acudir á comida xa mencionada, deberanse recoller os tíckets antes do 26 de agosto no Lar de Balbina ou Zapatería Orli. O prezo para adultos e de 20€ e para nenos (ata os 12 anos) de 12€, e o menú consistirá en lacón, pasta, tenreira asada, postre e café.
A parroquia de Rúa celebrará o vindeiro sábado, 7 de setembro, a Festa da Malla, organizada pola Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, e por varios membros da Asociación de Veciños.
A Festacomezaráás 10:00 horas con paseos a cabalo e unha ruta de sendeirismo. Xaao mediodía o GrupoVivarium será o encargado da sesión vermú.Ás 14:00 horashaberá un xantara cargo de Chao de Brea que será de balde para os nenos de ata 5 anos, 10€ terán que pagar os pequenos de 5 a 10 anos, e 20 euros os maiores de 10 anos.
Pola tarde, ás 17:00 horas,haberáxogos populares, seguidos da Malla que está prevista para as 18:30 horas. Ao remate venderanseracións de empanada e...
leer másA parroquia de Rúa celebra este sábado, 1 de setembro, a Festa da Malla, organizada pola Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o tenente alcalde e edil de Medio Rural, Plácido Pérez, a edil de Cultura, Dolores García Caramés e varios membros da Asociación de Veciños.
A cita comezará ás 10:00 horas con todo tipo de actividades para todos os públicos: paseos a cabalo, a ruta de sendeirismo, e xa ao mediodía o Dúo Diamantes será o encargado da sesión vermú. Ás 14 haberá un xantar que será de balde ata 5 anos, 10€ de 5 a 10 anos e 20€ para os maiores de 10 anos.
Pola tarde, ás 18h terá lugar a Malla Tradicional e ás 20h haberá Xogos Populares para nenos e maiores.
... leer másA Pontenova acollerá a cuarta edición da Festa da Malla este sábado, día 1 de setembro.
Está organizada polo Concello e colaboran Amigos da Malla e a Deputación de Lugo.
A malla comezará ás doce do mediodía, ás 13:30 horas haberá sesión vermú e a partir das 14:00 celebrarase a comida con un menú composto por empanada, arroz caldoso, costela asada e postre. O prezo é de 15 euros para os adultos e os nenos maiores de 3 anos pagarán 12 euros.
Ás cinco da tarde continuará a malla e ata as 20:00 horas haberá actividades acuáticas no Pozo da Ola. Durante toda a tarde tamén se celebrarán torneos de billarda e doutros xogos populares.
Ás 21:30 horas haberá pinchos para cear e a partir das 22:00 comezará a música en directo.
A parroquia de Rúa celebra este sábado, 2 de setembro, a Festa da Malla, organizada pola Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o tenente alcalde e edil de Medio Rural, Plácido Pérez e varios membros da Asociación de Veciños.
A malla comezará ás 10:00 horas con todo tipo de actividades para todos os públicos: paseos a cabalo, a II ruta de sendeirismo Subida ao Cabaleiro, e xa ao mediodía o Dúo EPO-K será o encargado da sesión vermú.
Pola tarde, dende as 16:00 horas, están programados todo tipo de xogos tradicionais para nenos e maiores; e ás 17:00 horas dará comezo a actividade principal, a malla..
A xornada completarase con exhibición de cetrería ao longo de...
leer más