Petiscos

Etiquetas:
28/07/2020

A asociación Nordés organiza a segunda parte da  xornada Petiscos do Camiño dos Arrieiros que se celebrará este sábado, 1 de agosto.

O obxectivo desta actividade é dar a coñecer algúns dos puntos de interese desta ruta ancestral que comunicaba o porto de Bares con As Pontes e que servía de eixo relacional e comercial ata que se abriron novos camiños e estradas, e os medios de transporte foron evolucionando, levando a esta verea ata case a súa desaparición.

A saída será ás 9:20 horas dende a Rectoral de San Mamede das Grañas do Sor. A actividade é de balde para as persoas asociadas a Nordés e terá un custe de 2 euros para o resto. A cantidade recadada, máis 5 euros aportados pola asociación, será doada ao Banco de Alimentos de Lugo. Os/as interesad@s poden inscribirse en...

leer más