Viaxe
O Concello de Trabada dá continuidade ao programa Viaxa co Concello de Trabada, “unha iniciativa que conta cunha excelente acollida entre a veciñanza e que ten como obxectivo ofrecer alternativas de lecer, convivencia e descubrimento doutros territorios, sempre con todas as garantías de seguridade e organización”. Nesta nova edición o programa inclúe unha viaxe que terá lugar os días 13, 14 e 15 de marzo con destino a San Sebastián, Castro Urdiales, Bilbao e San Juan de Gaztelugatxe. O prezo da viaxe será de 265 euros por persoa.
O paquete inclúe seguro de viaxe, dúas noites en hotel de catro estrelas en habitación dobre, almorzos buffet de sábado e domingo, cea buffet os venres e sábados, comida o venres e o domingo, así como a entrada ao tren turístico en San Sebastián. A comida do sábado realizarase a través dunha ruta...
leer másO Concello de Barreiros, xunto coas ANPAS dos CEIPs de San Cosme e de San Miguel, organiza unha viaxe a Xuvelugo, “unha cita xa clásica destas datas para a cativada barreirense”. A viaxe terá lugar o martes 30 de decembro con saída ás 15:00 horas desde a Praza do Concello e regreso, ás 20:00 horas, saída de Lugo. A excursión inclúe entrada e viaxe en bus de balde para as nenas e nenos de Barreiros, anuncia o Concello.
Cada nena ou neno deberá ir acompañado/a por unha persoa adulta, que terá que aboar: 5 euros os socios/as das ANPAS e usuarios/as das EEDD; e 7 euros o resto de acompañantes.
O Concello de Barreiros explica tamén que Xuvenlugo “é un gran espazo de lecer infantil e xuvenil situado no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Está cheo de atraccións, inchables, xogos, animación e deporte para pasar unha...
leer másO Concello de Trabada continúa co seu programa de viaxes culturais e de ocio, “unha iniciativa moi ben acollida pola veciñanza”. Nesta ocasión a proposta levará ás persoas participantes ao Balneario de Mondariz e á cidade de Pontevedra o 13 de decembro de 2025.
A actividade, cun prezo de 60 euros por persoa, inclúe: acceso ao Balneario de Mondariz, comida, visita ao Mercadiño de Nadal de Pontevedra e seguro de viaxe. A saída será ás 7:30 horas dende o Concello de Trabada e o regreso está previsto ás 22:30 horas do mesmo día.
O Concello explica que “as prazas son limitadas a un máximo de 30 persoas e poderán participar veciños e veciñas de Trabada maiores de idade. As inscricións poden realizarse nas oficinas municipais ata o 14 de novembro. No caso de quedar prazas dispoñibles poderán sumarse tamén persoas con...
leer másO Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha viaxe a Lugo para o día 12 de outubro, Domingo das Mozas. A saída será ás 9:30 da mañá dende a Estación de Autobuses de Viveiro.
A excursión inclúe xantar (con polbo á feira, carne á maragata, bebidas, sobremesa e café), percorrido polo casco histórico de Lugo, variadas exposicións, mostra de artesanía popular e distintas actuacións e eventos nas rúas e no recinto feiral e visita á Rúa dos Viños.
O prezos para os soci@s do Seminario de Estudos Terra de Viveiro é de 45 euros e as persoas que non pertencen ao colectivo terán que pagar 50 euros. Os tickets para participar hai que recollelos en Aquilino MAPFRE.
Iago Edrosa Fernández, de Ribadeo, é o gañador da viaxe a Gran Canaria sorteada por Acisa no marco da campaña de verán O noso comercio é vida, vive Ribadeo, que concluía onte.
Acisa clausuraba así a tempada estival, unha iniciativa que a entidade empresarial cualifica de éxito rotundo e que, en palabras da súa presidenta, Carmen Cruzado, supuxo “probablemente o peche da mellor tempada de verán desde hai 36 anos, os que ten de vida a nosa asociación”.
Cruzado Iglesias declarou: “desde Acisa Ribadeo estamos moi satisfeitos coa actividade comercial, hostaleira, hoteleira e de restauración vivida estes meses. Tivemos un verán de grandes vendas desde xuño, cando arrincaba o período estival, ata onte, que puxemos o broche de ouro co sorteo de 5 días de vacacións en Gran Canaria para dúas persoas, con todo incluído, como...
leer másOs establecementos asociados a Acisa repartirán 100.000 rifas entre o 14 e o 31 de agosto, xornada na que terá lugar o sorteo dunhas vacacións a Gran Canaria no marco da campaña O noso comercio é vida, vive Ribadeo. Será ás 21:00 horas no Cantón dos Moreno.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “dende Acisa quixemos deseñar unha campaña especial cos máximos recursos posibles a disposición dos nosos socios e socias para contribuír a facer un mes de agosto espectacular e deste xeito dinamizar a economía local para sacarlle o máximo partido a estas datas nas que Ribadeo recibe a visita de milleiros de persoas. E por iso neste 2025 presentamos esta novidade, o sorteo dunhas vacacións a Gran Canaria. Somos conscientes do éxito que teñen estes sorteos e por iso quixemos rematar o verán con outra viaxe coma premio á fidelidade da...
leer másA asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros organiza unha viaxe a San Andrés de Teixido, que terá lugar o vindeiro domingo, 22 de xuño. A inscrición está aberta. As prazas dispoñibles son 45.
O presidente de Camiñantes e Camiños, José Manuel Gómez Puente, explicou que “dentro do que é o noso grupo de sendeirismo, que habitualmente todos os anos facemos rutas dos Camiños de Santiago, este ano estamos realizando o Camiño do Mar, entón aproveitando que o 22 de xuño faremos o treito Cariño-San Andrés de Teixido, pensamos que moitos familiares dos que vamos andar se poden sumar a esta viaxe para pasear, visitar o santuario, ir á misa e logo xantar todos xuntos”.
Gómez Puente indicou que “deste xeito queremos abrir a cita do vindeiro domingo ao resto das veciñas e dos veciños de Barreiros e...
leer másO Concello de Trabada impulsa unha nova actividade de lecer e convivencia coa organización dunha viaxe á cidade asturiana de Gijón, que terá lugar o día 24 de xuño, martes. A iniciativa está dirixida a veciños e veciñas de Trabada e a usuarias e usuarios do servizo de terapia ocupacional.
O programa da xornada inclúe a visita ao Acuario, ao Museo do Ferrocarril, xantar e o seguro de viaxe. O prezo total é de 50 euros por persoa.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición e facer o pago nas oficinas municipais do Concello de Trabada ata o 13 de xuño. As prazas son limitadas e no caso de quedar vacantes tras ese prazo, poderán acudir persoas con familiares empadroados en Trabada.
O Concello de Trabada destaca que “este tipo de propostas buscan fomentar a participación social,...
leer másO Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha viaxe a Tui e a Valença (Portugal) para este sábado, día 7 de xuño.
As actividades programadas son visitas á catedral e ao casco antigo de Tui e tamén á fortaleza de Valença. Os participantes xantarán en Tui.
A saída será ás 8 da mañá desde a estación de autobuses de Viveiro.
O prezo para os soci@s do Seminario de Estudos Terra de Viveiro será de 40 euros, mentres que as persoas que non pertencen ao colectivo deberán pagar 45 euros.
Dentro da programación do 8M en Ribadeo, o Concello organiza unha saída especial para asistir ao espectáculo A burra, a mesa e o pau, do Centro Dramático Galego, en Santiago de Compostela. Será o domingo 23 de marzo e o autobús sairá de Ribadeo ás 14:00 horas. Hai 18 prazas e para participar hai que inscribirse no Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Ribadeo e o prazo remata o día 20 de marzo.
O Concello de Ribadeo explica que “a viaxe está especialmente dirixida a mulleres, como parte das iniciativas do 8M para promover a participación cultural e a igualdade”.












