Trabada
O Concello de Trabada desenvolverá durante este curso 2026/2027 o Programa Municipal de Orientación e Acompañamento a Familias, composto por catro actividades que terán lugar na Casa da Cultura entre os meses de outubro de 2026 e maio de 2027.
A programación comezará o 20 de outubro ás 16:30 horas coa charla para familias titulada Sácalle partido ao teu estudo, centrada en ofrecer pautas para axudar aos nenos e nenas no seu rendemento académico.
A segunda actividade celebrarase o 1 de decembro, tamén ás 16:30 horas. Neste caso será un Espazo de Orientación a Familias baixo o tema A educación en positivo, concibido como un grupo para dialogar, compartir e abordar cuestións relacionadas coa educación familiar.
Xa en 2027, o 30 de marzo terá lugar a charla Educamos a...
leer másO Concello de Trabada organiza unha nova viaxe que nesta ocasión terá como destino Portugal. A actividade desenvolverase os días 6, 7 e 8 de novembro e permitirá ás persoas participantes coñecer Oporto, Aveiro e o Bom Jesus do Monte.
Esta iniciativa, que “conta cunha moi boa acollida desde a primeira viaxe organizada polo Concello, busca ofrecer á veciñanza novas oportunidades para descubrir outros lugares, compartir experiencias e desfrutar de actividades de convivencia fóra do municipio”, explica o Concello.
O alcalde de Trabada, Rubén García Freije, destaca que “este programa está a ter unha resposta moi positiva desde que organizamos a primeira viaxe. Para nós é importante ofrecer actividades que permitan á veciñanza coñecer novos destinos, pero tamén compartir tempo, relacionarse e desfrutar de experiencias...
leer másO Concello de Trabada pon en marcha un novo curso do programa de terapia ocupacional dirixido ás persoas maiores, “unha iniciativa gratuíta que se vén desenvolvendo desde hai anos e que conta cunha moi boa acollida entre as persoas participantes”.
As sesións comezarán os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro, e continuarán ata o mes de xuño. A actividade desenvolverase os martes, mércores e xoves, achegándose a diferentes parroquias do concello para facilitar a participación das persoas maiores.
“Da man dun profesional da terapia ocupacional, durante as sesións realízanse diferentes exercicios e dinámicas orientadas a traballar tanto a parte física como a cognitiva, contribuíndo a manter a axilidade, estimular as capacidades e favorecer un envellecemento activo”, explica o Concello de Trabada.
... leer másO Concello de Trabada anuncia que este venres, día 11 de setembro, ás 19:00 horas o Centro Social de Ría de Abres acollerá a presentación do libro de José Antonio Gómez Martínez titulado El ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo.
Esta públicación é “unha obra que contribúe a recuperar e poñer en valor a historia do ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo. Unha oportunidade para coñecer mellor a historia dun ferrocarril que tivo unha importante presenza e deixou a súa pegada no noso territorio”, destaca o Concello de Trabada.
O Concello de Trabada e a asociación Trabada, paso a paso organizan unha ruta a pé desde Piñeiro, no municipio de Ribadeo, ata a área recreativa da Choza, en Ría de Abres.
“Esta fin de semana toca sacar as botas e descubrir Trabada! Este domingo 13 toca gozar de sete quilómetros de natureza, patrimonio e boa compañía entre Piñeiro e a Área Recreativa da Choza. E para rematar comida na Choza! “, anuncia o Concello de Trabada.
A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello de Trabada.
O prazo de inscricións está aberto ata este mércores, 9 de setembro, a través do teléfono 982.135.011.
La tercera edición de la Voltiña a Sante, en el municipio de Trabada, se celebrará este domingo, día 30 de agosto
La organización explica que la salida se hará desde el Teleclub de Sante a las 11.00 horas para realizar un recorrido de 2 h y minutos aproximadamente, en el que es obligatorio el uso de chaleco y se recomienda llevar ropa y calzado cómodo.
Después de la caminata, a partir de las 14:30 horas, habrá una Gran Paellada, en la que para participar hay que inscribirse antes del 27 de agosto a través de los teléfonos 636.024.263 o 677.331.980.
La organización aclara que no es necesario participar en la ruta para ir a comer la paella porque la comida es abierta a todas las personas y recuerda que es imprescindible anotarse con antelación.
O Concello de Trabada anuncia a posta a disposición da veciñanza de Vidal dun novo espazo de uso público, resultado do traballo conxunto desenvolvido entre veciños da parroquia, o Concello de Trabada e o equipo de limpeza da Deputación de Lugo. A estrea deste espazo coincide ademais cunha fin de semana especial para Vidal, que este sábado, día 22 de agosto, celebra as súas festas de San Bartolomé.
O Concello de Trabada explica que esta actuación permite que Vidal “conte desde agora cunha zona acondicionada que poderá empregarse para diferentes necesidades da parroquia, especialmente como espazo de aparcadoiro durante a celebración de eventos, así como para outras actividades e iniciativas que se organicen no futuro”.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca especialmente “a implicación da veciñanza para facer...
leer másA asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza a Festa do Verán para o día 21 de agosto, venres. Será desde as 17:00 ás 20:00 horas no pavillón municipal de Trabada.
Haberá inchables, toro mecánico, música, merenda gratuíta para os nenos e nenas e máis actividades.
Trabada prepárase para vivir unha intensa fin de semana coa celebración das festas na honra á Nosa Señora e San Roque, que terán lugar os días 14, 15 e 16 de agosto na explanada do parque, cun programa de actividades organizado pola comisión de festas e coa colaboración do Concello.
O Concello de Trabada anuncia que a programación dará comezo este venres, 14 de agosto, cunha cea á que seguirá a verbena co Grupo Aché e DJ Litanea. O sábado 15 contará con sesión vermú coa orquestra Magos e pola tarde chegará o Mago Antón, que ofrecerá tres pases na explanada do parque, ás 18:00, 19:30 e 21:00 horas, coincidindo coa celebración do seu 50 aniversario. Pola noite a verbena correrá a cargo de Puma Dúo, orquestra Magos e DJ Ello. A programación continuará o domingo 16 de agosto, con sesión vermú a cargo do Grupo La Tremenda e DJ BRF. Durante a...
leer másO Concello de Trabada traslada á veciñanza información detallada sobre a eclipse solar total que terá lugar este mércores, 12 de agosto, un fenómeno astronómico excepcional que poderá observarse desde o municipio e que terá a súa fase de totalidade ao redor das 20:28 horas: segundo os datos do Observatorio Astronómico Nacional, en Trabada a eclipse comezará ás 19:31 horas, mentres que o inicio da totalidade está previsto para as 20:27:12 horas. O máximo da eclipse producirase ás 20:28:06 horas, alcanzándose nese momento o 100 % de ocultación do Sol, e a totalidade rematará ás 20:28:54 horas. A eclipse completa finalizará ás 21:21:30 horas, cunha duración total de aproximadamente 1 hora e 50 minutos, mentres que a fase de totalidade terá unha duración de 1 minuto e 46 segundos.
Para facilitar a observación deste fenómeno, o Concello de...
leer más












