Deportivas

Etiquetas:
29/05/2026

Do 1 ao 5 de xuño estará aberto o prazo de matrícula nas Escolas Deportivas de Verán do Concello de Ribadeo, destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2011 e 2018. O sorteo terá lugar o día 8.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou: “ofertamos neste 2026 escolas de surf con 18 prazas; piragüismo con 35 prazas para rapaces nados entre 2011 e 2017; e vela con 26 prazas”. E engadiu: “a escola de surf desenvolverase en xuño e xullo. Haberá dúas xornadas especiais náuticas os días 20 de xuño e 10 de xullo e o alumnado deberá levar o seu propio neopreno. A escola de piragüismo será en xullo e os horarios dependerán das mareas. E no caso da vela a escola desenvolverase en xuño e xullo”.

A cota das Escolas Deportivas de Verán do Concello de Ribadeo será de 40 euros. As inscricións realizaranse na...

leer más
Etiquetas:
27/05/2026

O Concello de Cervo anuncia a celebración do peche da tempada das Escolas Deportivas Municipais Infantís. Será este venres, día 29 de maio, ás 18:30 horas no Pavillón do CEIP Cervo.

“Durante a tarde gozaremos de exhibicións de patinaxe artística e ximnasia rítmica, ademais da entrega de diplomas e un agasallo para todos os/as nenos/as das diferentes disciplinas das nosas Escolas (Volei, Balonmán, Multideporte, ximnasia rítmica, patinaxe artística). Unha xornada moi especial para recoñecer o esforzo, a ilusión e o compañeirismo de todos os nenos e nenas ao longo do curso”, explica o Concello de Cervo.

Etiquetas:
01/10/2025

Este venres, día 3 de outubro, remata o primeiro prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais (EDM) de Foz, que comezarán a súa actividade o vindeiro luns, 6 de outubro. Para este curso 2025-2026 o Concello de Foz ofrece patinaxe artística, ximnasia rítmica, coreodance kids, cerámica, kickboxing e, como novidades, volei, deportes de raqueta, fútbol sala iniciación e debuxo e pintura.

As nenas e nenos terán que aboar 20 euros ao mes en caso de inscribirse nunha soa actividade e 25 euros ao mes se acoden a dúas ou máis actividades. O Concello de Foz dispón de bonificacións para as familias numerosas, pola capacidade económica da unidade familiar ou segundo o número de fillos inscritos que poden chegar ao 100% da cota. As inscricións poden realizarse a través da sede electrónica ou fisicamente no rexistro do Concello. Na páxina web...

leer más
Etiquetas:
26/09/2025

O Concello de Burela pon en marcha Escolas Deportivas Municipais para este curso 2025-26. Ofrece patinaxe lúdico, rutas en bicicleta e tenis de mesa. O prazo de inscricións estará aberto do 29 de setembro ao 3 de outubro na Casa da Xuventude e as actividades comezarán o día 6 de outubro. O prezo é de 6 euros por actividade.

Ademais o Concello de Burela anuncia que os clubs e asociacións locais ofertarán fútbol, baloncesto, fútbol sala, ximnasia artística, balonmán, tenis, pádel e patinaxe artística.

“O deporte é saúde, comunidade e diversión. Anímate a participar!”, destaca o Concello de Burela.

15/09/2025

Este martes, día 16 de setembro, ábrese o prazo de inscrición para formar parte das escolas deportivas municipais de Barreiros para crianzas, que se desenvolverán desde o día 1 de outubro de 2025 ata o 28 de maio de 2026, agás as actividades temporais como skate e surf, que por cuestións técnicas das propias prácticas rematarán antes de dita data ou a 30 de xuño do 2026.

A oferta das escolas deportivas municipais de Barreiros para crianzas inclúe skate, karate, surf, atletismo, fútbol sala e patinaxe.

A información sobre horarios, prezos e inscricións pode consultarse na web municipal: ...

leer más
12/09/2025

O Concello de Alfoz abre o prazo de inscrición do 15 ao 22 de setembro para participar nas actividades deportivas de adultos deste curso. As persoas interesadas pode apuntarse na sede electrónica ou Oficina de Rexistro do Concello. As prazas son limitadas.

A oferta inclúe: Ximnasia de mantemento (martes e xoves de 18:30 a 19:30  horas no pavillón municipal); Ioga (luns e mércores de 19:30 a 20:30 horas na Escola de nenos de Adelán); Aerobic (martes e xoves de 19:30 a 20:30 horas no pavillón municipal); e Pilates (luns de 18:30 a 19:30 e mércores de 20:30 a 21:30 horas Escola de nenos de Adelán, coa opción de un ou dous días).

Etiquetas:
08/09/2025

O Concello de Cervo abre este martes, día 9 de setembro, o prazo de inscrición para a nova tempada das Escolas Deportivas Municipais e dos cursos de natación.

Nas escolas deportivas infantís impartiranse as modalidades de ximnasia rítmica, multideporte, patinaxe, balonmán e volei; mentres que nas escolas deportivas de adultos as clases serán de fit-dance, pilates, corpo activo e ioga.

As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación.

Tamén se abre o prazo este martes para os cursos de natación da tempada 2025-2026 tanto para infantil como para adultos. Hai diferentes grupos en función do nivel de natación e tamén se impartirán clases de Aquagym. O criterio de admisión...

leer más
05/09/2025

O día 8 do setembro, luns, abriranse as inscricións para as escolas deportivas municipais de adultos en Barreiros, que comezarán a actividade o 1 de outubro, mércores.

Unha tempada máis o Concello de Barreiros pon en marcha o programa de actividades deportivas para persoas adultas. O prazo de inscrición comeza o luns 8 de setembro e a oferta para esta tempada é: Ximnasia, Ioga suave, Ioga vivo, Pilates, Espalda saudable, Zumba e Baile.

As clases desenvolveranse desde o 1 de outubro de 2025 ata o 28 de maio de 2026, agás a actividade de baile que se estenderá ata o 20 de xuño de 2026.

Pode consultarse toda a información sobre horarios, prezos e inscricións na web municipal:...

leer más
Etiquetas:
18/08/2025

O Concello de Alfoz abriu o prazo de inscrición para o vindeiro curso das Escolas Deportivas, dirixidas a nenos e nenas de 4 a 17 anos. As modalidades ofertadas son: fútbol, patinaxe, atletismo e pádel.

“Unha iniciativa para fomentar o deporte base e os hábitos saudables na nosa xuventude. Podes inscribirte do 18 ao 25 de agosto e tamén durante todo o curso escolar”, anuncia o Concello de Alfoz.

08/06/2025

O Concello de Barreiros abre as inscricións para o programa MoVernos no Verán 2025, con actividades deportivas para maiores de 12 anos que se desenvolverán do 16 de xuño ao 15 de setembro.

Haberá zumba, pilates, ximnasia de mantemento, ioga e espalda saudable e levarase a cabo nas localidades de San Cosme de Barreiros e San Miguel de Reinante.

As inscricións para persoas empadroadas en Barreiros serán do 9 ao 11 de xuño (ata as 14:30 horas) e para persoas non empadroadas en neste municipio, a partir do 12 de xuño. As prazas son limitadas.