Charlas

Etiquetas:
12/11/2026

Este xoves tivo lugar en Ribadeo a xornada de formación sobre Sostibilidade que multiplica: rendibilidade e impacto positivo na empresa turística, a segunda das tres accións formativas dirixidas ao sector turístico da comarca, que desenvolve a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense no marco dos convenios asinados coa Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo. Queda pendente a celebración o vindeiro mércores, 18 de novembro, da última das xornadas previstas. Será de 10 a 14 horas na Antiga Carboeira do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos (Cervo) e o tema é Turismo Slow: deseñar experiencias con identidade. Correrá a cargo de María Traveso e Vero Rodríguez, socias en Promove Consultoría e formación.

O obxectivo da xornada é “aprender a transformar os recursos propios e os do territorio en propostas atractivas...

leer más
Etiquetas:
12/11/2026

O Concello de Alfoz presenta a súa programación con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que este ano se desenvolverá baixo o lema Por todas, con todos. Nin invisibles, nin silenciadas, co obxectivo de reforzar o compromiso municipal coa igualdade, a prevención da violencia de xénero e a sensibilización da sociedade. Haberá dúas charlas, que serán os días 25 e 28 de novembro.

Ao longo do mes de novembro a Casa do Concello de Alfoz permanecerá iluminada de violeta “como mostra do compromiso institucional coa igualdade”. Ademais realizarase unha entrega de toallas deportivas conmemorativas do 25N ao alumnado do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro, persoal municipal e ás persoas usuarias das actividades deportivas municipais, “co propósito de facer chegar esta mensaxe a diferentes...

leer más
Etiquetas:
11/11/2026

O Concello de Viveiro anuncia que a celebración do Foro Económico de Viveiro, inicialmente prevista para finais deste mes de novembro, se trasladará ao mes de xaneiro de 2027 debido á convocatoria das eleccións xerais.

O encontro, que xa estaba programado, “reunirá representantes do tecido empresarial, persoas emprendedoras e profesionais autónomos co obxectivo de compartir experiencias, analizar as necesidades dos seus respectivos sectores e abordar cuestións relacionadas coa actividade económica e a xestión diaria dos seus negocios”, explica o Concello de Viveiro, que engade: “o foro concíbese como un espazo de encontro e intercambio de ideas entre diferentes axentes económicos...

leer más
Etiquetas:
10/11/2026

Acisa Ribadeo organiza o vindeiro luns, 16 de novembro, unha xornada sobre dixitalización, intelixencia artificial e seguridade no comercio, que terá lugar de 16:30 a 18:00 horas no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo. Denomínase Comercio Conectado: vender, innovar e protexerse no mundo dixital e contará coa participación de representantes da Xunta de Galicia e especialistas en dixitalización e consumo. 

A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, contou que “o vindeiro luns, 16 de novembro, terá lugar unha xornada dedicada aos novos retos do comercio no ámbito dixital, a través de APE Galicia, coa participación da Xunta e a colaboración do Concello de Ribadeo. A xornada desenvolverase no Salón dos Alcaldes do Pazo de Ibáñez a partir das 16:30 horas e contará coa presenza do director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia...

leer más
05/11/2026

Este venres, día 6 de novembro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura da Pontenova terá lugar a xornada De Corazón a Corazón. Forma parte da iniciativa denominada Lugo de corazón a corazón, que achega información e formación sobre hábitos saudables, control dos factores de risco e actuación ante unha emerxencia cardiovascular. Poderán asistir un máximo de 50 persoas.

Está promovida pola Asociación Cardiolóxica Lucense (ACARLU) co apoio da Deputación de Lugo.

04/11/2026

O venres 13 de novembro ás 19:00 horas celebrarase un encontro na librería Bahía, de Foz, entorno á figura homenaxeada este ano no Día das Letras galegas, Begoña Caamaño, no que participarán a irmá da autora Bea Caamaño e a doutora en filoloxía galega María Liñeira.

Librería Bahía explica que con esta actividade pretenden “afondar na figura da homenaxeada e coñecer de man de dúas mulleres próximas a ela por distintos motivos todas as súas facetas”.

Etiquetas:
02/11/2026

O programa Preto de ti, do Concello de Ribadeo, iniciará o vindeiro 10 de novembro, martes, as súas charlas sociosanitarias coa sesión Coidando ao corazón, unha actividade “centrada na importancia de adquirir hábitos de vida saudables para manter un corazón san e previr posibles problemas cardiovasculares”.

A través destas sesións a veciñanza “poderá ampliar os seus coñecementos sobre os principais factores de risco cardiovascular, como a diabetes, o colesterol elevado e a hipertensión arterial, así como aprender a identificar os síntomas de alarma dun infarto e coñecer as principais diferenzas entre un infarto e un ictus”, anuncia o Concello de Ribadeo, que engade: “as charlas desenvolveranse cun enfoque dinámico, práctico e participativo, co obxectivo de achegar información útil e facilitar que as persoas asistentes incorporen...

leer más
Etiquetas:
30/10/2026

O GALP A Mariña-Ortegal anuncia que o sector pesqueiro e todas as persoas interesadas na formación e o emprendemento a través da transformación do produto do mar “teñen unha cita nestes encontros informativos, nos que se presentarán os Viveiros Formativos de Emprendemento do proxecto Feito co Mar”. Os primeiros realizaranse en Viveiro e Foz os días 4 e 12 de novembro

Feito co Mar é un proxecto “para fomentar o emprendemento a través da transformación do produto pesqueiro mediante elaboracións de peixes e mariscos como conservas, salgados, afumados, adubados, desecados, patés e pratos elaborados, poñendo o foco especialmente en prácticas artesanais. Os viveiros contan con dous programas formativos, un de iniciación e outro de profesionalización, que se celebrarán en 2027. Ambos os dous estarán orientados á formación práctica, á...

leer más
Etiquetas:
29/10/2026

O sociólogo e historiador Manuel Monge González ofrecerá unha charla coloquio en Ribadeo. Será o martes 3 de novembro as 20:00 horas na Casa do Viejo Pancho.

É unha actividade organizada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que anuncia que o tema será O que vostede debería saber antes de votar (ou de como quedou todo atado e ben atado pola ditadura franquista na transición política). O colectivo tamén explica que “segue a organizar conferencias de contido histórico, tal e como se acordou na última asemblea xeral de socios e socias. Despois de termos abordado a nosa historia recente no século XIX co documental 1864:  a revolución galega, analizamos agora a transición política e o papel xogado polo poder político e económico no deseño de dito proceso de cambio para dalgún xeito controlalo e marcarlle o ritmo. O...

leer más
28/10/2026

O Concello de Cervo anuncia que “volven os encontros de Arruguiñas Charlando. O vindeiro venres, 30 de outubro, ás 18:00 horas celebramos a primeira charla da nova tempada do Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal. Nesta ocasión, abordaremos un tema de grande interese: Diagnóstico e manexo das enfermidades neurodexenerativas. A sesión estará impartida por Diego Santos García, neurólogo e presidente da Fundación Degén, quen afondará no coñecemento destas enfermidades, no seu diagnóstico e nas claves para afrontar o seu manexo”. Será no Local Social da Asociación Terramar (Casa do Mar).

“Unha actividade aberta á poboación en xeral, pensada para compartir coñecementos, resolver dúbidas e seguir apostando pola información e o benestar das persoas”, explica o Concello de Cervo, que engade: “esta actividade conta coa...

leer más