Verán

Etiquetas:
24/08/2026

Este xoves, día 27 de agosto, dentro do programa Verán na Praza, volve a Lourenzá o Mago Antón, que chegará coa súa xira 50, coa que celebra os seus cincuenta anos de carreira artística. Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.

Etiquetas:
24/08/2026

Ribadeo despedirá o verán co Guateque que se celebrará no Parque de San Francisco este sábado, 29 de agosto. Todo o recadado irá destinado ao Carnaval 2027. 

A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, contou que “xa está aquí o Guateque dos anos 60, a música, a cor e a nostalxia dos anos 60 e 70 volven a Ribadeo.  A Comisión do Carnaval e o Concello de Ribadeo, xunto con moitos amigos que nos botan unha man, xa ultimamos os detalles para o tradicional Guateque fin de verán, que arrancará a partir das 8 da tarde o vindeiro sábado, 29 de agosto, no Parque de San Francisco. A cita contará con música que repasará os grandes éxitos desa época e para os que queiran disfrutar desde primeira hora tamén haberá postos con empanada ou tortilla”.  

A edil ribadense dixo: “dende a organización queremos facer un...

leer más
17/07/2026

O programa Verán na Praza, impulsado polo Concello de Lourenzá, continúa o vindeiro mércores, 22 de xullo, con dúas actividades “pensadas para desfrutar do verán en familia e seguir dinamizando a vida social e cultural da vila”. Son paseos a cabalo e unha ruta nocturna a pé.

A primeira cita será ás 19:00 horas na Praza do Conde Santo, coa actividade infantil A cabalo en Lourenzá, organizada pola Asociación Cabaleiros de Lourenzá. “Durante dúas horas os nenos e nenas poderán gozar de paseos a cabalo e participar en diferentes actividades relacionadas co mundo ecuestre, nunha proposta lúdica e educativa que lles permitirá achegarse aos cabalos dunha forma divertida e segura. A actividade está pensada para o público infantil e as súas familias e é de carácter gratuíto”, explica a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, que...

leer más
04/07/2026

O Concello de Lourenzá pon en marcha este verán unha nova iniciativa “para dinamizar a Praza do Concello e convertela nun punto de encontro para veciñanza e visitantes. Baixo o nome de Verán na Praza, a programación reunirá actividades culturais, deportivas, musicais e de lecer que se celebrarán ao longo dos mércores dos meses de xullo e agosto. Esta nova proposta súmase á programación habitual do verán e nace co obxectivo de facer da praza un espazo vivo, aberto e participativo, pensado para persoas de todas as idades”.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica: “ademais da programación habitual, este ano quixemos dar un paso máis e crear unha iniciativa propia que lle dea vida á Praza do Concello durante todo o verán. Queremos que cada mércores sexa unha oportunidade para saír á rúa, compartir tempo en familia, atoparse cos...

leer más
30/06/2026

O Concello de Barreiros pon en marcha unha nova edición do seu programa de visitas guiadas Barreiros queda en ti durante os meses de xullo e agosto na que xa é a súa sexta edición amosando a diversidade cultural, natural así como a historia e identidade do territorio.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “Barreiros é un concello cun patrimonio en gran parte descoñecido. As visitas guiadas son unha das maneiras máis enriquecedoras de coñecelo e comprendelo, permitindo ademais aos participantes conectar emocionalmente co lugar.” E engade que “deste xeito non só se divulga o seu valor, senón que tamén se fomenta a súa conservación.”

O Concello de Barreiros engade que “a través de percorridos de diferentes temáticas e en diferentes localizacións os participantes terán unha oportunidade excelente para coñecer...

leer más
Etiquetas:
26/06/2026

En Ribadeo a Gastropraza continúa coa súa programación de actividades pensadas para afondar no coñecemento do produto, da tradición culinaria e dos procesos de elaboración que forman parte da identidade gastronómica galega. Entre finais de xuño e o mes de agosto este espazo acollerá sete citas arredor do café, o pan, os peixes de temporada e produtos emblemáticos como o porco celta ou a tenreira galega. Este sábado, día 27 de xuño, terá lugar unha sesión dedicada ao café, da man de Coffe Urban Roasters, profesionais do café de especialidade chegados desde Viveiro.

O Concello de Rbiadeo anuncia tamén que “no mes de xullo o día 4 terá lugar un obradoiro centrado na elaboración de masas de pan, unha proposta pensada para achegar ao público técnicas, coñecementos e fundamentos básicos dun alimento esencial na nosa cultura gastronómica. A Gastropraza continuará a súa actividade o...

leer más
Etiquetas:
01/06/2026

O prazo de inscrición no Programa Corresponsables Campamento Urbano de Verán de Viveiro 2026 abrirá o  martes 2 de xuño. O último día para presentalas será o venres 12. A actividade desenvolverase entre o 6 de xullo e o 28 de agosto no CEP Lois Tobío.

O Concello de Viveiro anuncia que as bases de selección e o modelo de solicitude estarán a disposición dos interesados no taboleiro de anuncios dixital, na páxina web municipal e nas dependencias do Concello. Os formularios poderán presentarse a través da sede electrónica, aínda que tamén se admitirán solicitudes de xeito presencial no Rexistro municipal, onde se facilitarán os impresos correspondentes.

O campamento está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2014 e 2022 e desenvolverase de luns a venres, en horario de 8.30 a 14.30 horas, con entrada flexible...

leer más
Etiquetas:
26/05/2026

O Concello de Xove, a través da súa Área de Muller e Igualdade, abre o prazo de inscición para o servizo de conciliación familiar Xove Concilia durante para este verán 2026. Todas as familias que precisen conciliar a vida laboral e familiar durante os próximos meses de vacacións escolares  poderán inscribirse ata o 13 de xuño a través da Sede Electrónica do Concello de Xove ou da súa Oficina de Información Xuvenil.

Este é un servizo que o Concello de Xove realiza desde o ano 2015, e que progresivamente foi ampliado e mellorado. Actualmente desenvólvese pola empresa Sonaga Gestión, S.L., adxudicataria do procedemento licitado en 2025.

Segundo explican desde o Concello “no programa Xove Concilia o Verán aténdense arredor de 100 nenas e nenos de 3 a 10 anos de idade, o que significa axudar nas necesidade de...

leer más
Etiquetas:
25/05/2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense e a Universidade da Coruña (UDC) organizan para o vindeiro mes de xullo un curso de verán baixo o título Emprender no sector turístico na Mariña Lucense, que se desenvolverá do 6 ao 9 de xullo en horario de 16 a 21 horas na antiga escola de San Cosme de Barreiros. Esta acción formativa, dirixida tanto ao alumnado universitario, como ao público en xeral e profesional, ten como obxectivo achegar coñecemento, habilidades e competencias profesionais interesantes de cara ao emprendemento. 

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explica que “a través de obradoiros e diferentes dinámicas con profesionais do sector, traballarase en temas tan interesantes como a análise de competencia, o modelo de negocio, o descubrimento de clientes, a avaliación financeira, a estratexia e o posicionamento...

leer más
24/05/2026

A área de Igualdade do Concello de Barreiros organiza campamentos de verán para as crianzas nadas entre os anos 2010 e 2022, actividades que se desenvolverán desde o 23 de xuño ata o 4 de setembro de 9:30 a 13:30 horas no CEIP San Cosme.

O Concello de Barreiros anuncia: “no marco do programa + Concilia Barreiros vamos ofertar cobertura desde finais de xuño ata primeiros de setembro: do 23 ao 30 de xuño; campamentos en quendas de 15 días  durante xullo e agosto; e en setembro do 1 ao 4”.

O prazo para presentar a solicitude está aberto e remata o día 1 de xuño. As bases e toda a información do programa poden consultarse na web municipal: ...

leer más