Gastropraza
O Concello de Ribadeo, coa colaboración da Xunta de Galicia, Acisa e a Asociación Provincial de Cociñeiros de Lugo impulsa o proxecto Gastropraza, unha iniciativa de dinamización da Praza de Abastos que busca poñer en valor o produto local, a hostalaría e o comercio de proximidade a través dun completo programa de actividades gastronómicas, educativas e divulgativas. A primeira delas será este sábado, 18 de abril, a partir das 12:00 horas. O protagonista será o tofu natural.
A iniciativa, que naceu hai un ano, terá continuidade ao longo dos vindeiros meses, convertendo a Praza de Abastos nun espazo vivo de encontro, aprendizaxe e degustación, onde se levarán cabo actividades para estudantes, degustacións e obradoiros onde se poderán aprender e poñer en práctica estilos e receitas de cociña centradas no produto de proximidade e de calidade...
leer másEste domingo, día 28 de setembro, terá lugar o Día do Pemento na praza de abastos de Ribadeo. A cita enmárcase no Mercados dos Domingos e na Gastropraza.
A concelleira de Comercio, Marta Saiz, anunciou que “este domingo, dia 28 de setembro, terá lugar no Mercado dos Domingos unha xornada na que o pemento será o protagonista, un produto que nesta zona non pode faltar na nosa cociña. Será unha xornada moi animada, moi entretida, posto que ao xa concorrido Mercado dos Domingos unirase a Gastropraza, o proxecto que o Concello de Ribadeo leva meses desenvolvendo con gran participación da man da Asociación de Cociñeiros de Lugo para potenciar e promocionar a nosa praza de abastos”.
A edil ribadense contou que “nesta ocasión haberá unha elaboración e degustación de receitas con pementos, que dará comezo as 11 da mañá e...
leer más




