Ribadeo Sabe
A tapa de Kalpa Amodiño é a gañadora do xurado profesional do Ribadeo Sabe. O renovado concurso gastronómico desenvolverase desde mañá, xoves, ata o domingo, 17 de maio, en 22 locais hostaleiros. Foron un total de 12 as propostas elaboradas e presentadas esta tarde diante do xurado na Praza de Abastos de Ribadeo.
O xurado profesional de renome do Ribadeo Sabe estivo composto por Rafa Centeno, chef de Vértigo, de Sober (única estrela Michelin da provincia de Lugo); Juan Rubiños, presidente da Asociación de Cociñeiros Lugo e chef executivo de Il Farabutto, de Lugo; Alberto Veiga, sumiller de restaurante Nito, de Viveiro, e barista en Coffee Urban Roasters, tamén en Viveiro; e Daniel Gutiérrez, influencer gastronómico lucense @oidocomida. O xurado destacou a calidade das tapas presentadas esta tarde e recoñeceron tamén as elaboracións de La...
leer másO mércores 6 de maio ás 12:00 horas, na Praza de Abastos de Ribadeo terá lugar a Masterclass Armonía de Viños, impartida polo sumiller Alberto Vega. A actividade enmárcase no Ribadeo Sabe, o renovado concurso gastronómico de tapas, que organizan o Concello e Acisa.
“Trátase dunha actividade especialmente orientada ao sector hostaleiro, concibida como un espazo de formación e intercambio arredor da harmonía entre bebidas e gastronomía. Durante a sesión os asistentes catarán viño branco, viño tinto e diferentes cervexas, e recibirán consellos e orientacións sobre combinacións de sabores con distintas bebidas, co obxectivo de achegar ferramentas útiles para a aplicación práctica na hostalaría e para mellorar a experiencia gastronómica dos clientes”, explican desde a asociación Cociñeiros Lugo. E subliñan que “esta masterclass busca...
leer másAta o 15 de abril está aberto o prazo de inscrición no Ribadeo Sabe, o renovado concurso gastronómico que organizan o Concello e Acisa. A cita terá lugar do 14 ao 17 de maio.
O Ribadeo Sabe chega con importantes novidades. O premio para o local gañador do xurado profesional será un curso no Basque Culinary Center e estancia en San Sebastián e diploma acreditativo. E o premio para o local gañador do xurado popular será unha visita máis cata en Bodega Regina Viarum, comida para dúas persoas no restaurante Vértigo (1 estrela Michelin) e diploma acreditativo.
O xurado profesional de renome do Ribadeo Sabe estará composto por Rafa Centeno, chef de Vértigo, de Sober (única estrela Michelin da provincia de Lugo); Juan Rubiños, presidente da Asociación de Cociñeiros Lugo e chef executivo de Il Farabutto, de Lugo; Alberto...
leer más





