concurso

13/11/2025

O Concello de Cervo vén de convocar un concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio. As obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio. Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono. Establécese un premio por cada modalidade: de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos. O prazo de recepción remata o 1 de decembro de 2025 e o fallo do xurado farase público o 3 de decembro de 2025.

Entre as tres postais finalistas o xurado elixirá unha, que será a protagonista das felicitacións de Nadal do Concello.

11/11/2025

A Banda de Música O Landro, de Viveiro, convoca o IV Concurso de Marchas Procesionais Blas García Liz, no que colaboran o Concello de Viveiro e a Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro. A data límite de entrega é o día 9 de xaneiro do ano 2026 ás 23:59 horas.

“Este concurso non só é unha oportunidade para que compositores e músicos mostren o seu talento, senón que tamén para que tod@s desfrutemos da beleza e solemnidade que as marchas procesionais aportan ás nosas festividades. Sentímonos emocionados de recibir obras que reflexan a devoción e a arte que caracteriza a nosa...

leer más
Etiquetas:
29/10/2025

Fallado o XI Concurso de Fotografía de Medio Ambiente Xove, a súa costa e o seu mar. A entrega de premios será este venres, día 31 de outubro, ás 20:00 horas no salón de plenos municipal.

O Concello de Xove anuncia os gañadores desta nova edición, que “contou coa maior participación ata o momento. Grazas a todos e todas por compartir o voso talento e amor pola natureza e o noso mar. Os premiados son: 1º, Miguel Ángel Díaz Gallego, coa foto Luces (120 euros); 2º, Alberto Rapa Martínez, coa foto Remanso Nocturno (100 euros); 3º, Germán Paleo Navarro, coa foto Rastro de Luz (90 euros); 4º, David Pablo Salgueiro, coa foto Mirador (75 euros); e 5º, Mónica Vila Ferreirós, coa foto Papel (65 euros). Noraboa aos gañadores e o noso sincero agradecemento a todos os participantes. Grazas tamén ao xurado, formado...

leer más
24/10/2025

O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convoca o X Concurso de Fotografía O Mellor Recuncho de Mondoñedo, baixo o lema Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta, que ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2026 coas mellores fotografías de recunchos da localidade. Abriuse o prazo de presentación de orixinais que rematará o venres día 28 de novembro.

As fotos deben presentarse en soporte dixital no seguinte enderezo de correo electrónico: recunchosdemondonedo@gmail.com e deberase indicar no asunto “Concurso Fotografía 2025”. No corpo do correo incluirase o nome do/da participante e un número de teléfono de contacto. Pode presentarse unha foto por participante.

O Concello de Mondoñedo explica...

leer más
18/10/2025

A asociación xuvenil La Moderna, creada recentemente en Ribadeo, convoca un concurso de relatos de Samaín para o cal o prazo de entrega dos traballos remata o día 20 de outubro, luns.

Hai tres categorías: ata 12 anos de idade, de 12 a 18 e maiores de 18 anos. Os relatos deberán ser en galego, con extensión libre e pódense entregar na biblioteca municipal El Viejo Pancho, onde será a entrega de premios o 25 de outubro.

Etiquetas:
28/08/2025

O Concello de Xove, a través da súa Concellería de Medio Ambiente, convoca unha nova edición do Concurso de Fotografía Medioambiental. Nesta ocasión, o certame ten como protagonista a riqueza natural da costa e do mar de Xove. 

O prazo de presentación das fotografías estará aberto ata o 30 de setembro deste 2025. Os traballos poderán entregarse no Rexistro de Entrada de Documentos do Concello ou enviarse por correo postal, facendo constar a data de presentación na oficina de Correos.

As bases completas e a convocatoria están dispoñibles na páxina web oficial do Concello: www.xove.es . Para quen precise máis información, tamén se pode chamar ao teléfono 982 592 001 (Departamento de Medio Ambiente).

Nesta edición establécese unha categoría única con premios...

leer más
Etiquetas:
16/06/2025

O Concello de Burela lanza MoldeArte, un concurso artístico dirixido a persoas creadoras e colectivos interesados en realizar unha intervención artística no molde do faro Pena Burela, restaurado e instalado na contorna da Marosa. A iniciativa inscríbese no proxecto O espello do faro, financiado polo GALP A Mariña – Ortegal a través do FEMPA, e ten como obxectivo continuar coa posta en valor do patrimonio cultural material e inmaterial pesqueiro da vila.

A convocatoria permanecerá aberta durante 30 días naturais dende a súa publicación oficial, e contará cun orzamento de 3.500 euros para a execución da proposta seleccionada. As bases completas poden consultarse nas canles oficiais do Concello de Burela, e para calquera dúbida habilitouse o correo electrónico de contacto: burelafempa@...

leer más
06/05/2025

O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, convoca o XV concurso fotográfico de medio ambiente Cervo Respecta 2025.

Os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia. Terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio, anuncia o Concello de Cervo. Deberanse presentar en formato dixital (JPEG), en alta calidade, a unha resolución mínima de 2.048 pixeles, sen limitación de tamaño en MB; a través do correo medioambiente@concellodecervo.com. O prazo para presentar as imaxes remata o 23 de maio.

Hai tres premios establecidos: un primeiro, un segundo, e...

leer más
Etiquetas:
02/05/2025

Con motivo do Día Internacional do Medio Ambiente, o Concello de Xove convoca a cuarta edición do concurso fotográfico Cal é o teu lugar preferido de Xove? O obxectivo é “poñer en valor aqueles lugares do concello de Xove menos coñecidos”.

Hai tres categorías: ata 12 anos de idade; de 13 a 17 anos; e maiores de 18 anos. O prazo para a presentación das fotos está aberto ata o día 23 de maio ás 00:00 horas.

As bases poden consultarse na web www.xove.es.

Etiquetas:
02/05/2025

A Asociación Española de Puzzles organiza o III Concurso Solidario Puzzleo Ribadeo este domingo, día 4 de maio, no pavillón municipal de deportes que está na rúa Alfredo Deaño, desde as 10:00 horas.

A organización do evento anuncia: “o domingo 4 de Maio volveremos puzzlear en Ribadeo. Ás 10 horas será o turno das tres categorías de infantil e ás 12 horas comezará a categoría de parellas. Esta vez queremos colaborar coa Asociación de Enfermos con Charcot Marie Tooth (CMT), da que nos sentimos moi preto. O seu propósito é mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por esta enfermidade neuromuscular a través do apoio mutuo, a promoción da investigación, a concienciación respecto á realidade da enfermidade e a reivindicación dos dereitos e necesidades de todol@s afectad@s”.