concurso

Etiquetas:
08/02/2021

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura  e a Biblioteca Municipal de Xove, puxo en marcha unha nova edición do Concurso de Caretas de Entroido.  Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e aos de ESO do IES Illa de Sarón. 

Segundo idade, temos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.

Cada concursante pode presentar unha ou máis caretas a este Concurso, iso sí, só poderá optar a un solo premio. Lóxicamente, dende o Concello o que pretendemos con este Concurso é  potenciar  a participación e creatividade dos nosos...

leer más
Etiquetas:
07/12/2020

La Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos de Ribadeo convoca el concurso de decoración navideña Ilumina o teu Nadal, con el que repartirá 400 euros en premios. Este concurso se convoca con el fin de fomentar la decoración de comerciantes, hosteleros y vecinos en general, en fachadas, balcones, jardines particulares, escaparates o cualquier elemento que dé al exterior en locales o viviendas.
Francisco Miguel Iriarte, presidente de Acisa Ribadeo, explica que “desde Acisa quisimos poner en marcha este concurso para animar a la ciudadanía a decorar todo aquel espacio o elemento de su casa o local que dé al exterior, a la vía pública, para que entre todos creemos un gran ambiente de navidad en Ribadeo en este 2020”.

Iriarte Quintana anima “a participar a todos los negocios sean o no socios de Acisa, a decorar sus...

leer más
Etiquetas:
02/12/2020

AciaFozCCA organiza unha nova edición do seu Concurso de Escaparates, que se desenvolverá do 15 de decembro ao 6 de xaneiro. Esta é unha das actividades previstas para este Nadal. 

Os negocios interesados en participar no Concurso de Escaparates deberán enviar a AciaFozCCA a foto do seu local decorado para a ocasión antes das dúas da tarde do vindeiro 15 de decembro. As imaxes serán publicadas no facebook da asociación para que todo o mundo poida velas. Un xurado elixirá aos tres escaparates premiados. 

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, fai unha chamada “á participación no Concurso de Escaparates, adornando os negocios de Foz e contribuíndo deste xeito a crear un bo e alegre ambiente de Nadal, xunto ao alumeado que se acenderá xa esta semana”.

Ata Foz chegará tamén a campaña...

leer más
Etiquetas:
01/12/2020

O Concello de Lourenzá convoca un concurso de postais entre os escolares de Infantil e Primaria do municipio. A premiada será empregada polo Concello como felicitación de Nadal.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “os traballos deberán presentarse en cartolina A4 e a técnica é libre. Establécese un único premio de 100 euros e trofeo”.

O prazo de entrega, na biblioteca municipal, está aberto ata o día 16 deste mes.

22/11/2020

A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro organiza o certame de postais Un Nadal para todos.

Poden participar todos os nenos e nenas, e mozos e mozas de entre 3 e 16 anos que residan no concello. O prazo de presentación remata o día 1 de decembro, ás 14:00 horas, e os traballos deberán presentarse nas oficinas da Casa da Cultura (previa cita), no email concurso@valadouro.org , na sede electrónica do Concello de O Valadouro, no CEIP Santa María do Valadouro ou no IES Alfoz-Valadouro.

A temática será o Nadal e a técnica libre, nun tamaño A5.

Haberá tres categorías: Infantil A (de 3 a 6 anos), Infantil B (de 7 a 10 anos) e Xuvenil (de 11 a 16 anos).

O primeiro premio consistirá na reprodución da postal como...

leer más
Etiquetas:
13/11/2020
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense anima a participar á cidadanía no concurso posto en marcha dentro da iniciativa Cociñando A Mariña Lucense. O prazo de presentación das vídeo-receitas finaliza o próximo 22 de novembro. O ente leva a cabo este proxecto en colaboración coa FCAM e co apoio da Axencia de Turismo de Galicia. 
 
A Mancomunidade lanzou este concurso de vídeo-receitas para o público xeral o pasado 23 de outubro, despois de ter dado a coñecer o traballo dos distintos produtores existentes no territorio nas súas redes sociais durante case un mes. Ademais, a próxima semana fará pública na web a Guía de Produtores da Mariña Lucense onde figuran os 154 que quixeron participar dos 243 identificados en toda a comarca.
 
Desde o...
leer más
Etiquetas:
03/11/2020

O Concello de Alfoz, coa colaboración da Deputación de Lugo, convoca a primeira edición do concurso de fotografía denominado Alfoz no Outono, para o cal o prazo de presentación de traballos remata o 30 de novembro de 2020.

Hai tres premios: de 300 euros, 200 euros e 150 euros. Os premiados tamén recibirán diplomas.

As bases están publicadas na web www.concellodealfoz.com e os interesados en obter máis información poden solicitala a través do correo turismo@concellodealfoz.com e do teléfono 982.558.001 (extensión 2).

 

28/10/2020

A Delegación de Mocidade do Concello de Mondoñedo organiza o I Concurso de Decoración Noite de Samaín.

Os participantes terán que decorar a fachada da súa casa, ventás, portas ou entradas visibles, coa temática propia do Samaín. Valorarase a fachada máis orixinal e a decoración realizada con materiais de refugallo e deberá permanecer decorada ata o día 1 de novembro.

Poderán participar todos aqueles particulares, propietarios ou inquilinos tanto da zona urbana como rural do concello mindoniense. As solicitudes terán que presentarse nas oficinas do Concello de Mondoñedo, no teléfono 982 524 003 ou na dirección de correo electrónico xuventudemondonedo@gmail.com. Deberán adxuntarse imaxes da decoración ás solicitudes e o prazo para presentalas remata o día 31 de...

leer más
Etiquetas:
21/10/2020

A iniciativa Cociñando A Mariña Lucense, posta en marcha pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense en colaboración coa FCAM e co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, lanza un concurso de vídeo-receitas para o público xeral despois de ter dado a coñecer o traballo dos distintos produtores existentes no territorio durante case un mes. O certame desenvolverase do 23 de outubro ao 22 de novembro e haberá interesantes premios para os tres gañadores. 

Desde a Mancomunidade explican que “o obxectivo desta iniciativa no seu conxunto, pasa por posicionar a comarca como referente do turismo gastronómico e por poñer en valor aos produtores, aos produtos e á gastronomía local. Trátase dunha acción de resposta á actual crise sanitaria que está a sufrir o sector, apostando por revitalizar os recursos endóxenos e situar á comarca como un...

leer más
Etiquetas:
21/08/2020

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, convoca o VII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.

Dentro do concurso haberá unha única categoría. En canto aos premios, serán cinco en metálico:
Primeiro premio: 120 euros
Segundo premio: 100 euros
Terceiro premio: 90 euros
Cuarto premio: 75 euros
Quinto premio: 65 euros

Normas do concurso:
A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán  imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as que deberán ser sacadas dentro...

leer más