O CCH de Viveiro, en colaboración co Concello, organiza o III Concurso de Decoración de Nadal. O prazo de inscrición remata o 23 de decembro.

Segundo explican desde o Centro Comercial Histórico de Viveiro “poden participar todos os veciños e todos os establecementos comerciais e de servizos que decoren a súa fachada, balcón, escaparate ou interior do local. 

Haberá 300 euros en premios para a Categoría de Veciños e outros 300 euros para a de Comercios.

As persoas ou establecementos interesados en participar poden consultar aquí as bases ou en www.viveirocentro.com ou obter máis información chamando ao 982550707, enviando un WhatsApp +34 650 50 67 17 ou escribindo á seguinte dirección de correo electrónico info@viveirocentro.com