Exposiciones

09/11/2026

O xornalista, escritor e crítico de arte arxentino-galego Manuel Álvarez Prieto continúa impulsando iniciativas culturais e presenta na Casa da Cultura de Burela unha mostra do pintor Juan Miguel de Prada, que ademais de artista foi xogador e adestrador do Club Baloncesto Breogán e tamén dirixiu ao Ribadeo CB. A mostra poderá visitarse na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela entre o 18 de novembro e o 11 de decembro de 2026. A inauguración terá lugar o mércores 18 de novembro ás 19.30 horas.

Manuel Álvarez Prieto, xornalista, escritor, crítico de arte e promotor cultural, prepara unha nova exposición na Casa da Cultura de Burela cando está a piques de cumprir 92 anos. O veterano comunicador, coñecido tamén por ser o pai do guía turístico lucense Guido Guía, continúa desenvolvendo unha actividade cultural que forma parte esencial da...

leer más
04/11/2026

O complexo cultural Regal Xunqueira, no municipio de Viveiro, exporá a mostra de pinturas de S. Torres titulada Un mar de miradas desde este venres, 6 de novembro, ata o día 31 de decembro.

Regal Xunqueira anuncia que é “unha exposición para contemplar o mar dende diferentes perspectivas empregando estilos de artistas como Picasso, Miró, kandinsky, Bansky, ... Un mar de miradas nace da necesidade de observar o mundo mariño dende diferentes formas de expresión artística. O emprego da cor como protagonista e cunha interpretación fragmentada e dinámica do mundo mariño, onde as olas, peixes,... se transforman mediante xeometrías. Cada obra propón unha mirada distinta sobre o mar, os seus habitantes, as súas paisaxes e as súas infinitas posibilidades. Esta exposición é un percorrido por diferentes interpretacións do universo...

leer más
Etiquetas:
25/10/2026

O Edificio Multiusos de Ourol acolle ata o día 4 de novembro a exposición titulada ExpressArte - 15 visións, “unha mostra que nos achega, a través da fotografía e da arte, a diferentes realidades e experiencias vividas por mulleres vítimas de violencia de xénero. A exposición reúne o traballo artístico de 15 mulleres, que reinterpretan obras de arte recoñecidas desde unha perspectiva de xénero, ofrecendo novas miradas e convidando á reflexión sobre a igualdade, a liberdade e o respecto”, explica o Concello de Ourol, que engade: “unha proposta que combina arte, compromiso social e igualdade, contribuíndo á sensibilización e á prevención da violencia de xénero desde o ámbito local”.

É unha actividade organizada no marco do acordo de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a FEGAMP para a conformación dunha...

leer más
Etiquetas:
19/10/2026

A Casa da Cultura acolleu a inauguración da exposición de pintura titulada Arte neofuturista, do artista Xosé López Losada, coñecido como Xolo, nun acto “cargado de emoción no que a cor e a creatividade se converteron nas grandes protagonistas”, explica o Concello de Cervo.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, estiveron presentes nesta inauguración, acompañando o artista, respaldado por varios dos seus compañeiros e compañeiras da asociación Saúde Mental A Mariña. “Un dos momentos máis especiais da xornada chegou cando o artista agasallou a alcaldesa con dúas das súas obras, nun xesto cheo de afecto que engadiu aínda máis emoción a esta inauguración”, engade o Concello de Cervo e a alcaldesa agradeceu a Xolo que “quixese compartir con todos nós o seu talento e a súa obra”,...

leer más
16/10/2026

O Pazo de San Tomé, de Mondoñedo acolle ata o 15 de novembro exposición fotográfica Gardiáns, de Jorge Arévalo, con máis de medio cento de imaxes sobre o traballo nas ganderías e a pegada dos animais na cultura.

“A mostra, promovida pola Federación Galega de Razas Autóctonas (Boaga) e financiada pola Vicepresidencia da Deputación, xurdiu como un percorrido por ganderías con animais de razas autóctonas, que o autor transcendeu para ofrecer unha ollada máis profunda e complexa a relación entre os animais e as persoas na cultura galega. Así as fotografías recollen escenas do traballo diario co gando, dos ciclos vitais dos animais ou as consecuencias dos lumes na actividade gandeira e tamén amosan a pegada dos animais na cultura a partir de celebracións como o Entroido. As imaxes compleméntanse con textos de Olga Novo e Alfonso Daniel...

leer más
20/09/2026

A Subdelegación de Defensa en Lugo, en colaboración co Concello de Xove, presenta ata o día 27 de setembro unha “interesante exposición fotográfica que nos achega á realidade xeográfica, social e económica de Afganistán, así como á presenza militar española no país”, anuncia o Concello de Xove, que engade: “a mostra reúne 30 fotografías, paneis informativos, uniformes e diverso material que permiten coñecer as diferentes fases da misión das Forzas Armadas españolas, desde 2001 ata finais de 2014, no marco da ISAF (Forza Internacional de Asistencia para a Seguridade)”.

O Concello de Xove tamén explica que “as imaxes amosan o traballo desenvolvido en ámbitos como a asistencia sanitaria, a seguridade, a loxística, o control e a vixilancia, así como as relacións entre o pobo afgán e os nosos militares. Unha exposición que tamén nos invita a...

leer más
02/09/2026

Este mércores, 2 de setembro, inaugurouse na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, en Lugo, o proxecto expositivo titulado 500 mulleres na arte, da artista e investigadora Concha Mayordomo. A mostra reúne medio milleiro de debuxos de artistas, teóricas, mecenas e xestoras vinculadas ao mundo da arte de España, Portugal e países americanos de fala hispana e lusófona de distintas etapas históricas, desde o Barroco ata a contemporaneidade. Os debuxos,  primeiros planos feitos a lapis a partir de retratos pictóricos ou fotográficos, preséntase con cadanseu código QR con acceso a reseñas biográficas das protagonistas. Nove deles estarán no Museo do Mar, de San Cibrao (Cervo), ata o día 30 de outubro.

A Vicepresidencia da Deputación explica que “o proxecto, que combina creación plástica e investigación, constitúe unha achega...

leer más
02/09/2026

O complexo cultural Regal Xunqueira, no municipio de Viveiro, exporá pinturas de Fernando Laxe Bouzamayor do 4 de setembro ao 4 de novembro.

A mostra, titulada Óleos - Obra reciente 2020-2026, será inaugurada este venres, día 4 de setembro, ás 20:30 horas.

O artista Fernando Laxe Bouzamayor dá a coñecer a súa traxectoria artística: “comienzo mi actividad como pintor en torno al año 68 del pasado siglo. Mi primera curiosidad va dirigida hacia el expresionismo costumbrista, tomando como tema el de los personajes con los que compartía mi entorno local, en mi aldea. Pronto pasé a buscar inspiración, o referencias en bodegones o paisajes realistas. Y de ellos pasé a adentrarme en un mundo surreal con referencias en Magritte, que aun no conocía, pero con el que tuve cosas en común, lo mismo que con Dalí. Esta...

leer más
Etiquetas:
25/08/2026

Ata este mércores, día 26 de agosto, a Oficina de Turismo de Ribadeo acolle unha exposición de pintura de Enol Blanco Puga e Félix Blanco. A mostra, titulada Compartindo e entendendo a creatividade neurodiverxente é “para descubrir diferentes formas de expresar, crear e entender a arte”, explica o Concello de Ribadeo.

Esta exposición pode visitarse todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

Etiquetas:
20/08/2026

A Asociación Mauro Leivas inaugurou este xoves, 20 de agosto, no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña Lucense), en Foz, a exposición Ukiyo-e: de paxaros e sacabeiras, que reúne 46 obras de Mauro Leivas (1955-2025) e que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 13 de setembro.

A organización explica que “máis de 150 persoas ateigaron a sala de exposicións do primeiro piso do CENIMA para acompañar a asociación nesta primeira mostra. Ao acto asistiron o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero; o deputado provincial Daniel García; concelleiros de Foz e de Barreiros; e Néstor Leivas, presidente da Asociación Mauro Leivas. No acto interviñeron a vicepresidenta da Asociación Mauro Leivas, Mariam Ferreira; a xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, Encarna Lago; a comisaria de exposicións, Silvia Fiallega; os artistas...

leer más