Exposiciones
Este venres, día 13 de marzo, tivo lugar en Barreiros a inauguración da exposición Fauna Esencial, da Fundación Abanca e Abanca Corporación Bancaria. Estará situada no salón do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro ata o 10 de abril e o horario de visita é de luns a venres de 9:30 a 14:30 horas, con entrada de balde.
O Concello agradece “a Abanca Corporación Bancaria e á Fundación Abanca que conte con Barreiros para achegar a cultura a concellos coma o noso”.
O Concello de Barreiros, a Fundación Abanca e Abanca Corporación Bancaria, asinaron un convenio de colaboración para traer a Barreiros a exposición Fauna Esencial. “É unha exposición dunha serie de fotografías de fauna ibérica. Cada unha delas, leva textos explicativos que dan datos das especies: hábitat, alimentación, ou perigos que enfronta actualmente para sobrevivir. Esta mostra está unida a Cultura por alimentos e haberá habilitado un estante para que a xente da zona poidan levar algún alimento, cando visiten a mesma, que será doado, ao remate do período expositivo. A exposición situarase no salón do Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros e abrirá de 9:30 a 14:30 h de luns a venres. A entrada é gratuíta”, explica o Concello de Barreiros, que engade: “o acto institucional de apertura será o venres 13 de marzo ás 11:30 horas e...
leer másA Biblioteca Municipal de Barreiros celebra o Día de Rosalía cunha exposición sobre a escritora que poderá visitarse durante esta semana, ata finais deste mes de febreiro.
“O 23 de febreiro conmemoramos o legado dunha muller esencial na defensa e dignificación da lingua e da cultura galega, autora de obras fundamentais como Cantares gallegos. Desde a Biblioteca Municipal de Barreiros sumámonos a esta celebración cunha exposición que nos lembra a importancia de coidar e valorar o noso idioma e a nosa identidade. Podedes visitala durante toda a semana no horario habitual da biblioteca”, anuncia o Concello de Barreiros.
O CENIMA de Foz acolle unha mostra de Entroido dedicada á comparsa local As Farangullas. Poderá visitarse ata o día 28 de febreiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas. A inauguración foi presidida polo alcalde de Foz, Fran Cajoto, e tamén participaron varios concelleiros.
O Concello de Foz explica que esta exposición “pon en valor a creatividade, o traballo artesanal e o espírito do Entroido. As pregoeiras deste ano fan un percorrido pola súa historia como comparsa a través dos traxes que marcaron a súa traxectoria entroideira, nunha mostra chea de memoria, cor e identidade. Unha cita imprescindible para vivir o Entroido tamén a través da arte”.
E o deputado provincial Daniel García achegouse á inauguración da exposición de Entroido da comparsa As Farangullas de Foz, que mostra traxes, toucados, fotografías e...
leer másA exposición fotográfica de Anxo Cao titulada Azores: oasis atlántico poderá visitarse no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos (Cervo), concretamente na Sala Xosé Vizoso, ata o día 8 de marzo, domingo.
O Concello de Cervo anuncia: “como sabemos que está gustando moito e para aqueles/as que aínda non a puidestes visitar anunciamos que a exposición amplíase un mes máis e poderá visitarse ata o 8 de marzo, no mesmo horario. Mergúllate na biodiversidade do Océano Atlántico a través dunha espectacular colección de fotografías subacuáticas. Un percorrido único pola fauna atlántica: aves mariñas, grandes cetáceos, quenllas, tartarugas e especies rarísimas captadas co máximo respecto polo medio mariño”.
O belén instalado pola asociación Bágoas da Terra, de Viveiro, que inclúe figuras en movemento e co traxe rexional galego, pode visitarse no salón de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro (antigo Concello) ata o día 6 de xaneiro, martes. Está aberto ao público de 12:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30.
As figuras e as maquetas foron feitas a man por Hortensio Gómez e o mural e carteis a óleo son obra de Esther Raposo.
A Vila de Nadal de Vilanova de Lourenzá é este ano máis grande e inclúe varias novidades. Poderá visitarse ata o día 11 de xaneiro. Ademais o Concello aumentou a decoración nas parroquias de Santo Adrao, Santo Tomé e San Xurxo.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, explica que a Vila de Nadal “empezou no 2016, cando xurdiu a idea de facer unha decoración navideña con material reciclado. A partir dese momento foise creando cada ano algunha cousiña nova e innovando ata chegar a todo o que hoxe temos aí. Ao principio eran poucas cousas e agora xa se nos queda a praza pequena e temos que ir estendéndoa a outras zonas. Nesta edición seguimos avanzando no tema dos oficios e puxemos un barbeiro e unha biblioteca. Outra das novidades é un tiovivo, para aumentar a escena que vén a representar unha festa; xa tíñamos unhas lanchiñas, uns músicos e agora...
leer másO Colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, organiza para este martes, día 23 de decembro, actividades sobre tradición oral. Serán no Conservatorio de Música.
“O martes 23 de decembro imos converter o Conservatorio de Música de Viveiro nun espazo expositivo onde lembrar e compartir a nosa tradición oral”, anuncia Pensamento e Sementeira, que organiza unha exposición que poderá visitarse de 11:00 a 14:00 e 16:00 a 18:30 horas. É “un percorrido pola memoria das cantareiras e dos cantares populares, poñendo en valor as voces e os saberes transmitidos de xeración en xeración”. E tamén haberá un obradoiro de cantigas e tradicións de Nadal, de 18:30 a 20:00 horas; “un encontro arredor das cantigas e costumes do Nadal, dinamizado por Branca Villares”.
Estas actividades son gratuítas, pero para participar no...
leer másO municipio de Cervo acollerá a mostra titulada Azores: oasis atlántico, “unha exposición fotográfica de Anxo Cao que vos convidamos a descubrir este Nadal, desde o vindeiro 29 de decembro. Unha mostra que busca transmitir coñecemento sobre a biodiversidade oceánica a través de fotografías que chamen a atención do público pola súa estética”, anuncia o Concello de Cervo, que engade: “a través das fotografías subacuáticas, poderemos ver a diversidade de fauna no noso Océano Atlántico, desde pardelas ata cachalotes, pasando por peixes lúa, quenllas, baleas piloto, tartarugas e mesmo a estraños e extremadamente raros polbos peláxicos.
En definitiva, unha homenaxe á biodiversidade que podemos ver, apreciar e que tamén debemos protexer si queremos continuar disfrutando de un océano rico e necesario”.
A...
leer másA Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ofrecerá no Pazo de San Tomé, de Mondoñedo, unha exposición de fotografías de José Pernas Moirón que reflicten a vida na localidade entre as décadas de 1950 e 1960. O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, presentou a mostra, que se inaugurará este venres, día 12 de decembro, ás 18:00 horas e poderase visitar durante todo o Nadal.
Trátase dunha recompilación de 65 fotografías enmarcadas, descritas e datadas polo Arquivo Histórico Provincial de Lugo, coa colaboración de Andrés García Doural, “gran coñecedor de Mondoñedo e das súas xentes”, destaca a Xunta de Galicia, que ademais explica que “Pepe Pernas, como era coñecido en Mondoñedo, era fillo doutro grande da fotografía, Santiago Pernas Salazar. Foi un fotógrafo de rúa que captou o acontecer da vila, desde a paisaxe...
leer más












