San Ciprián

07/04/2024

O Concello de Cervo inaugurou a mostra “Surcando Mares”, na finca anexa ao Museo do Mar, que é propiedade municipal.

A exposición nace froito dun convenio de colaboración coa asociación Mar de San Ciprián, para a posta en valor desta parcela, a través da cesión de diferentes pezas relacionadas co mundo marítimo (áncoras, hélices, maquinillas, haladores…), propiedade de Moncho Rivas e de Ángel Fernández, instaladas nestes terreos “que pouco a pouco iremos convertendo nun museo ao aire libre para desfrute de veciños e visitantes”, precisou a alcaldesa.

Durante o acto, que arrincou cun concerto da orquestra do Conservatorio de Viveiro, na Praza dos Campos, a rexedora apuntou que “é un día importante para Cervo, no que poñemos en valor esta finca municipal anexa ao museo do mar grazas a un convenio subscrito coa...

leer más
04/04/2024

O Concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o  XV Campionato Galego de Nihon Tai-jitsu e o II Interautonómico desta disciplina, o vindeiro sábado, 6 de abril. 

A rexedora, Dolores García Caramés, e a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, presentaron o evento acompañados do director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.

Está prevista a participación de máis de 70 deportistas de toda Galicia e Asturias que competirán na modalidade de kata individual.

A proba disputarase a partir das 17:00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz.

Haberá trofeos para os mellores participantes.

24/03/2024

O Concello de Cervo anuncia que do 6 de abril ao 3 de maio “teremos a oportunidade de desfrutar dunha impresionante mostra fotográfica de Sindo Novoa baixo o título "Un día na Rapa das Bestas (Do monte ó curro)", que nos permitirá coñecer de preto como se vive esta festa en Sabucedo, a través da óptica deste fotógrafo”.

A inauguración da mostra será o sábado, 6 de abril, ás 12:30 horas na Sala de Exposicións da Casa da Cultura, en San Ciprián.

19/03/2024

San Ciprián acollerá o próximo 30 de marzo a II Gran Festa das Xeracións, organizada polo club de trail local A Fume de Carozo coa colaboración do Concello de Cervo.

A cita, que terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián, foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, e polos membros de A Fume de Carozo, Pepín, Beto e Marcos.

Tal e como precisan desde a organización, esta Festa das Xeracións, que vai xa pola segunda edición, naceu como un complemento ás actividades deportivas que promoven desde este club de trail “como unha xornada de convivencia e de reencontros entre persoas da mesma xeración, que se irán acomodando en función da década de nacemento; e mesmo é un aportunidade para forxar novas amizades, porque o evento está aberto a toda a...

leer más
09/03/2024

O Concello de Cervo anima a asistir ao I Festival do Guioncho que terá lugar, da man da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, o 13 de abril nunha carpa instalada na Praza dos Campos.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola tenente de alcaldesa, Mali Méndez, e por unha representación da asociación que se encarga do evento  que terá como cabeza de cartel a El Combo Dominicano, acompañado pola orquestra Waykas.

A entrada anticipada por un prezo de 10 euros pode adquirirse nos locais comerciais ou ese mesmo día en taquilla a partir das 18:00 horas.

Haberá tamén servizo de autobuses con saída ás 22:00 horas desde Viveiro e Burela.

 

Etiquetas:
05/03/2024
A XXXI edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 16 de marzo, en San Ciprián. Para ese día están programadas diferentes actividades que terán ao equinodermo como protagonista.
 
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola tenente alcaldesa Mali Méndez, e por representantes da hostalería local e da asociación Mistura, que participan neste evento declarado de Interese Turístico Galego.  
 
Como en anteriores edicións, tamén se celebrará un concurso gastronómico que está aberto aos locais da hostalería de San Ciprián que participan na festa: O Noso Lar, As Titas, O Faro, A Bodega de Ana, Maruxaina e Aquelarre. O concurso será mañá mércores, 6 de marzo, na Casa da Cultura. Os participantes deberán entregar as súas...
leer más
29/02/2024

San Ciprián acollerá o sábado 23 de marzo a VIII Foliada Nordestía cun programa completo e variado pensado para todos os públicos, que se desenvolverá na Praza dos Campos.

A cita está organizada por A Rebolaxe e conta coa colaboración do Concello de Cervo, 
O rexedora, Dolores García Caramés, a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, e membros da asociación organizadora A Rebolaxe, presentaron o evento que encherá de vida e moita música San Ciprián durante todo o día. 

O programa arrinca ás 12:00 horas con Cantos de Taberna polos diferentes locais de hostalería. A inscrición está aberta ata o 13 de marzo, a través do correo a foliadanordestia.cantos@gmail.com .

Xa ás 15:00 horas está previsto un xantar popular e pola tarde haberá...

leer más
20/02/2024

O concello de Cervo celebrará este vindeiro sábado 24  de febreiro a Festa do Mexillón, que vai pola XXX edición. 

Ao longo da xornada os 9 locais participantes ofrecerán unha ampla degustación de tapas que terán no mexillón o seu denominador común. Participarán O Noso Lar, Las Titas, A Bodega de Ana, O Faro, Aquelarre, Maruxaina, O Trasgo, Habana e o bar El Puerto. 

A festa estará amenizada á noitiña, desde as 22:30 horas, pola orquestra Zona Zero e pola Disco Móbil Revoluxxion.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a tenente al alcalde, Mali Méndez, e por unha repesentación dos locais participantes.

Tal e como anotou  a alcaldesa “este tipo de festas gastronómicas contribúen a darlle vida á nosa vila e sempre son un reclamo para atraer...

leer más
Etiquetas:
06/01/2024

Este domingo, 7 de xaneiro, o Concello de Cervo despide o Nadal “pechando un programa cheo de actividades para todos os públicos”.

As voces do coro Vox Stellae ofrecerán un concerto baixo o título"Celebrando o Nadal". Será ás sete da tarde no auditorio da Casa da Cultura en San Ciprián.

04/01/2024

Os Reis Magos non faltarán á súa cita cos nenos e nenas do concello de Cervo a tarde do venres, 5 de xaneiro.

En San Ciprián a saída da Cabalgata está prevista para as 18:00 horas desde o Pavillón da Veiga, con posterior recepción no auditorio da Casa da Cultura. Colaboran a ANPA do Ceip Península da Paz e a asociación Mulleres de San Ciprián. Tamén durante esa tarde de venres repartirase chocolate da man da Comisión de Festas de Lieiro, na carpa da Praza dos Campos.

En Cervo a saída da comitiva real está prevista para as 19:30 horas, desde as Escolas Vellas, e a recepción será na carpa instalada na Praza do Souto, onde tamén haberá un Belén Vivente, da man da asociación Airiños do Xunco.