Actívate
O Concello de Cervo vén de presentar a segunda edición de Actívate en Xuño, “unha iniciativa de portas abertas coa que se pretende promover o exercicio físico e os hábitos de vida saudable entre a veciñanza”.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, anunciou a programación acompañada das monitoras Belinda Canoura e Nuria Torrado, destacando “o gran resultado acadado polas escolas deportivas municipais de adultos neste curso, que estiveron preto dos 200 inscritos nas diferentes disciplinas ofertadas”.
“O éxito das escolas deportivas municipais demostra que cada vez hai máis veciños e veciñas comprometidos cun estilo de vida activo e saudable. Dende o Concello queremos seguir reforzando esa dinámica, ofrecendo alternativas accesibles, gratuítas e abertas a todo o mundo”, sinalou a rexedora.
... leer másO Concello de Cervo pon en marcha a iniciativa Actívate en Xuño, ofrecendo durante todo este mes actividades de balde, abertas a toda a poboación, tanto en Cervo como en San Ciprián.
Tal e como explicou a alcaldesa, Dolores García Caramés, que presentou o programa acompañada das monitoras Belinda Canoura e Nuria Torrado, “trátase dunhas xornadas de portas abertas para achegar a toda a poboación as nosas escolas deportivas municipais que clausuramos neste mes de maio e que rexistraron ademais unha participación de récord nas diferentes actividades. Unha proposta que dá continuidade, pois, ás actividades desenvolvidas ao longo de todo o curso e que pretende achegar estas disciplinas a novos públicos, fomentando así os hábitos de vida saudable e o exercicio físico en todas as idades”.
O programa de actividades para...
leer más






